dúbidas lingüísticas


As preguntas que facedes contestaranse cun comentario a non ser que a resposta requira un novo post

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Acentuación de i e u en hiato
As vogais i, u tónicas levan acento gráfico cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que as dúas vogais pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto, non forman ditongo. Así: acentúo, aínda, baúl, caída, Coímbra, constituíu, egoísmo, miúdo, moía, prexuízo, raíña, raíz, roía, ruído, saía, saín, saír, súa, traía, túa, xuízo, etc. Para indicar que non forman ditongo coa anterior, as vogais i, u tónicas non levan acento cando entre as dúas aparece o grafema h: prohibido.
Tampouco se acentúan graficamente, as vogais i, u tónicas se forman ditongo crecente ou decrecente coa vogal que as segue ou que as precede: bilingüismo, lingüista, puido, partiu, seguiu.
Comentarios (4) - Categoría: Ortografía - Publicado o 13-05-2007 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
4 Comentario(s)
1 quero tamen darche as grazas polo blog. Tes lectores #blgtk08#(bueno, lectoras) en Bos Aires moi leales. Graciñas!
Comentario por torredebabel (20-06-2007 00:56)
2 Hai que indicar tamén que nos grupos e o acento vai no segundo elemento sinalando a tonicidade e rompendo o di#blgtk08#tongo. Hai catro excepcións que levan o acento gráfico no primeiro elemento: súidos, grúidos, noctúidos e síux.
Comentario por Sucuruca (18-07-2007 11:43)
3 Moi bo tr#blgtk08#abalho ;)
Comentario por Kiko das Leiras (17-08-2007 03:36)
4 grac#blgtk08#ias
Comentario por Peluche singe rose Podling (28-08-2013 11:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0