Xa está no blogue da biblioteca a primeira edición dixital da nosa revista escolar Charamuscas. É o número 21 en papel, e a nosa primeira experiencia en rede. Charamuscas era o nome da revista literaria editada por Xose Mª Brea Segade, Rafael Dieste e Xesús Romero Suárez nos campamentos militares africanos nos anos vinte do século pasado, durante a guerra de África.
Para acceder á revista ide ao blogue da biblioteca e buscade no menú o botón Charamuscas 08..
Taragoña terra de music@s; por se quedaba algunha dúbida iremos colgando algúns momentos estelares dos festivais deste curso. Comezamos con dúas actuacións de cuarto. Aquí vos van as tribus urbanas do Entroido 2008.
O ENTROIDO DAS TRIBUS URBANAS
Os “pijos” levamos roupa de marca,
a gomina forma parte de nós.
Ir de compras sempre nos gustou,
non pode haber un día mellor.
En cada espello imos mirando
se estamos de todo perfectos,
retocamos o que vaia mal.
Victoria e Beckham son tal para cual...
Os “punkies” estamos contra o goberno.
Os “punkies” estamos contra a oposición.
Cando estamos ledos tamén nos queixamos,
levamos a protesta no corazón.
Ao final todos somos iguais
só buscamos a felicidade.
que máis ten a música que nos guste
como vistamos tampouco importa non , non, non.
Somos os “rapeiros”, gústanos o rap
levamos roupa frouxa e encántanos bailar.
Bailamos dando saltos e rodando polo chan,
reinamos nas palabras. Mola recitar!
Combatimos recitando contra o que está mal,
non nos gusta que, que nos tenten manexar!
Se te sentes canso non, non te debes preocupar
o mellor é que probes bailando este rap.
Os “heavies” cantamos cancións guitarreiras,
con melodías pegadizas e voz de falsete.
Case todos levamos longa melena
e bailamos sacudindo así a cabeza.
Ao final todos somos iguais
só buscamos a felicidade.
que máis ten a música que nos guste
como vistamos tampouco importa non , non, non.
Tras tres anos consecutivos de vitorias da selección dos profes chegou o día da primeira derrota. Non foi nin en bolsabol nin en fútbol; sexto gañoulle aos profes no brilé. Pero o importante é que, coma sempre:
Pasámolo de marabilla!
Moita sorte para tod@s @s de sexto na súa nova andaina, e xa sabedes, non deixedes de vir pola que sempre será a vosa escola.
@s profes
O noso amigo Emilio, veu dar ao colexio un magnífico taller de instrumentos tradicionais. Ensinounos aparellos musicais cos que no pasado xogaban os nosos maiores, mais que pola súa fácil feitura poderíamos construir calquera de nós. Nas fotos podes ver o ben que o pasamos.
Serafín Marcos xa é un vello coñecido na nosa escola, habitualmente contamos con el no mes de maio para presenciar os seus espectáculos sobre as figuras homenaxeadas nas Letras Galegas. Este ano decidimos coñecer outra faceta súa, a de músico, e máis concretamente, a de guitarrista. Enmarcado dentro da programación que ao longo de todo o mes estamos desenvolvendo para celebrar as Letras Galegas, o pasado mércores 14, 4º, 5º e 6º asistiron a un concerto didáctico no que se combinaron poesía e música para guitarra, adobiadas co especial xeito de entender o espectáculo ao que xa nos ten afeitos Serafín e do que tanto gustamos.
Unha vez máis un luxo terte entre nós.
Os datos das enquisas sociolingüísticas así o desmostran. No CEP Brea Segade temos moita lingua que mimar, que coidar e facer medrar. Que responsabilidade tan grande a do profesorado do centro! O noso alumnado e as súas familias son galego falantes e pese a todo prefiren ler en castelán. Que estamos facendo mal? Nun día coma hoxe toca homenaxear pero tamén reflexionar sobre o futuro da lingua e sobre o papel que o profesorado e as familias temos no mantemento da lingua propia e da identidade cultural.
Preme en "OPEN PUBLICATION" para ver a publicación en grande.
Atopamos este xogo para dous na páxina Ensino en galego. Probadeo e descubride canto sabedes sobre o autor homenaxeado na Letras Galegas 2008. Se precisades información non o dubidedes, consultadea nas clases, na biblioteca, na exposición da entrada, nos ordenadores...