18 a 18:30 h. Actuación de Servando, o músico conta contos. (un animador infantil)
18:30 h. Presentación do libro" Un Soño na Bandexa" . Intervirán:
- Silvia Díaz Iglesias, Concelleira de Cultura de Poio.
- Presidenta Asociación Española contra o Cancro de Pontevedra Mª Josefa Crespo Amigo
- Francisco Castro,
- Fina Casalderrey,
-Jorge Vázquez, (ilustrador)
- Mariné Lorenzo Corcoba.
- Actuación do grupo Volandeiras, antes de comezar
Debido a unha gran enchente de peticións e agora que temos un pouquiño máis de tempo libre imos continuar cos enredos. Probablemente algún estea repetido,pois xa van uns cuantos publicados, procuraremos que non sexa así. (Gracias MARIA por recordarnos que había que seguir con esta sección, un biquiño).
Trátase de préstamos:
Dido dálle a María o dobre da cantidade de € que ela lle prestara anteriormente. Logo María devolveulle a Dido a metade do que él lle deu máis 10 €, o que sumaba un total de 50 €. Canto lle prestara María a Dido no principio?
1. Fala en galego sempre que poidas. Coa familia, cos amigos e amigas etc. Fai o propósito de falar en galego a quen sabes que te entende aínda que até o de agora lles falases en castelán.
2. Respecta a aquelas persoas que che falen noutra lingua, mais esixe que tamén as outras persoas respecten a túa.
3. Diríxete en galego a todos e todas: na rúa, por teléfono, no centro de ensino, no traballo. Verás que te entenden. Continúalles a falar en galego, aínda que che respondan noutro idioma.
4. Ás persoas que coñezas que entenden o galego coloquial, mais mostran curiosidade por algún termo que ignoran, explícalles o significado desas palabras, axudándoas a ampliar o vocabulario. Se alguén se esforza en falar o noso idioma, axúdalle e demóstralle que valoras o seu comportamento.
5. Respecta as diferenzas locais da lingua. Coñece as particularidades de cada zona. Esta é a riqueza do galego, como a de todas as linguas.
6. Toma a decisión de escribir todos os apuntamentos, notas, correos electrónicos e cartas en galego. A partir de hoxe pon sempre o teu nome en galego. Fai mudar os teus papeis, impresos, rótulos etc. Sería ben triste que por aforrar uns pequenísimos gastos deixásemos de contribuír á expansión do noso idioma.
7. Faite subscritor/a de publicacións escritas total ou en boa parte en galego. Le libros, asiste a espectáculos teatrais, musicais, cinematográficos, visita páxinas web etc, na nosa lingua.
8. Esixe de todos, mesmo das institucións máis rutineiras, que che escriban en galego. Faino amabelmente. Non perdas o tempo e os nervios en pelexas cos inimigos declarados da lingua do país. Déixaos de lado, ignóraos.
9. Se tes como lingua familiar o castelán, interésate pola nosa lingua. Loita contra a inxustiza fomentada durante tantos anos. Toda a represión dunha lingua é un acto de barbarie. E sobre todo tenta falala e escribila, porque a mellor defensa de calquera lingua é o seu uso.
10. Se sentes un bloqueo psicolóxico, como adoita ocorrer para pasar a falar en galego con persoas e en ambientes en que sempre falaches castelán, comeza por usalo cos descoñecidos, a practicalo en situacións novas, para ilo introducindo despois na túa esfera habitual. Non te avergoñes dos defectos de pronuncia ou escrita; respectar o galego mais a distancia, "sen rompelo nin lixalo", iso si que deteriora o idioma.
"Na Peninsua ibérica, desprendéronse do baixo latín medieval tres lingoas romances qu'inda hoxe a dividen en tres bandas ver-ticaes (ficand'ó Norte o ángulo euskérico).
Valle-Inclán carauterizounos c'unha xenial comprensión da índole social dos pobos das tres falas: «Tres romances se formaron na Peninsua—di—catalán de comerciantes, galego de labradores e castelán de dominadores».
Está recoñecido por cantos s'ocupan d'estas cousas, que, de todol-os vínculos sociaes, é a fala a que mais sopara e carauteriza ós pobos, porqu'é o mais espiritual de todos, é o que conforma o pensamento e fai a maneira de ser das xentes. O troque de língoa determina, na maor parte dos casos, a dexeneración espirtual d'un pobo. A cuestión é deferente pr'ós individos do que pr'as nacionalidades. A proba é qu'a imposición da língoa foi sempre unha violencia que non descoidou ningún imperialismo: foi empregada por Austria c'os checas e c'os húngaros, por Prusia e Rusia c'os polacos, por Francia c'os vascos y-os provenzaes, por Castela c'os cátalas e co nosco.
Mais a pesar da rabia conqu'o presiguen, o galego vive, falase pol-as catro quintas partes da poboación, y-achas'hoxe n-unha das suas épocas de maor frolecemento literario, convertíndos'en istru-mento d'espresión científica e de produción filosófica. Agora, o galego y-o portugués son duas formas dialeutaes do mesmo idioma: esto indica que nos temos un maor parentesco con Í 'ortugal do que con Castela. Tres falas, tres civilizados; nos per-encemos á civilización da banda oucidental, e culturalmente, pois u'esí é filolóxicamente, nada temos que ver co'as outras duas. Queiramos ou non, esto trábanos fortemente, estreitamente con Portugal e co'a civilización portuguesa."