dúbidas lingüísticas


As preguntas que facedes contestaranse cun comentario a non ser que a resposta requira un novo post

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Desenrolar vs Desenvolver


Definicións (segundo o Dicionario da Real Academia Galega, DRAG)

Desenrolar:
1. Estirar [algo que estaba dobrado ou encollido en forma de rolo]. Desenrolou as cartolinas para mostra-las ilustracións. // v.p. 2. Deixar de estar enrolado ou envolto [algo]. Desenrolouse o fío do carrete. SIN. desenroscar(se), desenvolver(se).
2. Borrar do rol. Desenrolaron cinco mariñeiros. ANT. enrolar

Desenvolver:
1. Quita-lo envoltorio a [unha cousa]. Desenvolver un regalo. Desempaquetar.
2. Facer que [algo] deixe de estar envolto ou enrolado, desfacer un rolo. Desenvolve-lo fío. SIN. desenrolar, desenroscar.
3. Facer que [algo] pase dun estado a outro máis perfecto, teña maior actividade, adquira maior importancia. Desenvolve-las calidades físicas. Desenvolve-la industria dun país. Desenvolve-la intelixencia.
4. Deixar [algo] de estar envolto ou enrolado, desfacerse [un rolo]. Desenvolveuse o fío do nobelo.
5. Obrar [dunha maneira determinada] [nun asunto que pode ter dificultade]. Desenvólvese ben como actor. SIN. defenderse, manexarse.
6. Ter lugar [un suceso] [dun modo ou nun lugar determinado]. O proxecto desenvólvese conforme o previsto. SIN. transcorrer. A acción da película desenvólvese en Galicia. SIN. localizarse, ocorrer, situarse, suceder.
7. Pasar [algo] dun estado a outro máis perfecto, ter maior actividade, adquirir maior importancia. As plantas nacen, desenvólvense e morren. As nacións pobres tardan en desenvolverse.
OBS. Ten dous participios: desenvolvido e desenvolto

Entón tamén serve desenvolver para o significado de desenvolver software


Comentarios (4) - Categoría: Léxico - Publicado o 29-04-2006 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
4 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por peluche Ponytails (29-08-2013 10:22)
2 Today, the cast has broadcast above just affluence covering appurtenances b#blgtk08#ut into ready-to-wear accoutrement and accessories for both men and women.
Comentario por gucci replica handbags uk (13-07-2015 12:34)
3 Facer que deixe de estar envolto#blgtk08# ou enrolado, desfacer un rolo.
Comentario por fake watches (22-12-2016 04:49)
4 As plantas nacen, des#blgtk08#envólvense e morren.
Comentario por www.vivienneswestwoodoutlet.co.uk (11-03-2020 03:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0