dúbidas lingüísticas
Pautas para recoñecer a abertura das vogais
•	As vogais de abertura media que portan un acento diacrítico: vén, só, póla, óso, présa,...
•	Os substantivos rematados en -el ou -ol e os seus plurais: papel, papeis,tonel, toneis, caracol, caracois, farol, farois.
•	Os verbos da 2ª conxugación (-er) con vogal radical -e- ou -o- que presentan alternancia vocálica, nas segundas persoas do Pres. Ind.: bebes, bebe, beben, comes, come, comen
•	Os verbos da 3ª conxugación (-ir) con vogal radical -e- ou -u- que presentan alternancia vocálica, nas segundas persoas do Pres. Ind.: serves, serve, serven, foxes, foxe, foxen
•	As formas verbais do tema de perfecto (pretérito, antepretérito, pretérito de subxuntivo e futuro de subxuntivo) irregular: coubeches, coubera, coubese, couber...
•	Os nomes das seguintes letras: e, efe, ele, eme, ene, eñe, erre, ese, o.
Presentan vogal tónica semipechada
•	Os verbos da segunda conxugación con vogal radical -e- ou -o- que presentan alternancia vocálica, na 1ª persoa do Pres. Ind., no Pres. Subx. e no Imperativo: bebo, beba, bebas. Como, coma, comas.
•	As formas dos verbos da primeira conxugación nas que a vogal -e- ou -o- vai seguida de -i- ou de consoante palatal (grafías x, ch, ll, ñ ) e nos verbos rematados en -ear ou -oar:
Deite, axexa, pechas, tellan, empeña, coxean.
Loita, despexas, acocha, ollan, soñas, voas
•	As formas do tema de perfecto dos verbos ser e ir: fomos, fora, fose, for.
•	As formas verbais do tema de perfecto regular: collemos, collera, collese, coller.
•	As formas do infinitivo: coller, collermos..., pór, pormos,...
•	Os nomes das seguintes letras: be, ce, de,gue,pe, que, te, xe, ceta.
•	A maior parte das palabras acabadas en -és: coruñés, vigués, montañés,...
•	As palabras nas que -o- forma ditongo con -u-: touro, tesouro,...
•	Os nomes acabados en: -edo (medo), -ello (cortello), -eo (feo), -eza (grandeza), -ón (corazón), -or (matador), -oso (fermoso).
•	O o e o e cando están en posición postónica son sempre pechados: débeda, ávrego, conde
Testemuña vs testemuño
testemuña
1 s f 1 Persoa que ten coñecemento dun feito por telo comprobado cos seus sentidos, e do que dá fe. 2 Persoa que viu ou sentiu algunha cousa.
Testemuño
1 s m
1 Declaración de alguén para certificar unha cousa que viu ou sentiu, para establecer ou probar un feito.
2 DER Declaración e exame dunha testemuña para provocar a convicción dos xuíces.
2 s m
1 Aquilo que é unha proba manifesta dalgunha cousa.
2 DEP Obxecto que un corredor entrega para dar fe da remuda.
Polo tanto será Carreira  de remudas ou carreira de revezamentos
Ex. Co testemuño que ofreceu a testemuña o inculpado foi declarado inocente
Problemas co xénero dalgunhas palabras
As palabras rematadas no sufixo -ume son masculinas agás mansedume e servidume
Distinción entre o antepretérito de indicativo (fora) e o pretérito de subxuntivo (fose)
Existe a tendencia, tanto na lingua oral como na escrita, de utilizar as formas do antepretérito de indicativo e do pretérito de subxuntivo indistintamente. Estes tempos teñen os seus usos ben delimitados e debemos utilizalos con propiedade.
O antepretérito de indicativo reservámolo para expresar accións reais que aconteceron no pasado. O pretérito de subxuntivo expresa accións que poderían realizarse pero que non se levaron a cabo.
Xa collera o autobús e xa estaba na praia / Se collese o autobús xa estaría na praia
Almorzara antes cós meus amigos porque levaba présa / Dixéronlle que almorzase con eles aínda que levase présa.
Forma recomendada: Non se mollaría se levase paraugas.
Forma non recomendada: *Non se mollaría se levara paraugas.
Forma recomendada: Faría todas esas consultas se tivese máis tempo.
Acentuación de i e u en hiato
Tampouco se acentúan graficamente, as vogais i, u tónicas se forman ditongo crecente ou decrecente coa vogal que as segue ou que as precede: bilingüismo, lingüista, puido, partiu, seguiu.
Como/Coma
O asunto non é tan doado como parece
Es (tan) listo coma un allo
Es tan listo como o é teu pai
Coma é a variante máis frecuente e característica da comparación, pois como  ten outros valores non comparativos (modais, causais, condicionais), que coma non ten.
