|
|
|
Algúns datos sobre os acentos diacríticos |
|
Temos que lembrar que a acentuación diacrítica emprégase para distinguir palabras que se escribirían igual de non seren acentuadas.
Así podemos distinguir as palabras con distinta tonicidade vocálica (abertas e pechadas). Nestas o acento recae sempre sobre a palabra coa vogal media aberta: óso (parte do corpo) / oso (animal), pé (parte do corpo) / pe (letra)
Se a palabra non ten diferente tonicidade, é dicir, se as dúas son abertas ou se as dúas son pechadas, o acento diacrítico distingue as vogais tónicas das vogais átonas: nó (atadura) / no (contracción en + o), é (verbo ser) / e (conxunción).
Tamén serve o acento diacrítico para marcar o alongamento da vogal tónica. Acontece isto nas contraccións de dous as: á (contracción da prep. a e do artigo feminino a) / a (artigo ou prep.)
O acento diacrítico non se utiliza en todas as palabras, só se utiliza nas palabras con máis frecuencia de uso ou nas que presentan un contexto ambiguo no que a palabra pode adquirir un dobre sentido.
O caso do verbo ter é un deles. As formas (el) ten / ten (ti) poden presentarse nun contexto no que poden valer calquera das dúas formas, entón optaremos por acentuar a que ten a vogal aberta (el) tén.
Ex. Ten conta diso (ti) / Tén conta diso (el)
De todos os xeitos estes son casos moi excepcionais e que poucas veces se presentan en textos reais.
NON ESQUEZADES QUE:
O acento diacrítico mantense ao engadir os pronomes átonos e tamén a segunda forma do artigo:
Dá (verbo dar) / da (contracción de + a): Dálle as uvas da horta
Mañá dá-las notas da materia
É (verbo ser) / e (conxunción): éme imposible cantar e asubiar á vez
pór (poñer) / por (preposición): tes que póla/pólo no vertedoiro por se pinga
|
|
|
|
19 Comentario(s) |
|
1 |
Antes de nada agradecerche este blog, a min xa me tés axudado nalgunha dúbida que tiña e agora gustaríame que me aclararas outra precisamente sobre os diacríticos: cando leva diacrítico #blgtk08#o verbo ter?
Por exemplo: tes ou tés? ten ou tén?
E a diferenciación entre o verbo ver e o verbo vir? ves/vés?
Sempre tiven esa dúbida e agradeceríache a túa axuda. |
|
|
Comentario por lulú (16-06-2007 10:04) |
|
|
2 |
O acento diacrítico serve para distinguir palabras que en principio se escribirían igual, aínda que na oralidade se diferencien perfectamente, ben sexa na tonicidade das vogais ou por seren abertas ou pechadas (timbre).
O acento diacrítico non se utiliza en todas as palabras, só se utiliza nas palabras con máis frecuencia de uso ou nas que presentan un contexto ambiguo no que a palabra pode a#blgtk08#dquirir un dobre sentido.
O caso do verbo ter é un deles. As formas (el) ten / ten (ti) poden presentarse nun contexto no que poden valer calquera das dúas formas, entón optaremos por acentuar a que ten a vogal aberta (el) tén.
Ex. Ten conta diso (ti) / Tén conta diso (el)
De todos os xeitos estes son casos moi excepcionais e que poucas veces se presentan en textos reais.
|
|
|
Comentario por Dúbidas (06-07-2007 16:36) |
|
|
3 |
Moitas grazas pola túa axuda, sig#blgtk08#o o teu blog con moito interese. |
|
|
Comentario por lulú (17-07-2007 15:09) |
|
|
4 |
eu creo qu o acento di#blgtk08#acritico e unha merda |
|
|
Comentario por carlos (02-12-2007 21:53) |
|
|
5 |
Poderías dicirme como podo saber a maneira de diferenciar as vogais abe#blgtk08#rtas das pechadas na escrita xa que na fala non che me están marcadas. |
|
|
Comentario por tito (14-04-2008 23:52) |
|
|
6 |
tengo examen mañana y opino que todo lo de las vo#blgtk08#cales abiertas y cerradas es un asco no?
