Palabras de Pedra


O blogue, cultural e divertido de Palabras de Pedra / Proxecto Mámoas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces Este proxecto foi recoñecido cun Premio á Innovación no Fomento da Lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tattoos da Galiza! Envia a tua foto!



Convocatoria 2016: "Tattoos da Galiza"
Tattoos da Galiza: 2º convocatória!

Galiza, à flor da pel!

2016

2º Concurso de fotos de tattoos em galego e de tema galego

Despois de termos reunido mais de duascentas tatuaxes no noso blogue www.blogoteca.com/tattoosdagaliza, e publicado o libro "Tattoos da Galiza", o Equipo de Normalización do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces organiza a segunda edición do concurso de fotografías de tattoos "Galiza, à flor da pel"


O noso obxectivo é visibilizar a nosa lingua e a nosa identidade a formaren parte da cultura do tattoo, unha forma de expresión moderna, creativa e comunicativa.

Desde hai varias décadas a tatuaxe gañou sona como expresión artística. Moitas galerías de arte contemporánea expoñen fotos e deseños de tatuaxes. E son moitos os libros e exposicións a nivel mundial que se interesan por este tema.
A utilidade das tatuaxes é diversa ao longo da historia: identidade, cosmética, relixión ou feiticería...

Este concurso non ten como finalidade que a xente se tatúe. Cada quen que faga co seu corpo o que desexe, tendo sempre en conta as indicacións sanitarias e o ben da saúde.

A nós o que nos interesa é coñecer, nun proceso de participación en rede social, as tatuaxes que a xente leva tatuadas no seu corpo. Temos moita curiosidade!

A nós, na Galiza do século XXI, interésanos coñecer as tatuaxes da xente que dediciu gravar na sua pel palabras da nosa língua ou motivos gráficos da nosa cultura.

Participa, forma parte, queremos facer algo grande entre moita xente: un album de fotos dos nosos tattoos!

Dirixímonos especialmente a outros Equipos de Normalización dos Institutos da Galiza: Compar, participade!



Neste concurso hai dúas categorías:

1. Palabras tatuadas. Envíanos unha ou máis fotos dunha tatuaxe con algunha palabra escrita en galego, en calquera norma. A foto ten que ser orixinal.

2. Galiza en imaxes : Envíanos unha ou máis fotos dunha tatuaxe de temática galega, con iconografía ou simboloxía made in Galiza.

Co material recibido faremos unha exposición no noso instituto (que despois cederemos para que rule por outros centros de ensino, asociacións, locais sociais, etc), publicaremo-los no noso blogue www.blogoteca.com/tattoosdagaliza, e intentaremos editar unha publicación en papel.

Condicións:

As tatuaxes teñen que ser permanentes.
O premio recibirao a autora ou autor da foto. Non é necesário que a persoa tatuada se identifique, aínda que se o fai seria moi interesante.
Premios: Haberá tres premios para os tres tattoos que mais nos molen en cada categoría. Os premios consistirán nun lote de libros e Cds editados polo Clube da Lingua.

Prazo: Do 9 de marzo ao 1 de maio de 2016.

As fotos enviaranse ao correo electrónico clubedalingua@gmail.com ou ao facebook do Clube da Lingua, (Clubeda Lingua) por mensagem privada, achegando os datos persoais (nome e apelidos, teléfono de contacto, etc) da persoa autora da(s) foto(s) e toda a información adicional que se queira.

Clube da Lingua / Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua do IES Marco do Camballón

Vila de Cruces
Comentarios (7) - Categoría: Actualidade - Publicado o 07-03-2016 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
"Tattoos da Galiza", o livro
O livro "Tatos da Galiza" é a primera publicaçom de fotografias de tatuagens na história do nosso país.

O livro é o resultado dum proceso de micromecenado impulsado polo Clube da Língua do IES Marco do Cambalhom de Vila de Cruzes, a Fundación Uxío Novoneyra e ITH Crowdfunding, e a sua publicaçom é possível graças à participación de mais de 150 mecenas.

