|
|
|
APORTAR VS ACHEGAR |
|
Estas dúas formas son correctas en galego pero teñen un significado moi distinto.
APORTAR: Chegar a porto ACHEGAR: (entre outros moitos significados). Proporcionar algo novo ou distinto a unha determinada cousa.
Entón NON É CORRECTO empregar a forma aportar en frases como:
Tiven que *aportar datos para verificar a falsidade do caso. O Goberno *aportou 2 millóns de euros aos damnificados. Fixo unha *aportación de 2000 euros a unha ONG. Nos documentos que presentei tiven que *aportar unha fotocopia do meu carné.
O correcto sería:
Tiven que achegar datos para verificar a falsidade do caso. O Goberno achegou 2 millóns de euros aos damnificados. Fixo unha achega de 2000 euros a unha ONG. Nos documentos que presentei tiven que achegar unha fotocopia do meu carné. |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
|
|
2 |
Dicionario Galego de Termos Médicos
Dicionario Ir Indo#blgtk08#r />
Dicionario RAG
Glosario de Termos Administrativos |
|
|
Comentario por rolex replica sale (29-12-2016 12:34) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|