Palabras de Pedra


O blogue, cultural e divertido de Palabras de Pedra / Proxecto Mámoas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces Este proxecto foi recoñecido cun Premio á Innovación no Fomento da Lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As dúas espadas de Brandomés
Alumnos e profes do Ciclo de Soldadura, coordenados polo profesor Navaza, púxeronse a traballar nun proceso que transformou a materia da que están feitas a fantasía e a imaxinación noutra cousa igualmente marabillosa. Aquí podemos ollar como transformaron a materia da que están construídas as lendas en dúas espadas verdadeiramente admirabeis!

Nestas fotos podedes ver a xente do Ciclo de Soldadura a traballar na primeira espada, unha espada cun puño con forma antropomórfica.




























A segunda espada está baseada nas espadas da Idade de Bronce que apareceron nos ríos galegos, especialmente no río Ulla. O río Ulla, ao seu paso polo lugar do Tesouro, ou talvez no chamado Pozo dos Pérez, acolle segundo a lenda da espada de Brandomés unha espada de ouro.

Esa lenda é un dos tesouros do noso imaxinario colectivo, e chegou a nós grazas ao traballo de investigación de Carina Puga que recolleu a lenda da boca de seu avó, José María Puga Fernández.

Aquí podedes ollar algunhas desas espadas orixinais da Idade do Bronce, de hai perto de 3000 anos, achadas no río Ulla e que hoxe fican no Museo de Pontevedra:



E aquí podedes ver o grupo de alunos a profes do Ciclo de Soldadura do IES Marco do Camballón posando coas dúas espadas antes de poñerlles o coiro no puño.





















E agora, se queredes ollar un deses vídeos que nunca ides esquecer, aquí podedes ver como hoxe en día se pode fabricar unha espada coa mesma tecnoloxía -tan básica- da Idade de Bronce, mediante un proceso de fundición. O vídeo é realmente máxico:





...

Temos que agradecer o asesoramento no proceso de elaboración das nosas espadas a Denís Fernández, Marcial Tenreiro e Bea Comendador, así como a David Rubín pola súa espada de Brandomés imaxinada.
Comentarios (19) - Categoría: Actualidade - Publicado o 18-03-2014 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
A miña pedra!


Chámome Xoán e vivo en Vila de Cruces. Un día ía paseando por Busto, unha das parroquias de Lalín, e encontreime enriba do valado da casa da miña avoa unha pedra cunha forma moi rara. Aí está.



Podedes vela nestas fotos.



Eu cando vexo obxectos como estes collo e gárdoos en Besexos, a aldea da familia. Un día fomos ao Museo de Pontevedra e vin que por Galiza adiante se encontraron pedras bastantes parecidas á miña.




E por iso decidín preguntarlle á miña avoa e ela díxome que cando fixeron a casa a ninguén lle importaba a historia das pedras. O fundamental era facer bulto no valado.

>



En fin, gustaríame saber se esta pedra ten algún valor en relación coa antigüidade. Se alguén pode supoñer ou saber algo sobre esta pedra que se anime e escriba nos comentarios.
Comentarios (18) - Categoría: Actualidade - Publicado o 11-03-2014 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
As espadas de David Rubín


Que o saibades: que ese de aí arriba, o da foto, é David Rubín, e David Rubín é moi grande, un dos grandes entre os grandes. E que non hai moito tempo tiña catorce, quince, dezaseis anos... e estudaba nun instituto moi parecido ao noso, non moi lonxe.

Ten esa enerxía que transforma a materia sólida que tocas coa punta dos dedos nas emocións que nos enchen o alento, o peito, os ósos e os músculos: raiba, desasosego, paixón, medo, afouteza, rebeldía...

David Rubín é de Ourense e leva desde que era un mozo traballando, currando moitísimo, con sangue suor e tinta, por cumprir o soño que soñou cando era un neno: facer cómics...

E conseguiu moito máis que iso: facer grandes cómics. Deses que pasan á historia. Deses que, colega, tes que ler para coñecer experiencias que nunca pensaches chegar a vivir tendo entre as mans unha desas cousas que chamamos libros.

Cando temos quince, dezaseis, dezasete anos chegamos a ter soños que... moita xente deixa de soñar. Hai xente que abandona axiña a vontade de cumprir o seu soño, os seus soños. Mais outra xente procura facer realidade as emocións que son reais nos soños.

Vivir debería parecerse a iso, non?

A nós David Rubin fainos soñar. E os seus libros anímannos a traballar polo que desexamos, polo que perseguimos. Os personaxes de Rubín son como nós, son humanos. E, ao mesmo tempo, son como nós mesmos, nós mesmas somos e queremos ser: xente valiosa, xente marabillosa, fora do común.

Na introdución dun dos seus libros fala dun mundo onde o mítico e o humano se mesturan, onde o imposible é sinónimo do cotián e o incribel, dogma de fe.