|
|
|
Comentario por raíña (03-06-2008 22:45) |
|
|
7 |
Pois eu creo que a quen lle pareza unha merda o galego, non sei para visita esta páxina. Se non falas galego ou non che gusta, non tes por que con#blgtk08#sultar a páxina. Respectade á persoa que con tanto esforzo estanos a axudar na aprendizaxe dun mellor galego e a resolver as nosas dúbidas
|
|
|
Comentario por alumna (22-09-2008 11:26) |
|
|
8 |
Perdoa, teño unha dúbida: está ben a frase: Teslle que dá-las notas da materia? #blgtk08#/>
dá-las leva til?, non é a contracción de dar+as?
Grazas |
|
|
Comentario por leliña (17-10-2008 12:26) |
|
|
9 |
Tes toda a razón do mundo. Moitísimas grazas polo teu comentario. Agora mesmiño ca#blgtk08#mbio o exemplo. Se ves algo máis que non estea ben agradeceríache que mo dixeses. |
|
|
Comentario por dubidas (17-10-2008 12:34) |
|
|
10 |
:)#blgtk08# |
|
|
Comentario por leliña (20-10-2008 12:21) |
|
|
11 |
Teño unha dúbida. Cómo é ASESOR en galego en canto a pronunciación. Sona #blgtk08#o pechado ou aberto. Non son galego e faime falta sabelo. moitas grazas. |
|
|
Comentario por rut (15-02-2010 12:24) |
|
|
12 |
As palabras rematadas en -or son, por regra xeral, pechadas (Cantor, babor, estribor, flor, licor#blgtk08#, construtor, labrador...),aínda que hai zonas dialectais onde se poden escoitar abertas.
|
|
|
Comentario por dúbidas (15-02-2010 20:08) |
|
|
13 |
De donde habeis sacado tantisimos datos? Porque por mas q#blgtk08#ue busco por internet, no encuentro nada por ningun lado. |
|
|
Comentario por Cursos de ingles (19-12-2011 16:26) |
|
|
14 |
Pois os datos tíroos basicamente de gramática#blgtk08#s e o problema é que non hai ningunha na rede |
|
|
Comentario por dúbidas (20-12-2011 10:06) |
|
|
|
|
16 |
Se a palabra non ten diferente tonicidade, é dicir,#blgtk08# se as dúas son abertas ou se as dúas son pechadas. |
|
|
Comentario por Ray Ban Outlet UK (22-05-2017 10:24) |
|
|
17 |
Verás,a miña dúbida é que se é correcto, mormativamente falando, o uso de til diacrítico en no #blgtk08#verbo ter no seu uso na terceira persoa do singular do presente do indicativo... Moitas grazas. |
|
|
Comentario por Xurxo (16-02-2018 18:15) |
|
|
18 |
Boas, en primeiro lugar quero agradecerche o teu comentario. Esta bitácora tivo a idea, desde o principio, de ser un consultorio lingüístico (supoño que hoxe endía co avance da tecnoloxía haberá mellores aplicacións para facer o mesmo).
Ben, con respecto á túa dúbida teño que dicirche que non, a 3ª persoa do singular do presente de indicativ#blgtk08#o non leva acento gráfico (til é o de nasalidade ou o que porta o ñ). Se te fixas temos tres significados para a plabra "tes": a forma verbal mencionada (tes)o plural da letra te (tes) e o plural da infusión (tés), como podes comprobar é esta última a que leva o acento gráfico diacrítico.
Espero que che servise a miña axuda.
Un saúdo |
|
|
Comentario por dúbidas (17-02-2018 11:59) |
|
|
19 |
De todos os xeitos estes son casos moi excepcionai#blgtk08#s e que poucas veces se presentan en textos reais. |
|
|
Comentario por soccerjerseysreplica.com (11-03-2020 03:50) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|