Palabras de Pedra


O blogue, cultural e divertido de Palabras de Pedra / Proxecto Mámoas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces Este proxecto foi recoñecido cun Premio á Innovación no Fomento da Lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Mapa dos Tesouros (1)
Aquí deixamos unha parte das historias de transmisión oral recollidas na procura dos tesouros de Vila de Cruces:


O convento de Millorás


O convento está no Coto de Eirexe. Nel vivían frades e monxas. Estaba cercado cun balo de pedra. O recinto é moi amplio e dise que o convento tamén o era.

Contan que cando as monxas quedaban embarazadas dalgun frade,labrego,criado... mataban o bebé e enterrábano no xardín para que a xente non deixara de lado a relixión. Tiñan grandes extensións de terreo no que traballaban as familias máis pobres.

Á súa vez este convento tiña que entregarlle unha porcentaxe da colleita a os señores do castelo de Cira. Unha destasa fincas está cerca do convento e ten varios quilómetros cadrados de extensión. Tamén está cerrada cun balo. Dento desta hai parcelas máis pequenas delimitadas con pedras que teñen rallada a letra "R".

Pénsase que cada parcela era prestada a unha familia para que a traballara. Uns metros máis arriba do convento esta o recinto donde gardaban os cabalos . Cerrado cun balo de pedra pero máis alto que os anteriores.Un pouco máis abaixo do convento está o cementerio, un lugar máis reservado que os outros.


Existen libros que corroboran esta historia pero está nas mans dun home nado en Brandariz pero que reside na cidade de Vigo.

NOME E APELIDOS DO INFORMANTE: Jesús Puga Tato
AUTORES DA TRANSCRICIÓN: Marcos Barcala Méndez e Tamara Puga Méndez

.............


A Grade De Ouro



Teñenme dito que no río Ulla hai unha grade de ouro, no fondo do río metido nun pozo.
Xente desa zona ten dito que un día subeu a superficie pero volveu baixar casi no momento.
Teñense visto buzos por alí, pero ningué a atopou.

RECOLLIDA DE LITERATURA ORAL

Data de recollida: Vila de cruces
Data de recollida: 29-10-13

DATOS DO INFORMANTE
Nome e apelidos: José Ramón Rodriguez
Data de nacemento: 1958

CLASIFICACIÓN
Título : A Grade De Ouro
Subxénero: historia



........


A muller desaparecida

Fai 16 anos do mes de diciembre, unha señora de nome Concha con alceimer, desapareceu pola tardiña da súa casa.
Cando vian que a muller seguía sen aparecer fixeron un equipo de búsqueda entre os veciños, familiares, etc.. coa axuda dos cans, cabalos e helicópteros pero seguían sen encontrala.

Despois moita xente decía que a habían visto en Lalín, en Alcobre(lugar donde ela naceu) pero nada, seguía sen aparcer.
O seu fillo xunto con un veciño foron o programa de Paco Lobatón " Quién sabe donde " para pedirlle axuda para buscala.

Despois de pasado un tempo encontrouna o dono da leira que estaba limpando unha finca, resulta que a señora estaba a medio metro dun muro por donde pasaron todos varias veces.

Hoxe dise que esa muller marchou da casa porque o home lle pegaba.

RECOLLIDA DE LITERATURA ORAL

Data de recollida: Piloño- Vila de cruces
Data de recollida: 29-10-13

DATOS DO INFORMANTE
Nome e apelidos: Manuel Soto García
Data de nacemento: 22-01-66

CLASIFICACIÓN
Título : A muller desaparecida
Subxénero: historia

DOCUMENTACIÓN GRÁFICA
Lugar: Onde o río Ulla, detrás de un muro, ao lado de unha caseta
Foto/ video: foto máis video

TRANSCRICIÓN
Transcrito de oído e transcrito de gravación

AUTORES DA FICHA
Uxía Fontán García e Inma Soto Parcero.

............



Tráxica morte de tres gaiteiros



O día 25 de julio, día do Santiago Apostol, os gaiteiros de Piloño foron a Novofontes tocar.
Daquelas non había puente e para cruzar o río tiñan que cruzar cunha barca.

Cando estaban de volta eles estaban cheos e había unha tormenta que encheu o río.
O barqueiro non quería cruzar pero como eles estaban borrachos e a cabeza non lle paraba querían cruzar igual.

A barca estaba agarrada cunha cadena e eles cortaronlla e montaron na barca. Coa forza do río tirounos da barca e levounos a corriente. Só se dou salvado un que era o mais novo de todos. Enganchou a un abeneiro, botou toda a noite agarrado nel ata o día seguinte que lles foron axudar.

