As preguntas que facedes contestaranse cun comentario a non ser que a resposta requira un novo post |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Abonar, Aboar, Estercar e Fertilizar |
|
Temos que ter claras as diferenzas que existen entre estes catro termos.
abonar. v.t. 1. Facer que [alguén] adquira o dereito, mediante pagamento, de poder concorrer [a algo] ou recibir [algún servizo periodicamente]. Abonouno a unha publicación semestral. // v.p. 2. Adquiri-lo dereito, mediante pagamento, de poder concorrer [a algo] ou de recibir [algún servizo periodicamente]. Abonouse a unha revista literaria. Abonouse á tempada de ópera. SIN. subscribir(se).
aboar. v.t. 1. Probar a certeza ou realidade de [algo]. Este documento aboa a súa identidade. SIN. acreditar, garantir. 2. Pagar [a cantidade correspondente] [por unha venda, un préstamo, etc.]. Aboou o segundo prazo das taxas académicas.
estercar. v.t. Botar esterco a [unha terra]. Estercaron a leira antes de a sementar.
fertilizar. v.t. Facer fértil ou máis fértil [unha cousa, particularmente a terra], por medio de fertilizantes. Fertilizan as leiras con esterco.
A diferenza entre esterco e fertilizante é que o esterco sempre está composto por materias orgánicas mentres que o fertilizante pode estalo ou non, xa que hai fertilizantes químicos.
|
|
|
|
4 Comentario(s) |
|
1 |
Non me queda clara a diferenza entre abonar e aboar. Entendo o que explicas pero á hora de saber ca#blgtk08#l é un e outro termo nun texto non o teño nada claro. Se pagas unha taxa, abonas ou aboas esa taxa? |
|
|
Comentario por opositora (17-06-2007 11:59) |
|
|
2 |
Sobre abonar e aboar.
Non é difícil distinguir estas dúas palabras se temos en conta que abonar é o mesmo ca subscribirse. Deste xeito ti pódeste subscribir a unha publicación semanal, ao ximnasio...
Aboar é o mesmo ca pagar, facer un pagamento. Entón, se queres pagar as taxas de matriculación para entrare#blgtk08#s nunha universidade o que estarás facendo é aboar as taxas, e se te subscribes/abonas ao ximnasio terás que pagar/aboar os cartos da cota todos os meses
Abonar = subscribirse
Aboar = pagar
Espero que che quedase un pouquiño máis claro, se non pois dimo e intentarei explicalo doutro xeito
;) |
|
|
Comentario por Dúbidas (06-07-2007 16:05) |
|
|
3 |
Muy buenas las definiciones que nos has dejado por aqu#blgtk08#i, la verdad que se nota que sabeis de lo que hablais. |
|
|
Comentario por Seguro (19-12-2011 16:36) |
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|