Por iso lle pedimos a David Rubín que nos deseñase, para o Clube da Lingua, unha espada. Unha espada como a espada da Lenda de Brandomés: imposíbel e cotiá, incríbel e verosímil, humana e mítica.

Aquí está!



Que sorte tivemos! Na libraría Kómic, de Compostela, David deseñou para o Clube da Lingua esta espada. Moitas grazas, David!

Dentro do proxecto Palabras de Pedra quixemos facer un "especial" sobre as espadas de David Rubín, através dos seus libros de cadriños. Porque as espadas de David Rubín transmítennos unha enerxía capaz de partir o universo en dous, cortar zig zag! o vento dunha cicloxénese explosiva ou, delicadamente, pelar unha cereixa.

O imaxinario de David Rubin enriquece o noso imaxinario colectivo. Non sabemos se a lenda da espada de Brandomés está inspirada nunha espada real da Idade do Bronce, medieval ou napoleónica ou se se basea nunha espada soñada non se sabe cando por alguén.

Mas nós gostamos de compartir soños e hoxe temos o privilexio de ollar as espadas que David Rubín imaxinou e fixo realidade no mundo da fantasía.

E así nós seguimos a construír realidade a partir dos soños, da imaxes e das palabras.

A cultura e a creatividade fannos libres. Graciñas, David, por compartir con nós a túa fantasía e o teu traballo.


Por certo, se queredes coñecer un pouco máis a David, podedes ler esta entrevista interesantísima en praza.com de onde tiramos este anaco:

Pódese vivir disto en Galicia?

En Galicia e dende Galicia, si. Para Galicia? Non, imposible. Hai moita xente aquí que vive disto, o truco está en ir publicando as obras en varios países. Publicas en España e despois noutros sitios. E intentas publicar en galego, que non é fácil. Por desgraza, os dereitos das miñas obras están libres para o galego. Só precisa que un editor decida mercalos e producilos en Galicia. E non teño ofertas.


Ben, vamos coas espadas!

Comezamos por unhas espadas con moita historia porque aparecen nun número da mítica revista Golfiño no ano 2002!!!



David tardou menos de 24 horas en deseñar Corazón de Tormentas, nunha actividade organizada pola Casa da Xuventude de Ourense. O desafío era crear un cómic de 24 páxinas en 24 horas: escribilo, debuxalo, entintalo... O resultado, ademais de ter espadas como a de abaixo, é asombroso.





E aquí podedes ollar outras tres espadas de David para o mercado do estado español, de "Cuaderno de Tormentas", "El circo del desaliento" e
"La tetería del oso malayo"







David publicou en Italia unha versión de "Romeo & Giulietta" que, como vedes, leva espada xa na capa do libro...



Aquí abaixo vedes a Heracles, un Heroe que coñecemos en dous volumes que vos van flipar se tedes a sorte de abrir as súas páxinas. A súa espada chega a romper, aínda que a boa xente ao final sempre dá cun ferreiro amigo que constrúe outra boa arma para nos protexer dos perigos do mundo...



Aquí abaixo podedes ver unha páxina de "Las tripas del heroe", o libro no que David publicou os deseños a lápiz que antecederon aos deseños entintados e coloreados do libro primeiro sobre Heracles. Podedes comparar a mesma páxina antes e depois...






E finalmente, tachán!, Beowulf, un libro que che treme nas mans pola intensidade da violéncia, onde sentes latexar o corazón de varios monstros e que corta a túa respiración como as súas espadas cortan a carne de dragón. Abaixo, a espada de Beowulf en dous momentos desta historia inspirada no poema co que nace a literatura inglesa. Ten coidado e non te manches de sangue co deseño de abaixo.




Nos últimos 8 anos David Rubín publicou 11 libros de banda deseñada. Iso quere dicir que estamos diante dun traballador nato. Ademais, estes libros son algúns dos nosos mellores libros. David tamén dirixiu un filme de animación, O espírito do bosque. A súa obra foi traducida a várias línguas. David pasou polos máis importantes salóns de banda deseñada europeos e actualmente está a preparar o libro de banda deseñada "The Rise of Aurora West" para o mercado norteamericano.

Nós queremos compartir de vez en cando o seu camiño. Estamos con el!

Aquí podedes ollar o taboleiro do Clube da Lingua no noso instituto con... "As espadas de David Rubín"





Anmigos, amigas, a ler banda deseñada!
A ler banda deseñada galega!
E xa sabedes: todas e todos a apoiar a banda deseñada en galego!
Tes moito que gañar.

Comentarios (17) - Categoría: Actualidade - Publicado o 05-03-2014 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
É isto unha mámoa?


Botádelle un ollo ao vídeo!