Hoxe en día esa persoa aínda ten un shock daquel desastroso día, despois de ver morrer ao seu pai e aos seus amigos.

RECOLLIDA DE LITERATURA ORAL

.Lugar de recollida: Piloño-Vila de Cruces

.Data de recollida: 29/10/13


DATOS DO INFORMANTE:

.Nome e apelidos: Manuel Soto García

.Data de nacemento. 22/01/66

.Profesión: Forestal


CLASIFICACIÓN:

.Denominación/Título: "A tráxica morte de tres gaiteiros".

.Xénero Subxénero/Tipo: Historia

.Localización: Río Ulla


DOCUMENTACIÓN GRÁFICA:

.Lugar: Piloño
.Foto/vídeo: Foto e vídeo


TRANSCRICIÓN:

.(Transcrito de oído- Escrito polo informante- Transcrito da gravación): De oído e de gravación
.Autor/es da transcrición: Inma Soto e Uxía Fontán


AUTORES DA FICHA (Nomes e data na que se elabora):

Inma Soto Parcero
Uxía Fontán García
29/10/13


....



O tesouro da igrexa da Camanzo



Dise que debaixo da iglesia de Camanzo hai uns pasadizos, que ban dar a un río onde ai un tesouro,o tesouro é un anillo de ouro escondido nunha caixa no fondo do río.

RECOLLIDA DE LITERATURA ORAL

Data de recollida: Vila de cruces
Data de recollida: 27-10-13

DATOS DO INFORMANTE
Nome e apelidos: José Ramón Rodriguez
Data de nacemento: 1958

CLASIFICACIÓN
Título : O tesouro da igrexa da Camanzo
Subxénero: historia



TRANSCRIPCIÓN:


.........


A cova do tesouro de Brántega


Aí en Brántega la cova del tesouro,o no se,bueno decían que todo el que entraba,luego no salía nadie y la guente quería saber que había dentro de la cueva y fueron allí con escabadoras o lo que sea y un equipo y al final yo creo,no se si hicieron algo o no pero no sacaron nada.


INFORMANTE:

Nome:Julia de la Fuente Muñoz
Data de nacemento:12-04-1947
Profesión:Modista(xubilada)
Estudos:E.G.B.
Outros datos biográficos de interese:Empresaria de comercio.

CLASIFICACIÓN:

Denominación/Título:A cova do tesouro de Brántega
Xénero Subxénero/Tipo:Lenda
Localización xeográfica:Brántega

Alba Areán Penas


...............

A Peneda da Vella



Alí chámase "Peneda da Vella" porque unha vella xa maior lebaba unha peneda que pesaba moito. Mentres cruzaba cara Fao ía fiando un fío. O río lebaba moita corrente e a vella resbalou e caeu no medio do río. Como a peneda era moi pesada cando quixo levantala non dou, deixou a peneda alí ata a actualidade.
A vella conseguíu cruzar o río pero morreu alí. Na encontraron ata días despois.

NOME E APELIDOS DO INFORMANTE: Fernado Barcala Vilela
AUTORES DA TRANCRICIÓN: Marcos Barcala Méndez e Tamara Puga Méndez


.......



Os Mouros e as Covas de Vila de Cruces




Nas covas decian que antiguamente ivan os mouros a coller ouro... eh fai pouco tamen se di que foron escabadoras a escabar a ver se habia ouro... eh enton eles cando ivan de nenos como no tiñan daquelas com agora entraban cas piñas uns alumbraban e outros picaban eh vian pedras amarrilas eh eles pensaban que era ouro pero non era...


RECOLLIDA DE LITERATURA ORAL

Data de recollida: Vila de cruces
Data de recollida: 27-10-13

DATOS DO INFORMANTE
Nome e apelidos: José Ramón Rodriguez
Data de nacemento: 1958

CLASIFICACIÓN
Título : RECOLLIDA DE LITERATURA ORAL

Subxénero: historIA



..........

A Perla do Carrio






-Un señor fuera a subir al monte del carrio y perdiera la cartera y le quedaran unas 5.000 o 10.000 pesetas de aquellas que ya era mucho dinero porque pa tener de aquellas 10.000 pesetas mima entonces la gente fue toda a correr pa mirar si encontraban la cartera del señor, pero la cartera no estaba entonces encontraron una piedra mui grande mui grande como si fuera... mui blanca y dijeron que eso era unha perla, e desde esa dise que ali hai perlas segun a hsitoria que lle contou seu pai...



