MISCELÁNEA MINDONIENSE


Andrés García Doural
Micronarrativa
ARTE
HISTORIA
DEPORTE
ETNOGRAFÍA

blogoteca.com/doural
 CATEGORÍAS
 Fotoblog
 ENLACES WEB
 BUSCADOR
 Buscar Blogs Gallegos
 ARCHIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

LENDA DO MARISCAL

Poñan atención señores
ó que lles bou relatar
referente ó Mariscal
¡que era de armas tomar!

Así se chamaba o home
Don Pero Pardo de Cela
cun castillo en Alfoz
fortaleza na Frouxeira.

Era un home poderoso
sempre cheo de nobreza
que por defender ao pobo
metéronno na cadea.

Axusticiárono a morte
ca muller chea de pena
acudíu ata a Corte
para redimirlle a condena.

A muller do Mariscal
viña montada a cabalo
co indulto nas alforxas
que o Rei lle había dado.

Na ponte do Pasatempo
xa a estaban esperando
enganáronna un pouco
para que non dera chegado.

Moito caso non lles fixo
entón sigueu cabalgando
pero entrando na plaza
xa o estaban degolando.

Dicen que a sua cabeza
polo chan ía falando
e dixo tres veces -credo-
quedaron todos tembrando.

Aquí termina o relato
dun Mariscal afamado
que por enfrentarse á Curia
o pescozo lle cortaron.

Letra: Xosé Luís Rubal “Boby”.
Mercado Medieval de Mondoñedo-Anno Domine 2011
Canta: José Ramón Montenegro Espina.
Toca: Rubén Leivas Insua.
Comentarios (0) - Categoría: Cronicón - Publicado o 17-09-2017 12:41
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
© 2009-2016 Andrés García Doural (Mondoñedo). Este blog personal es un sitio de literatura mínima con el exclusivo fin de difundir información cultural, gráfica y fotográfica de Mondoñedo y sus alrededores. Todos los artículos que integran este espacio son creados y editados de forma gratuita lo mismo que la inclusión de los iconos en la parte superior de la portada. Parte de las imágenes incluidas proceden de diversas fuentes y responden a la única finalidad de acompañar el contenido cultural de éste sitio. Los comentarios, logos y marcas son propiedad de sus respectivos autores, así como los textos y fotos del autor de Miscelánea Mindoniense.
Gracias por su visita que deseo haya sido de su agrado
www.blogoteca.com/doural