dúbidas lingüísticas


As preguntas que facedes contestaranse cun comentario a non ser que a resposta requira un novo post

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Colocación do pronome átono


Como norma xeral poñeremos o pronome átono sempre despois do verbo.
Fíxeno onte.
*O fixen onte (o asterisco indica que a forma está errada)
Aínda así hai varios casos onde o pronome se coloca antes do verbo:


Nos enunciados das interrogativas directas sempre que haxa un pronome interrogativo.
Ex: Quen cho dixo?


Nas exclamativas pasa o mesmo:
Ex: Que cho dea carallo!


Cando existe unha partícula negativa tamén se antepón o pronome:
Ex: Non o sei facer. Ninguén o sabe facer. Nada lle ten que facer


Cando o enunciado comeza por determinados adverbios:

Mesmo llo repetin onte
Incluso cho devolvín con xuros
Tamén o fago eu
Só o fago por ti
Unicamente lla deixei a ela
Seica mas tes ti.
Disque cha amañou o outro día
Quizais cho diga mañá
Seguramente ma viu cando entraba na casa
Aínda che teño un respecto
Ata llo deixei na súa mesa
Xa che dixen que o fixeras amodo
Sempre nos berra
Deseguida cha traio
Axiña che descubriu
Rapidamente te boto da casa
Moito lle quere a seu avó
Pouco che deixou na pota
Bastante te aturei hoxe
Demasiado lle aturei nesta relación.
Menos me deu a min!
Máis lle vale!
Velaquí a tes
Velaí mas trae

Por regra xeral, con todo, pouco, demasiado, tanto...que, alguén, algo, ninguén, nada, calquera, propio, ambos, etc. o pronome anteponse ao verbo.


Colocación nas perífrases.

Polo xeral o pronome irá posposto ao verbo auxiliar.
Antepoñerémolo nos casos que vimos antes
Cando hai unha perífrase de participio a única maneira na colocación do pronome átono é a posposición·


Ex: Téñollo feito moitas veces
Xa llo teño feito moitas veces

Cando temos unha perífrase de infinitivo ou de xerundio o pronome pode ir co verbo auxiliar ou co auxiliado indistintamente:
Ex: (INF) Podíamo facer pouco a pouco
(INF) Podía facermo pouco a pouco
(XER) Foron facéndomo pouco a pouco
(XER) Fóronmo facendo pouco a pouco

Cando a perífrase ten un nexo entre os dous verbos, o pronome tamén se pode antepoñer ao verbo auxiliado:

Ex: Tíñao que facer.
Tiña que o facer.
Tiña que facelo


Sei que para moitas persoas é moi complicado pero é importantísimo saber colocar ben o pronome. Con un pouco de interese e de esforzo é moi doado conseguilo. ÁNIMO




Comentarios (8) - Categoría: Morfosintaxe - Publicado o 23-04-2006 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
8 Comentario(s)
1 E cando van nunha pregunta por exemplo: por que se tinguen#blgtk08# os cromosomas de morado? vai así ou vai detrás do verbo?
Comentario por María (24-05-2008 21:31)
2 Sempre e cando a pregunta teña un pronome interrogativo (quen, por que, cando...)o pronome átono anteponse ao verbo. Tamén nas exclamativas.
Por exemplo:
Por que o fixeches? Cando o fixeches?Onde o meteches?
Quen cho #blgtk08#dese! Que che aguante outro!

Pero se a oración non leva pronome interrogativo o pronome átono vai despois do verbo.
dixéchesme que viñas hoxe?
dixéchesme que o ías facer!

Un saúdo

Comentario por dúbidas (25-05-2008 19:21)
3 Quixera saber se está ben colocado esto e se leva esa til: " Usarei estas#blgtk08# abreviaturas para pólas cada vez que queira referirme a estes términos."
Comentario por María B (27-05-2008 11:34)
4 Está ben colocado e conserva o acento. O acento diacrítico mantense ao engadir os pronomes átonos e tamén a seg#blgtk08#unda forma do artigo. O que non é correcto en galego é a palabra "término", a forma correcta é termo. Un saúdo
Comentario por dúbidas (27-05-2008 11:43)
5 grac#blgtk08#ias
Comentario por Peluche coccinelle Podling (28-08-2013 11:40)
6 grac#blgtk08#ias
Comentario por destin (16-12-2019 03:43)
7 Grac#blgtk08#ias
Comentario por Destin (16-12-2019 03:44)
8 Cando hai unha perífrase de participio a única mane#blgtk08#ira na colocación do pronome átono é a posposición·
Comentario por russellbromleys.co.uk (11-03-2020 03:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0