dúbidas lingüísticas


As preguntas que facedes contestaranse cun comentario a non ser que a resposta requira un novo post

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Distinción entre o antepretérito de indicativo (fora) e o pretérito de subxuntivo (fose)
Existe a tendencia, tanto na lingua oral como na escrita, de utilizar as formas do antepretérito de indicativo e do pretérito de subxuntivo indistintamente. Estes tempos teñen os seus usos ben delimitados e debemos utilizalos con propiedade.
O antepretérito de indicativo reservámolo para expresar accións reais que aconteceron no pasado. O pretérito de subxuntivo expresa accións que poderían realizarse pero que non se levaron a cabo.
Xa collera o autobús e xa estaba na praia / Se collese o autobús xa estaría na praia
Almorzara antes cós meus amigos porque levaba présa / Dixéronlle que almorzase con eles aínda que levase présa.


Forma recomendada: Non se mollaría se levase paraugas.
Forma non recomendada: *Non se mollaría se levara paraugas.

Forma recomendada: Faría todas esas consultas se tivese máis tempo.
Forma non recomendada: *Faría todas esas consultas se tivera máis tempo.
Comentarios (4) - Categoría: Morfosintaxe - Publicado o 24-04-2008 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
4 Comentario(s)
1 Para distinguir esto tu explicacion nos viene al pe#blgtk08#lo porque asi lo podemos ver a primera vista! jeje
Comentario por Cursos en el extranjero (27-09-2011 17:24)
2 grac#blgtk08#ias
Comentario por Peluche phoque Bobballs (29-08-2013 10:28)
3 Estes tempos teñen os seus usos ben delimi#blgtk08#tados e debemos utilizalos con propiedade.
Comentario por cheap rolex (22-12-2016 04:49)
4 Forma recomendada: Non se m#blgtk08#ollaría se levase paraugas.
Comentario por Ray Ban Replica (22-05-2017 10:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal