As preguntas que facedes contestaranse cun comentario a non ser que a resposta requira un novo post |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Acentuación de i e u en hiato |
|
As vogais i, u tónicas levan acento gráfico cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que as dúas vogais pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto, non forman ditongo. Así: acentúo, aínda, baúl, caída, Coímbra, constituíu, egoísmo, miúdo, moía, prexuízo, raíña, raíz, roía, ruído, saía, saín, saír, súa, traía, túa, xuízo, etc. Para indicar que non forman ditongo coa anterior, as vogais i, u tónicas non levan acento cando entre as dúas aparece o grafema h: prohibido.
Tampouco se acentúan graficamente, as vogais i, u tónicas se forman ditongo crecente ou decrecente coa vogal que as segue ou que as precede: bilingüismo, lingüista, puido, partiu, seguiu.
|
|
|
|
Algúns datos sobre os acentos diacríticos |
|
Temos que lembrar que a acentuación diacrítica emprégase para distinguir palabras que se escribirían igual de non seren acentuadas.
Así podemos distinguir as palabras con distinta tonicidade vocálica (abertas e pechadas). Nestas o acento recae sempre sobre a palabra coa vogal media aberta: óso (parte do corpo) / oso (animal), pé (parte do corpo) / pe (letra)
Se a palabra non ten diferente tonicidade, é dicir, se as dúas son abertas ou se as dúas son pechadas, o acento diacrítico distingue as vogais tónicas das vogais átonas: nó (atadura) / no (contracción en + o), é (verbo ser) / e (conxunción).
Tamén serve o acento diacrítico para marcar o alongamento da vogal tónica. Acontece isto nas contraccións de dous as: á (contracción da prep. a e do artigo feminino a) / a (artigo ou prep.)
O acento diacrítico non se utiliza en todas as palabras, só se utiliza nas palabras con máis frecuencia de uso ou nas que presentan un contexto ambiguo no que a palabra pode adquirir un dobre sentido.
O caso do verbo ter é un deles. As formas (el) ten / ten (ti) poden presentarse nun contexto no que poden valer calquera das dúas formas, entón optaremos por acentuar a que ten a vogal aberta (el) tén.
Ex. Ten conta diso (ti) / Tén conta diso (el)
De todos os xeitos estes son casos moi excepcionais e que poucas veces se presentan en textos reais.
NON ESQUEZADES QUE:
O acento diacrítico mantense ao engadir os pronomes átonos e tamén a segunda forma do artigo:
Dá (verbo dar) / da (contracción de + a): Dálle as uvas da horta
Mañá dá-las notas da materia
É (verbo ser) / e (conxunción): éme imposible cantar e asubiar á vez
pór (poñer) / por (preposición): tes que póla/pólo no vertedoiro por se pinga
|
|
|
|
Problemas coa acentuación |
|
As sílabas encarnadas son as tónicas:
Acne Alvéolo Argon Atmosfera Cripton Diocese Elite Espécime Libido Medula Megálito Neon Olimpíada Parasito Senon Sinerxía Téxtil
|
|
|
|
|
|