dúbidas lingüísticas


As preguntas que facedes contestaranse cun comentario a non ser que a resposta requira un novo post

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Facer / haber

Facer:
1. Ter unha determinada idade.

Este mes fago 28 anos (*cumpro)

2. Ter lugar o cumprimente exacto de certo tempo

(Hoxe) fai 5 anos que está traballando nesa empresa.
Fai 8 días que embarcou para o Gran Sol.


Haber:
Ter transcorrido certo tempo , transcorrer o período de tempo que se indica. Non se trata dun período exacto.

Hai polo menos 5 anos que non o vexo.
Hai moito tempo que non o vexo.
Hai días que non o vexo.
Comentarios (4) - Categoría: Léxico - Publicado o 24-10-2008 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Testemuña vs testemuño
testemuña

1 s f 1 Persoa que ten coñecemento dun feito por telo comprobado cos seus sentidos, e do que dá fe. 2 Persoa que viu ou sentiu algunha cousa.

Testemuño
1 s m
1 Declaración de alguén para certificar unha cousa que viu ou sentiu, para establecer ou probar un feito.
2 DER Declaración e exame dunha testemuña para provocar a convicción dos xuíces.

2 s m
1 Aquilo que é unha proba manifesta dalgunha cousa.
2 DEP Obxecto que un corredor entrega para dar fe da remuda.
Polo tanto será Carreira de remudas ou carreira de revezamentos


Ex. Co testemuño que ofreceu a testemuña o inculpado foi declarado inocente


Comentarios (2) - Categoría: Léxico - Publicado o 30-04-2008 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Abonar, Aboar, Estercar e Fertilizar


Temos que ter claras as diferenzas que existen entre estes catro termos.

abonar. v.t. 1. Facer que [alguén] adquira o dereito, mediante pagamento, de poder concorrer [a algo] ou recibir [algún servizo periodicamente]. Abonouno a unha publicación semestral. // v.p. 2. Adquiri-lo dereito, mediante pagamento, de poder concorrer [a algo] ou de recibir [algún servizo periodicamente]. Abonouse a unha revista literaria. Abonouse á tempada de ópera. SIN. subscribir(se).

aboar. v.t. 1. Probar a certeza ou realidade de [algo]. Este documento aboa a súa identidade. SIN. acreditar, garantir. 2. Pagar [a cantidade correspondente] [por unha venda, un préstamo, etc.]. Aboou o segundo prazo das taxas académicas.

estercar. v.t. Botar esterco a [unha terra]. Estercaron a leira antes de a sementar.

fertilizar. v.t. Facer fértil ou máis fértil [unha cousa, particularmente a terra], por medio de fertilizantes. Fertilizan as leiras con esterco.


A diferenza entre esterco e fertilizante é que o esterco sempre está composto por materias orgánicas mentres que o fertilizante pode estalo ou non, xa que hai fertilizantes químicos.


Comentarios (4) - Categoría: Léxico - Publicado o 30-10-2006 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Fin


O substantivo fin pode presentar dúbidas en canto ao seu xénero xa que ten os dous dependendo do seu significado.
Segundo o Gran dicionario Xerais da lingua por unha parte temos
a fin: 1.Termo ou remate dalgunha cousa; final (a fin do mundo, a fin do Imperio). 2. Feito de terminar ou terminarse algunha cousa; conclusión, final, remate (este traballo non dá chegado á súa fin). 3. Morte (cando chegue a nosa fin debemos estar preparados!).
o fin: 1. Obxecto ou motivo polo que se fai unha cousa, finalidade, propósito (a obra fíxose con este fin).



Comentarios (3) - Categoría: Léxico - Publicado o 18-07-2006 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
APORTAR VS ACHEGAR
Estas dúas formas son correctas en galego pero teñen un significado moi distinto.

APORTAR: Chegar a porto
ACHEGAR: (entre outros moitos significados). Proporcionar algo novo ou distinto a unha determinada cousa.

Entón NON É CORRECTO empregar a forma aportar en frases como:

Tiven que *aportar datos para verificar a falsidade do caso.
O Goberno *aportou 2 millóns de euros aos damnificados.
Fixo unha *aportación de 2000 euros a unha ONG.
Nos documentos que presentei tiven que *aportar unha fotocopia do meu carné.

O correcto sería:

Tiven que achegar datos para verificar a falsidade do caso.
O Goberno achegou 2 millóns de euros aos damnificados.
Fixo unha achega de 2000 euros a unha ONG.
Nos documentos que presentei tiven que achegar unha fotocopia do meu carné.
Comentarios (2) - Categoría: Léxico - Publicado o 24-05-2006 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Desenrolar vs Desenvolver


Definicións (segundo o Dicionario da Real Academia Galega, DRAG)

Desenrolar:
1. Estirar [algo que estaba dobrado ou encollido en forma de rolo]. Desenrolou as cartolinas para mostra-las ilustracións. // v.p. 2. Deixar de estar enrolado ou envolto [algo]. Desenrolouse o fío do carrete. SIN. desenroscar(se), desenvolver(se).
2. Borrar do rol. Desenrolaron cinco mariñeiros. ANT. enrolar

Desenvolver:
1. Quita-lo envoltorio a [unha cousa]. Desenvolver un regalo. Desempaquetar.
2. Facer que [algo] deixe de estar envolto ou enrolado, desfacer un rolo. Desenvolve-lo fío. SIN. desenrolar, desenroscar.
3. Facer que [algo] pase dun estado a outro máis perfecto, teña maior actividade, adquira maior importancia. Desenvolve-las calidades físicas. Desenvolve-la industria dun país. Desenvolve-la intelixencia.
4. Deixar [algo] de estar envolto ou enrolado, desfacerse [un rolo]. Desenvolveuse o fío do nobelo.
5. Obrar [dunha maneira determinada] [nun asunto que pode ter dificultade]. Desenvólvese ben como actor. SIN. defenderse, manexarse.
6. Ter lugar [un suceso] [dun modo ou nun lugar determinado]. O proxecto desenvólvese conforme o previsto. SIN. transcorrer. A acción da película desenvólvese en Galicia. SIN. localizarse, ocorrer, situarse, suceder.
7. Pasar [algo] dun estado a outro máis perfecto, ter maior actividade, adquirir maior importancia. As plantas nacen, desenvólvense e morren. As nacións pobres tardan en desenvolverse.
OBS. Ten dous participios: desenvolvido e desenvolto

Entón tamén serve desenvolver para o significado de desenvolver software


Comentarios (4) - Categoría: Léxico - Publicado o 29-04-2006 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0