As preguntas que facedes contestaranse cun comentario a non ser que a resposta requira un novo post |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A preposición a e o complemento directo |
|
En galego o complemento directo non leva, polo xeral, preposición a.
o público apoia os xogadores
apoia as súas teses na experiencia
Con todo, a lingua habilitou a preposición a cando o complemento directo é:
? Un nome propio.
viu a María
? Un pronome persoal.
coñéceo a el
? Un nome de parentesco con posesivo sen artigo.
criticou a seu pai
? Nomes propios non persoais, pero personalizados.
Italia alcanzou a Francia na clasificación
? Cando o suxeito e o CD van os dous antes ou despois do verbo e hai posibilidade de confusión.
apoian os médicos aos farmacéuticos? Acusou o xardineiro á veciña; ao home o neno viuno na rúa.
|
|
|
|
|
|