Palabras de Pedra


O blogue, cultural e divertido de Palabras de Pedra / Proxecto Mámoas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces Este proxecto foi recoñecido cun Premio á Innovación no Fomento da Lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Excursión ás mámoas do Camballón
Esta é a historia dunha excursión que fixemos o alumnado do curso de 4º D da ESO do Instituto Marco do Camballón, de Vila de Cruces. Fomos ver as mámoas do Camballón, en Oirós. Aí temos unha concentración de 15, si, 15 mámoas todas xuntas!

Fixemos a saída en bicicleta co noso profe do ámbito lingüístico e social, Séchu, co noso titor, Juan, e con Jorge, de apoio.

A aventura estivo moi ben e fomos todos os da clase excepto unha rapaza, Alba, á que se lle estropeou a bici antes de saír. Tamén houbo outra rapaza, Areán, que por pouco se mata nada máis saír do instituto, ao caer nunha costa abaixo. Tivo sorte: non lle pasou nada.

Despois destes contratempos comezamos a subir e iso foi o peor: a costa arriba!

Á outra Alba reventoulle a roda pola metade da subida e fomos pedir unha chave inglesa nunha casa veciña. Aí démonos conta do pouco que se coñecen as mámoas do Camballón, porque a xente do lugar non sabía case nada sobre elas.

Cambiamos o neumático e continuamos, coas mans conxeladas!






Cando chegamos arriba preguntámoslle a un señor que viña nun 4 x 4 e que tampouco sabía case nada sobre as mámoas e os dolmens do Camballón. E iso que era de alí de toda a vida!

Aquí podedes ver unha das mámoas, esa ondulación no terreo:





E logo preguntámoslle a unha señora que estivera emigrada en Bruxelas, e pouco sabía tamén.

O certo é que estivemos entre as mámoas pero non vimos moita cousa porque están cheas de toxos e silvas.

Aquí estamos coas bicis diante da toxeira que esconde unha das 15 mámoas:






O máis fascinante é o perto que están unhas mámoas das outras. Nesta foto de aquí abaixo pódense ver tres xuntas. Son as tres silveiras que se ven ao fondo. Se clicas na foto, amplíase:




Sacamos fotos e fixemos un vídeo. Aquí está. Neste vídeo vense 6 mámoas... Ou os 6 conxuntos de toxos e silvas que as ocultan:





Deberían facer unha limpeza nas mámoas porque son uns xacementos arqueolóxicos moi importantes para Vila de Cruces e para Galiza e pensamos que se lles debería dar máis valor para que non se vexan como simples moreas de silveiras.

Foi un día divertido. Foi unha boa aventura. Molou moito a excursión!

Nós seguiremos ás voltas coas mámoas... Temos algunhas ideas para que se coñezan máis... Bastante máis.
Comentarios (7) - Categoría: Actualidade - Publicado o 12-12-2012 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Dolmen:





Pois si, como podedes ver na ilustración, -se clicas, amplíase- os dolmens servían para enterrar á xente morta. Así que nas mámoas do Camballón estarían os nosos antepasados, as nosas devanceiras, de hai vários miles de anos. E, si, os prados de Oirós virían sendo algo parecido a un cemiterio colectivo.

Fomos buscar información sobre os dolmens e isto foi o que atopamos na wikipedia portuguesa sobre estas tumbas da prehistoria:

"Os dólmens são monumentos megalíticos tumulares colectivos (datados desde o fim do V milénio a.C. até ao fim do III milénio a.C., na Europa, e até ao I milénio, no Extremo Oriente). O nome deriva do Bretão dol = mesa e men = pedra.

Também são conhecidos por antas, orcas, arcas e, menos vulgarmente, por palas. Popularmente, são também por vezes designados por casas de mouros, fornos de mouros ou pias.

Os dólmenes caracterizam-se por terem uma câmara de forma poligonal ou circular utilizada como espaço sepulcral. A câmara dolménica era construída com grandes pedras verticais que sustentam uma grande laje horizontal de cobertura. As grandes pedras em posição vertical, denominadas esteios ou ortóstatos, são em número variável entre seis e nove. A laje horizontal é designada de chapéu, mesa ou tampa.

Existem câmaras dolménicas que chegam a ter a altura de seis metros. Quando a superfície da câmara dolménica não supera o metro quadrado, considera-se que é um monumento megalítico denominado cista.