RECOLLIDA DE LITERATURA ORAL

Data de recollida: Vila de cruces
Data de recollida: 29-10-13

DATOS DO INFORMANTE
Nome e apelidos: José Ramón Rodriguez
Data de nacemento: 1958

CLASIFICACIÓN
Título : A Perla Do Carrio
Subxénero: historia
Comentarios (8) - Categoría: Patrimonio - Publicado o 30-10-2013 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Lanzamento do segundo libro do Club da Lingua





Despois da nosa primeira publicación, Sexo lingua e rock´n roll, o Club da Lingua fixo o lanzamento da obra que escribiu Ramón Taboada e ilustrou Carlota Salgado, editado na colección Rastalavras.



Alumnas e alumnos do Club da Lingua do IES Marco do Camballón fixeron unha exposición sobre a importancia de participar en proxecto colectivos como o Proxecto Mámoas - Palabras de pedra e animaron a formar parte do Club da Lingua en actividades de promoción da nosa lingua.

Podes ver como recolleu a noticia El Faro de Vigo, en castelán... (e por que non en galego?)nesta ligazón
Comentarios (7) - Categoría: Actualidade - Publicado o 17-10-2013 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Camiñada a Oirós
A principios de agosto a Asociación NOvo Cruceiro Rock e o Clube da Lingua do IES Marco do Camballón organizamos unha caminhada às mámoas do Camballón. Contamos coa participación de Ramón Taboada, autor do libro Mámoas de Oirós, lendas possíveis, de Víctor Garcia Piñeiro, que nos explicou un pouco de historia e de Celso Fernández Sanmartín, que nos relatou contos de tradición oral vinculados ás mámoas, e da ilustradora Carlota Salgado. Aqui podedes ver algunhas fotos!



Víctor García explicando un pouco de prehistoria.



Celso Fernández Sanmartín a contar contos



Ramón Taboada, autor do libro Mámoas de Oirós, lendas possíveis



Carlota Salgado, ilustradora do libro Mámoas de Oirós,lendas possíveis.



Faise camiño ao andar, sempre cara adiante!



Coñecendo un pouco mellor o noso patrimonio.



Mouras, serpes, pitos de ouro... Celso contounos contos e contos de tradición oral... E moitas outras cousas!
Comentarios (8) - Categoría: Actualidade - Publicado o 08-10-2013 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Con nós!


Aí están, con nós! Son arredor de vinte mámoas distribuídas nunha chaira da parroquia de Oirós, Vila de Cruces, entre a ladeira norte do Carrio e o monte Camballón. Os xacementos atópanse a uns metros da estrada que comunica Lalín con Vila de Cruces.

Estes xacementos megalíticos están aí así que anímense a visitalos.
Comentarios (5) - Categoría: Actualidade - Publicado o 08-10-2013 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro de lendas sobre as Mámoas do Camballón de Ramón Taboada



A Asociación Cultural Novo Cruceiro e o Club da Lingua do IES Marco do Camballón presentaron o pasado 1 de agosto de 2013 o libro Mámoas de Oirós. Lendas Possíveis de Ramón Taboada e ilustracións de Carlota Salgado.

O libro reúne recreacións de lendas vinculadas á necrópole megalítica de Oirós: mulleres que se converten en serpes ou tesouros escondidos de Cruces.

A obra forma parte do Proxecto Mámoas-Palabras de Pedra que o IES Marco do Camballón impulsa para valorizar o patrimonio material e sociolingüístico do concello.

Unha destas iniciativas de promoción correu a cargo do profesor Ramón Taboada Montoto, quen escribiu este libro, Mámoas de Oirós. Lendas possíveis, e que afirmou que «máis que un libro, trátase dun folleto informativo con fins educativos para os propios alumnos do colexio e do instituto de Cruces», afirma o profesor, quen imparte clases de primaria no colexio cruceño Nosa Señora da Piedade.

A artista Carlota Salgado ilustra o libro con deseños que interpretan de forma moi persoal, impactante e innovadora o imaxinario colectivo asociado ás mámoas do Camballón.

Podedes ler a noticia aquí ou aquí
Comentarios (5) - Categoría: Actualidade - Publicado o 08-10-2013 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Museo de Pontevedra, lugar donde se atopan obxectos de Oirós.
Dende a súa fundación, o Museo de Pontevedra foi reunindo máis de 16 000 pezas entre as que figuran obxectos atopados en Oirós. Estos obxectos permiten coñecer, a través do seu estudo, a evolución da sociedade galega dende os seus inicios máis remotos ata a actualidade.

Comentarios (5) - Categoría: Actualidade - Publicado o 08-10-2013 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro sobre as mámoas de Oirós
Comentarios (7) - Categoría: Actualidade - Publicado o 08-10-2013 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador grátis