dúbidas lingüísticas


As preguntas que facedes contestaranse cun comentario a non ser que a resposta requira un novo post

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

porqué, porque e por que
Porqué é un substantivo (o porqué, é dicir, a causa, o motivo); sempre vai precedido do artigo (o) ou doutro determinante (o seu, este, outro...). Admite plural : os porqués.
Exemplo: Non explica nunca o porqué das súas decisións.

Porque é unha conxunción causal: introduce unha oración subordinada que explica a causa doutra principal.
Exemplo: Está chorando porque lle berrou seu pai (a causa de que estea chorando é que lle berrou seu pai)

Por que só se usa en oracións interrogativas, directas e indirectas. Por é preposición e que é un pronome interrogativo.
Exemplos: Por que non viñeches á festa? (Interrogativa directa)
Non sei por que se portou tan mal.(Interrogativa indirecta)

Comentarios (4) - Categoría: Morfosintaxe - Publicado o 08-10-2008 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
4 Comentario(s)
1 Agradécese a recuperación des#blgtk08#ta achega tan interesante ;-)
Comentario por Costureira (08-10-2008 10:56)
2 Que ben me vai vir este blogue!! métovos no bloglines, un mil#blgtk08#lón de gracias.


Por certo: qué ou que?
Comentario por Meninheira (16-10-2008 22:48)
3 Por curiosidade, alguén sabe se en portugués#blgtk08# isto tamén é así?

Un saúdo.
Comentario por Manuel (17-10-2008 18:51)
4 grac#blgtk08#ias
Comentario por Peluche grenouille Podling (28-08-2013 11:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0