
A continuación les mostramos unos versos inéditos de D. Álvaro Cunqueiro que se encuentran recogidos en el reverso de una hoja de farmacia del año 1950.
POEMA INÉDITO
Máis arriba de Cesuras
fun buscar unha rapaza,
porque Valiña de Freire
crías de mui boa raza.
Andei os montes de Estelo
Romariz i-a Fraga Vella,
pasando con pan e queixo
feito con leite de ovella.
Na romaría en San Cosme
beiléi c'unha de Labrada
que non ten Serra de Neda
pita de millor larada.
Chámase María Rosa,
apellidase Tenreira,
ten a casa en San Antoño,
máis pra aló da Cabeceira.
Traballa de tecedora,
aqui traigo a lanzadeira,
heime de casar con ela,
quero vivir na Costeira.
Ali cavando na roza,
collerei moito centeo,
como ela é tan boa moza
estarei coma no ceo.
Álvaro Cunqueiro
28 Junio 1950
[Ver manuscrito original]
|