Cinxíndose á estrutura comparativa, a distribución de ambos é só parcialmente igual á de ca/que:
Úsase sempre coma  ante pronomes persoais
Fixeches tanto o parvo coma min
Coma é máis  usual que como, e por iso se recomenda, ante as restantes frases, ante oracións amodotemporais e ante oracións con verbo modotemporal iniciadas por outro nexo (se, que, quen,  cando...):
Miña nai fai filloas coma ninguén. Pois claro que está enfadado, coma todos. Tanto ten Xan coma Pericán. Pois Eladio estache coma sempre.
Tanto lle ten vir coma quedar. Está tan triste pola súa marcha coma doído por non te despedires
Fixo coma/como se non nos vise. Fai coma/como que non os ves. Facede coma/como quen que non os vedes. Todo foi coma/como cando eramos pequenos.
As mesmas posibilidades existen en construcións semellantes que non son propiamente comparativas.
É coma un touro. Está coma un buxo. Ten un cabelo coma o acibeche.
Cómpre usar como  ante oracións con verbo modotemporal sen outro nexo no inicio  das mesmas e significado netamente comparativo:
Non era tan luxoso como parecía. O negocio non foi tan redondo como nun principio crían.
Con todo, nas distributivas, úsanse coma / como no mesmo contexto
Algúns datos sobre os acentos diacríticos
Así podemos distinguir as palabras con distinta tonicidade vocálica (abertas e pechadas). Nestas o acento recae sempre sobre a palabra coa vogal media aberta: óso (parte do corpo) / oso (animal), pé (parte do corpo) / pe (letra)
Se a palabra non ten diferente tonicidade, é dicir, se as dúas son abertas ou se as dúas son pechadas, o acento diacrítico distingue as vogais tónicas das vogais átonas: nó (atadura) / no (contracción en + o), é (verbo ser) / e (conxunción).
Tamén serve o acento diacrítico para marcar o alongamento da vogal tónica. Acontece isto nas contraccións de dous as: á (contracción da prep. a e do artigo feminino a) / a (artigo ou prep.)
O acento diacrítico non se utiliza en todas as palabras, só se utiliza nas palabras con máis frecuencia de uso ou nas que presentan un contexto ambiguo no que a palabra pode adquirir un dobre sentido.
O caso do verbo ter é un deles. As formas (el) ten / ten (ti) poden presentarse nun contexto no que poden valer calquera das dúas formas, entón optaremos por acentuar a que ten a vogal aberta (el) tén.
Ex. Ten conta diso (ti) / Tén conta diso (el)
De todos os xeitos estes son casos moi excepcionais e que poucas veces se presentan en textos reais.
NON ESQUEZADES QUE:
O acento diacrítico mantense ao engadir os pronomes átonos e tamén a segunda forma do artigo:
Dá (verbo dar) / da (contracción de + a): Dálle as uvas da horta
Teslle que dá-las notas da materia
É (verbo ser) / e (conxunción): éme imposible cantar e asubiar á vez
pór (poñer) / por (preposición): tes que póla/pólo no vertedoiro por se pinga
Abonar, Aboar, Estercar e Fertilizar
Temos que ter claras as diferenzas que existen entre estes catro termos.
abonar. v.t. 1. Facer que [alguén] adquira o dereito, mediante pagamento, de poder concorrer [a algo] ou recibir [algún servizo periodicamente]. Abonouno a unha publicación semestral. // v.p. 2. Adquiri-lo dereito, mediante pagamento, de poder concorrer [a algo] ou de recibir [algún servizo periodicamente]. Abonouse a unha revista literaria. Abonouse á tempada de ópera. SIN. subscribir(se).
aboar. v.t. 1. Probar a certeza ou realidade de [algo]. Este documento aboa a súa identidade. SIN. acreditar, garantir. 2. Pagar [a cantidade correspondente] [por unha venda, un préstamo, etc.]. Aboou o segundo prazo das taxas académicas.
estercar. v.t. Botar esterco a [unha terra]. Estercaron a leira antes de a sementar.
fertilizar. v.t. Facer fértil ou máis fértil [unha cousa, particularmente a terra], por medio de fertilizantes. Fertilizan as leiras con esterco.
A diferenza entre esterco e fertilizante é que o esterco sempre está composto por materias orgánicas mentres que o fertilizante pode estalo ou non, xa que hai fertilizantes químicos.
Fin
O substantivo fin pode presentar dúbidas en canto ao seu xénero xa que ten os dous dependendo do seu significado.
Segundo o Gran dicionario Xerais da lingua por unha parte temos
a fin: 1.Termo ou remate dalgunha cousa; final (a fin do mundo, a fin do Imperio). 2. Feito de terminar ou terminarse algunha cousa; conclusión, final, remate (este traballo non dá chegado á súa fin). 3. Morte (cando chegue a nosa fin debemos estar preparados!).
o fin: 1. Obxecto ou motivo polo que se fai unha cousa, finalidade, propósito (a obra fíxose con este fin).
Utilización de AMBOS/AS
Ex.
Ambas as directoras tiveron unha carreira paralela.
Ambas as dúas directoras tiveron unha carreira paralela
Cando o indefinido non vai modificando un substantivo non se lle pon o artigo.
Ex.
Desde entón quedou entre ambos unha grande amizade.