A.C. Donaire


 CATEGORÍAS
Espazo web da Asociación Cultural Donaire
Asociación Cultural DONAIRE créase na cidade de A Coruña coincidindo coa entrada do século XXI, co obxectivo de recuperar, promover e difundir unha importante parcela da nosa cultura tradicional como é o folclore Galego.

O meu perfil
info@acdonaire.com
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Acadamos o segundo premio en Bandeira
O XII Concurso de Baile Tradicional "Azaloira" celebrado o 6 de Maio no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira (Silleda) resolveuse do seguinte xeito:

1º premio: CC A Ponte Vella
2º premio: AC Donaire
3º premio: AC Traspés

Ribeirana do ramo e jota de Toutón (Mondariz, Pontevedra):



Maneo e muiñeira de Cabanelas (Bardaos-Tordoia-A Coruña)



Parabéns a tod@s!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2012 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
III Festival Infantil

O festival infantil de baile e música tradicional "O berce de Donaire" chega á súa terceira edición, que se celebrará o sábado 12 de Maio do 2012 no Auditorio do Fórum Metropolitano de A Coruña ás 17:30 horas.

Contaremos coas actuacións de:

- A.C. Donaire (A Coruña)
- A.C. Rosalía de Castro (Cacheiras - Teo)
- O.C.T. Chorima (Rois)

Poderedes mercar as entradas das seguintes maneiras:

- Na billeteira da Praza de Ourense: : de luns a vernes de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
- Por internet en Servinova: https://taquilla.servinova.com/entradas/main.php?Nivel=Evento&idRecinto=34&idEvento=3621
- Chamando ao 902 434 443.
- No caso de quedar entradas, na billeteira do Fórum o día do festival.
Comentarios (0) - Categoría: Actuacións - Publicado o 24-04-2012 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Reseña en La Voz de Galicia
Na edición de Santiago do xornal aparece unha reseña do festival organizado polo AMPA Sarela o 10 de Marzo cunha fotografía dos nosos pequenos:

Los más pequeños viven todas las músicas

Un año más, la asociación de madres y padres del colegio Raíña Fabiola celebró el Festival Infantil e de Baile e Pandeireta Anpa Sarela. La sala Mozart del Auditorio de Galicia se hizo pequeña para acoger a los familiares de los escolares participantes, que ocuparon las 260 localidades. Cinco grupos de toda Galicia, en total 180 niños y niñas de enseñanza primaria, primero y segundo de ESO, actuaron sobre el escenario del Auditorio.

Vía La Voz de Galicia
Comentarios (1) - Categoría: Actuacións - Publicado o 11-03-2012 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Festa de entroido
A.C. Donaire nunha das Foliadas de Entroido do ciclo Fórum FolkEstimados/as amigos/as da Asociación Cultural Donaire,

O vindeiro venres 17 de febreiro celebraremos o Entroido no Centro Cívico de San Diego a partires das 18:30 horas. Ese día non haberá clases en Donaire, polo que animamos a todas as nais, pais, familiares ou amigos a vir disfrazados. Gustaríanos contar coa vosa presenza choqueira e coa vosa colaboración traendo doces: filloas, rosquillas, orellas… ou o que vos preste. Haberá música, baile e troula.

Moitas grazas a todos/as por colaborar.
Comentarios (1) - Categoría: Actuacións - Publicado o 06-02-2012 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Os nosos pequenos chegan a Cangas
Cartaz do festival
Comentarios (1) - Categoría: Actuacións - Publicado o 02-01-2012 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A Lotería do Nadal non nos deixou sen nada...
Moi boa nova!

O número 53430 resultou premiado no sorteo de Nadal. Por cada participación mercada tocaron 12,50€.
Xa vos informaremos das maneiras de recoller os cartos.

Parabéns a todos, a desfrutar do Nadal!

Actualización:

Poderedes pasarvos por calquera oficina de Novagalicia Banco e presentar o boleto para proceder ao cobro do mesmo.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 26-12-2011 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Festa de Nadal!

Comentarios (0) - Categoría: Actuacións - Publicado o 12-12-2011 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Horarios curso 2011/2012
Educación infantil (3-5 anos): Centro Cívico San Diego
Venres:
17:30-18:15 (baile)
18:15-18:45 (pandeireta)

1º,2º e 3º Ed. primaria (6-8 anos): Centro Cívico San Diego
Venres:
18:30-19:30 (baile)
19:30-20:30 (pandeireta)

4º,5º Ed. primaria (9-10 anos): Centro Cívico San Diego
Luns:
18-19 (baile)
19-20 (pandeireta)
Xoves:
19:15-20 (gaita iniciación)

5º, 6º Primaria e E.S.O. (10 - 16 anos): Centro Cívico San Diego
Mércores:
18-19 (baile)
19-20 (pandeireta)
17:30-18 (percusión iniciación)
Xoves:
20-20:45 (gaita)

Bacharelato en diante (17 anos en adiante): Centro Cívico San Diego
Sábados:
11:30-12:30 (baile)

Pandeireta 18-19 anos: Centro Cívico San Diego
Sábados:
12:30-13:15 (previa selección)

Pandeireta 22-28 anos: Elviña
Venres:
22-23 (previa selección)


Iniciación maiores: Colexio Fernández Latorre
Luns:
20-21 (pandeireta)
21-22 (baile)

Banda de gaitas:Centro Cívico San Diego
Sábado:
10-11:30 (previa selección)


INFORMACIÓN:
info@acdonaire.com
677 644 339

Podedes pasarvos pola clase tamén para informarvos.
Comentarios (0) - Categoría: Actuacións - Publicado o 29-09-2011 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
III XORNADA DE CULTURA POPULAR GALEGA
Domingo 2 de Outubro

Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño


- EXPOSICIÓN
"A tradición apícola en Galiza".(coa colaboración da AGA)

-OBRADOIRO DE MÚSICA
"Iniciación ao toque pechado na tradición da gaita de fol". (Carlos Rodríguez Osorio)

-CONCERTOS (a partir das 20:00h)
"Os Resesos" (Santiago de Compostela)
"Pandereteiras de Donaire" (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Actuacións - Publicado o 12-09-2011 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
XXI Encontro Folclórico de Uxes
"Axeitadiñas" da A.C. Donaire participarán neste encontro folclórico que se celebrará o vindeiro 3 de Setembro ás 18:00 horas no anfiteatro do paseo fluvial de Arteixo.

Organiza a A.C. Queiroa
Comentarios (1) - Categoría: Actuacións - Publicado o 27-08-2011 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
A.C.DONAIRE

info@acdonaire.com