"Tatos da Galiza" recolhe mais de 200 fotografías a car de tatuagens em galego ou de tema galego que o Clube da Língua foi agrupando através da rede social, conseguindo reunir umha ampla gama de desenhos em galego ou de temática galega, desde petróglifos ou sereias de Castelao até versos de Lupe Gómez, Maria Rosendo ou desenhos de Leandro Lamas.

"Entre muita gente conseguiu-se fazer visível umha coleçom de fotos de tatoos esteticamente mui fermosa e eticamente vinculada a princípios de justiça social. Toda umha obra de arte e de comunicaçom coletiva fruto dum proceso de participaçom social intenso e cheio de emoçons", explicam desde o Clube da Língua.

O livro é fruto dum projeto de participaçom social no que colaborarom centos de persoas que enviarom fotografias de tatuagens em galego ou de tema galego para o Concurso "Galiza à flor da pel".

O Clube da Língua explica que "esta é umha iniciativa sem ánimo de lucro, o Clube da Língua fai as atividades que fai porque é umha obriga dos Equipos de Normalizaçom Lingüística dos centros de ensino trabalhar a favor da normalidade social da nossa língua. E porque pensamos que promover a nossa língua é umha questiom de responsabilidade cidadá.O livro é umha ferramenta para autogestionar as nossas actividades, desde excursións até conferências ou concertos para impulsar a nossa língua"

Segundo Marcial Gondar, o projecto Tattoos da Galiza "busca formas actuais da identidade galega, o que lhe dá vitalidade, fazendo dialogar passado e presente".

O livro tamém conta com as palavras do desenhador gráfico Pancho Lapeña que asegura que o livro "é umha boa radiografia de como está o desenho identitário na Galiza", explicando que entre as numerosas tatuagens que podemos olhar neste livro há imagens tópicas e innovaçons interessantes, valiosas polo que tenhem de excepcional.

Desde o Clube da Lingua aseguran que "este projeto permitiu-nos descobrer algo que ninguém imaginava: as Galizas que levamos tatuadas na pel. Este livro fai visível o passo do íntimo ao coletivo, da persoa à identidade social. E viceversa. É unha pequena representaçom da identidade galega, complexa, tradicional e renovada. Ao fazer permanentes as tatuagens sobre o corpo, transmite-se a ideia de que se fam permanentes a nossa língua e a nossa identidade, em crise, a se debater entre a resisténcia e a criatividade. As tatuagens dam-lhe visibilidade à nossa lingua e cultura nuns ámbitos pouco vísiveis nos medios de comunicaçom convencionais da Galiza: os espaços nos que a língua existe naturalmente asociada às últimas tendéncias, à modernidade, à atualidade, à vangarda, à gente nova, às últimas geraçons."

Segundo Lucia Puentes, da Biblioteca do IES Marco do Cambalhom: "Neste século XXI, cando en aras da globalización os peixes grandes engolen convoracidade insaciable os pequenos e ás linguas minoritarias se lles nega o pan e o sal, invocando pouco menos que as leis do mercado, un puñado de mozos e de mozas desta terra decidiron deixarse a pel para converterse en testemuñas vivas do instrumento que atesoura o noso acerbo cultural: a lingua galega. Unha lingua que aman ata o punto de levala, verdadeira e literalmente, incorporada."

Desde o Clube da Língua explicam que se sentem agradecid@s com a gente que participou no projeto "porque compartíssedes com nós, com a rede social, a vossa criatividade, a vossa vontade de comunicaçom, a vossa alegria, a vossa Galiza, a vossa pel."


O LIVRO PODE-SE CONSEGUIR, NESTA ALTURA, NO IES MARCO DO CAMBALHOM, EM VILA DE CRUZES, NA LIBRARIA LILA DE LILITH, EM COMPOSTELA, E NA LIBRARIA ALVARELLOS DE LALIM.

A primeira ediçom é de 300 exemplares e o preço, 18 euros. Os benefícios da venda do livro estám destinados integramente para o desenvolvimento de atividades do Clube da Língua do IES Marco do Cambalhom.

Para mais info: clubedalingua@gmail.com
Comentarios (7) - Categoría: Actualidade - Publicado o 01-03-2016 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador grátis