Ao que tudo indica, os dólmenes apresentavam outrora sempre encobertos por um montículo artificial de terra, geralmente revestidos por uma couraça de pequenas pedras imbricadas, formando aquilo que se designa por uma mamoa ou tumulus."

Comentarios (4) - Categoría: Actualidade - Publicado o 11-12-2012 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
O camiño que atravesa unha mámoa








Entre os prados verdes de Oirós, no monte do Camballón, no noso concello, Vila de Cruces, un camiño pasa xusto polo medio e medio dunha das quince mámoas dunha das maiores concentracións de mámoas de Europa.

Que curioso...

E un pouco triste, non?

Comentarios (4) - Categoría: Actualidade - Publicado o 04-12-2012 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Elementos do noso patrimonio.
Os alumnos e alumnas de 4º Diver do IES Marco do Camballón decidimos recompilar datos sobre diferentes elementos patrimoniais que forman parte da nosa cultura.

Primeiro, o noso profesor deu nos unhas fichas para que as cubriramos cos datos dun elemento patrimonial que coñezamos, e tamén nos mandou sacarlle fotos.

Cando tiñamos a información e as fotos de distintos elementos, todos e cada un de nós puxemos a información na seguinte paxina:patrimoniogalego.net>

Comentarios (4) - Categoría: Actualidade - Publicado o 03-12-2012 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
As mámoas do Camballón!















De momento, catro deseños.

Comentarios (3) - Categoría: Actualidade - Publicado o 28-11-2012 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
A aventura da punta de lanza de Brandariz
Como puidemos ler nun artigo de José Suárez e Xulio Carballo de título A aparición dunha punta de lanza do Bronce Final no NO hispánico, hai uns anos un veciño do noso concello, Vila de Cruces, Rosalino Balo Pereiro, atopou en Brandariz un dos máis importantes descubrimentos arqueolóxicos do noso país.

Como podedes ler nese artigo, esta punta de lanza ten un importante valor pois son moi poucos os restos deste tipo e daquela época.

Aquí podedes ver a localización do descubrimento:



E aqui, un deseño da punta de lanza de Brandariz:




Así que despois de ler o artigo e descubrir que Vila de Cruces está no mapa internacional da Idade do Bronce, Alejandro,Jairo,Alvaro e Óscar decidimos saír investigar e fomos a Brandariz entrevistar a unha filla de Rosalino.

Fomo aló nas motos. Aparcámolas diante da panadaría onde ela traballa e cando entramos estaba facendo unha empanada que arrencendía que daba gusto. Era unha muller moi amable.

Falounos da fazaña da punta de lanza aínda que nos dixo que non a atopara Rosalino senón seus fillos e que logo a Rosalino alguén lle dixo que non se desfixera da peza porque tiña moito valor histórico.

E así foi. Actualmente a peza atópase no Museo de Lugo.

Por último a súa filla amosounos fotos de Rosalino, que fotografamos.
Comentarios (4) - Categoría: Actualidade - Publicado o 26-11-2012 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Situacion de Oiros no mapa



En Oirós, no monte do Camballón, sitúanse as 15 mámoas do famoso conxunto arqueolóxico de Vila de Cruces... Bem, moi famoso non é, porque moi pouca xente coñece a súa existencia e moito menos o seu grande valor.

De todos xeitos, nós temos como obxectivo deste curso dar a coñecer esta parte do noso valioso patrimonio. O tesouro que temos ao lado da casa.
Comentarios (3) - Categoría: Actualidade - Publicado o 22-11-2012 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
mamoas do marco do camballon.
Outra das mamoas que tivemos sorte de visitar no noso paseo en bicicleta
Comentarios (3) - Categoría: Actualidade - Publicado o 22-11-2012 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Unha das quince mámoas do Camballón
O outro dia os alumnos de cuarto diver xunto cos profesores sechu,juan e jorge fomos en bicicleta visitar as mamoas do marco9 do camballon foi unha gran experiencia
Comentarios (4) - Categoría: Actualidade - Publicado o 22-11-2012 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Dolmen no Camballón
Estas son algunhas das mamoas que podemos atopar en oiros (Hay quince case todas xuntas)
Comentarios (3) - Categoría: Actualidade - Publicado o 22-11-2012 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador grátis