MISCELÁNEA MINDONIENSE


Andrés García Doural
Micronarrativa
ARTE
HISTORIA
DEPORTE
ETNOGRAFÍA

blogoteca.com/doural
 CATEGORÍAS
 Fotoblog
 ENLACES WEB
 BUSCADOR
 Buscar Blogs Gallegos
 ARCHIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ACOSADO POLO LOBO
O pequeno núcleo de poboación de ?As Invernegas? pentence á parroquia de Santiago de Mondoñedo. Atópase situado a uns cincocentos metros de altitude sobre o nivel do mar, na ladeira dos montes coñecidos como ?Da Farrapa?. Neste singular lugar, só existen dúas vivendas, moi antigas, xunto con pequenas edificacións que eran empregadas polos caseiros para gardar os apeiros da labranza e algunhas cabezas de gando ovino ou cabalar, todo elo rodedado de grosos muros de pedra e duns grosos laureis romanos, que os protexían dos fortes ventos, principalmente do vendaval.
Os seus habitantes, dispoñían de abundantes cabezas de gando vacún nas vivendas, o cal era empregado para facer a maior parte das tarefas do campo. Tamén contaban con algunha cabalería, que era empregada para o transporte de certos materiais e incluso de persoas, uns porcos, abundantes galiñas e coellos á par dun bo rabaño de ovellas. Nos montes máis próximos, dispoñían de abundantes cabezas de gando cabalar que pastaban libremente, nalgunha ocasión, o lobo, causou importantes baixas nas mesmas.
Desde comezos dos anos setenta, do pasado século, este pequeno núcleo de poboación permanece deshabitado. Na actualidade as edificacións están moi deterioradas, caeron algúns muros que fechaban as fincas, as terras de cultivo están invandidas pola vexetación, moitas árbores derrubadas, frutais case desaparecidos e os pastos cubertos de silveira e grosos talos de toxo.
Os longos e crus invernos, obrigaban aos seus habitantes a facer abasto de estrume, herba, grans, leña e carne para resistir as súas inclemencias. Dende primeira hora da maña e ata que os veciños se deitaban, tiñan as lareiras acesas, queimando grosos e consistentes cepos e longas estelas de leña para quentarse, curar as carnes e incluso secar a roupa.
Ala polo ano 1.852, residía na vivenda máis antiga, coñecida como ?Casa do Cuco? o matrimonio formado por Antonio Grandío Fernández (1) e Rosa Fernández. Nunha fría noite invernal, Antonio Grandío, voltaba cara a súa vivenda e decatouse de que era perseguido por varios e feroces lobos. Cada vez achegábanselle máis. Antonio acelerou o paso e nas inmediacións da súa vivenda comezou a correr e desprendeuse da chaqueta que vestía, coa intención de que os lobos se entretiveran con ela. Pegada a unha parede lateral da súa vivenda e xunto a porta de entrada á corte das vacas, tiña amontoada gran cantidade de estrume, empolicouse enriba dela ata chegar a altura da ventá do cuarto onde o matrimonio acostumaba a descansar. Empuxou con forza as grosas contras de madeira que fechaban a ventá, entrou no cuarto e colleu un vello fusil de chispa que sempre tiña apoiado no cabeceiro da cama. Dende a ventá do cuarto disparou en varias ocasións coa arma de fogo, no medio do silencio e da negrura da noite, así os lobos marcharon do lugar. O apuro que pasou Antonio foi maiúsculo, e recordouno durante a súa vida, do mesmo xeito, que lembrou a inestimable axuda da súa chaqueta, que por uns intres detivo a veloz carreira dos lobos.
Na imaxe adxunta, vese perfectamente ?A Casa do Cuco? nas ?Invernegas? e a ventá á que tivo que ascender Antonio Grandío, para protexerse dos feroces lobos.

(1)- Juan Antonio Luís Grandio Fernández, naceu o 22 de decembro de 1810, entre as dúas e tres da mañá, no lugar de As Invernegas. Era fillo lexítimo de Bartolomé Grandio e de Juana Fernández. Foron seus padriños Juan Grandio, solteiro, tío paterno e Antonia Fernández, solteira. Eran seus avós paternos Rosendo Grandio e María Pérez das Invernegas. Eran seus avós maternos Juan Varela e Francisca Fernández do Vilar. Antonio faleceu nas Invernegas o 10 de febreiro de 1873. Quedábanlle do seu matrimonio catro fillos: Antonia, José, Juan e Anrtonio.

Comentarios (1) - Categoría: Cronicón - Publicado o 02-03-2013 21:53
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Interesante artigo. Anímote a que fagas máis publicacións en galego, pero #blgtk08#por suposto sen deixar as que nos tes acostumados en castelán. Unha aperta
Comentario por Picos (03-03-2013 13:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
© 2009-2023 Andrés García Doural (Mondoñedo). Este blog personal es un sitio de literatura mínima con el exclusivo fin de difundir información cultural, gráfica y fotográfica de Mondoñedo y sus alrededores. Todos los artículos que integran este espacio son creados y editados de forma gratuita lo mismo que la inclusión de los iconos en la parte superior de la portada. Parte de las imágenes incluidas proceden de diversas fuentes y responden a la única finalidad de acompañar el contenido cultural de éste sitio. Los comentarios, logos y marcas son propiedad de sus respectivos autores, así como los textos y fotos del autor de Miscelánea Mindoniense.
Gracias por su visita que deseo haya sido de su agrado
www.blogoteca.com/doural

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0