|
|
|
|
| Festa de entroido |
|
Estimados/as amigos/as da Asociación Cultural Donaire,
O vindeiro venres 17 de febreiro celebraremos o Entroido no Centro Cívico de San Diego a partires das 18:30 horas. Ese día non haberá clases en Donaire, polo que animamos a todas as nais, pais, familiares ou amigos a vir disfrazados. Gustaríanos contar coa vosa presenza choqueira e coa vosa colaboración traendo doces: filloas, rosquillas, orellas… ou o que vos preste. Haberá música, baile e troula.
Moitas grazas a todos/as por colaborar. |
|
|
|
|
| Os nosos pequenos chegan a Cangas |
|
 |
|
|
|
|
| A Lotería do Nadal non nos deixou sen nada... |
|
Moi boa nova!
O número 53430 resultou premiado no sorteo de Nadal. Por cada participación mercada tocaron 12,50€.
Xa vos informaremos das maneiras de recoller os cartos.
Parabéns a todos, a desfrutar do Nadal!
Actualización:
Poderedes pasarvos por calquera oficina de Novagalicia Banco e presentar o boleto para proceder ao cobro do mesmo. |
|
|
|
|
| Festa de Nadal! |
|

|
|
|
|
|
| Horarios curso 2011/2012 |
|
Educación infantil (3-5 anos): Centro Cívico San Diego
Venres:
17:30-18:15 (baile)
18:15-18:45 (pandeireta)
1º,2º e 3º Ed. primaria (6-8 anos): Centro Cívico San Diego
Venres:
18:30-19:30 (baile)
19:30-20:30 (pandeireta)
4º,5º Ed. primaria (9-10 anos): Centro Cívico San Diego
Luns:
18-19 (baile)
19-20 (pandeireta)
Xoves:
19:15-20 (gaita iniciación)
5º, 6º Primaria e E.S.O. (10 - 16 anos): Centro Cívico San Diego
Mércores:
18-19 (baile)
19-20 (pandeireta)
17:30-18 (percusión iniciación)
Xoves:
20-20:45 (gaita)
Bacharelato en diante (17 anos en adiante): Centro Cívico San Diego
Sábados:
11:30-12:30 (baile)
Pandeireta 18-19 anos: Centro Cívico San Diego
Sábados:
12:30-13:15 (previa selección)
Pandeireta 22-28 anos: Elviña
Venres:
22-23 (previa selección)
Iniciación maiores: Colexio Fernández Latorre
Luns:
20-21 (pandeireta)
21-22 (baile)
Banda de gaitas:Centro Cívico San Diego
Sábado:
10-11:30 (previa selección)
INFORMACIÓN:
info@acdonaire.com
677 644 339
Podedes pasarvos pola clase tamén para informarvos. |
|
|
|
|
| III XORNADA DE CULTURA POPULAR GALEGA |
|
Domingo 2 de Outubro
Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño
- EXPOSICIÓN
"A tradición apícola en Galiza".(coa colaboración da AGA)
-OBRADOIRO DE MÚSICA
"Iniciación ao toque pechado na tradición da gaita de fol". (Carlos Rodríguez Osorio)
-CONCERTOS (a partir das 20:00h)
"Os Resesos" (Santiago de Compostela)
"Pandereteiras de Donaire" (A Coruña) |
|
|
|
|
| XXI Encontro Folclórico de Uxes |
|
"Axeitadiñas" da A.C. Donaire participarán neste encontro folclórico que se celebrará o vindeiro 3 de Setembro ás 18:00 horas no anfiteatro do paseo fluvial de Arteixo.
Organiza a A.C. Queiroa |
|
|
|
|
| Estaremos en Rois no festival da OCT Chorima |
|

O sábado 30 de Xuño ás 19:00 horas celebrarase en Rois o Festival Folclórico da OCT Chorima.
Xa sabedes, a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal.
Un saúdo. |
|
|
|
|
| Donaire no FNF de Jumilla (Murcia) |
|
O Festival Nacional de Folclore "Ciudad de Jumilla" contará de novo, como no ano 2008, coa presenza de Donaire, participando nesta edición especial que festexará o trixésimo aniversario deste festival.
Entre o 13 e o 15 de Agosto estaremos amosando o noso traballo xunto cos organizadores Coros y Danzas de Jumilla (Murcia), Grupo de Folclore Extremeño Caramancho de Don Benito (Badajoz), Agrupación Folklórica Antonio de Torres de Almería (Almería), Coros y Danzas Picos de Europa de Crémenes (León) e a Agrupación Folclórica Acorán de Los Realejos (Tenerife).
Tedes toda a información en FNF Jumilla
|
|
|
|
|
| II Festival Infantil "O Berce de Donaire" |
|
A asociación cultural Donaire de A Coruña organiza, o 5 de Xuño, as 17:30 h no Forum Metropolitano da mesma cidade, o II Festival Infantil "O Berce de Donaire", tras o gran éxito da súa primeira edición. Este ano a temática terá como protagonistas aos nosos maiores entre eles os avós e as avoas.
Os grupos participantes, ademais da escola da A.C Donaire, serán:
- A.C Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo)
- ANPA Sarela do CEIP Raiña Fabiola (Compostela)
As entradas poden ser mercadas en Servinova ou o mesmo día do festival na taquilla do Forum Metropolitano prezos 3€ e 2€ (entrada reducida, parados, carne xové e +65)
Vémonos alí!
http://www.blogoteca.com/donaire
info@acdonaire.com |
|
|
|
|
|
|
|