Alguén sabe se isto é unha mámoa? O alumno Xosé Rivas Vieitez, do IES Marco do Camballón, lévanos de paseo a San Pedro de Losón, coñecer un estraño conxunto pétreo. Admítense comentarios!
Comentarios (18) - Categoría: Actualidade - Publicado o 28-02-2014 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
O meu tesouro


Ola, son Marcos Barcala, un colega do IES Marco do Camballón.

Estaba un día nuboso moi aburrido e veume a gana de ir ata a beira do río Ulla. Vedes o que teño na man?





Cóntovos: Na beira do río, nun camiño pequeno e cheo de toxos e silvas, atopei esta peza de ferro, e quedei abraiado.



De casualidade, esa semana fomos de excursión ao Museo de Pontevedra e deixeilles ás arqueólogas a peza para que a examinaran. Aquí vedes as científicas examinando no laboratorio.




Agora podedes ver como estas científicas estudan o obxecto.



Helena, a nosa guía no Museo, cóntanos como as expertas lle explicaran que o obxecto era moi pesado e non estaba tan degradado como para ser da Idade do Ferro. E que era un cravo.



Aquí podededes ver o meu tesouro nas mans de Helena.



Eu gardei o tesouro, porque para min é unha peza de moito valor.
Comentarios (16) - Categoría: Actualidade - Publicado o 28-02-2014 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Vamos falar á Universidade!


O IES Marco do Camballón foi convidado pola facultade de Historia de Ourense para falar do Proxecto Mámoas - Palabras de Pedra.

Irán Séchu Sende, profesor do centro, Víctor García, ex alumno e estudiante de historia, e Tania Plaza, alumna de 3ºESO.

Aquí podedes ver o evento no Facebook: A Historia no Medio
Comentarios (18) - Categoría: Actualidade - Publicado o 28-02-2014 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Contestáronnos do Museo de Pontevedra (2)
Ola, somos Inma e Uxía e esta foi a segunda resposta que nos chegou do Museo de Pontevedra, despois da primeira, en resposta á nosa reclamación sobre a punta de lanza da Brandariz .


"Bo día,

A través das palabras do arqueólogo do Museo, Antonio de la Peña, douvos primeiramente as grazas pola información e en segundo lugar, pídovos desculpas por este erro que, como poderedes ver no documento adxunto, debeuse a que, no Libro de Rexistro no que figura o asento de ingreso de dita peza, no seu día foi recollida como orixinal de Brandariz de Silleda.

Descúlpase persoalmente por non terse percatado deste erro trala no artigo que, sobre dita peza, foi publicado no Boletín Auriense. Na súa vontade está corrixir este erro o antes posible, algo que non depende exclusivamente de el e moito menos de nós. A dirección xa está ó tanto deste asunto e en canto sexa posible enviarase a fotografía coa corrección pertinente.

Atentamente,

Paula Tilve Otero"


Aquí podemos ver a foto da entrada da peza no rexistro no Museo de Pontevedra que nos envía Paula:



Se clicades na foto podedes ampliala.

Moitas grazas a Paula e a Antonio de la Peña, doo Museo de Pontevedra. Nós seguimos esperando a que corrixan o erro e que nos envíen a foto que o demostre.



Comentarios (17) - Categoría: Actualidade - Publicado o 28-02-2014 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Falamos con Rosalía!


Comentarios (18) - Categoría: Actualidade - Publicado o 26-02-2014 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
A lenda da espada de Xermade!






Un dos nosos colaboradores, o arqueólogo Marcial Tenreiro, acaba de nos informar dunha lenda que pertence á familia das lendas con espada e rio.

Isto é o que nos conta Marcial:



Por outro lado justo agora que vejo o vosso e-mail precisamente ia escrever-vos para falar-vos duma lenda galega na que também aparece uma espada (neste caso um sabre) vinculada a um rio.

O caso foi outra dessas casualidades curiosas que nos deixa o destino de vez em quando. Resulta que estava onte a falar coa minha moça, Judit, e comentando precisamente o tema das espadas diz-me algo sobre mouras desencantadas a espadaços numa lenda do seu povo (Germade, Lugo)e..., em fim, acende-se-me a luzecinha e tiro-lhe do fio, e ela diz-me: “Deixa que busco a referencia” E eu intrigado, “Como que está publicado?” E para seguir coa minha surpresa vai e diz-me “Pero se a espada parece que sae do rio!”

Da-se ademais outra casualidade pois essa lenda foi recolhida dentro de um projeto semelhante ao que estades a levar vós a cabo, que figeram no colégio da minha moça quando ela era uma nena (e no que participara como muitos dos nenos da sua idade) recolhendo etnografia dos país, avos...

Daquilo que sucedeu há 20 anos saira um livro “Xermade, o Meu Pobo” que editaram daquela e que lhe deram como presente a todos os nenos e nenas que colaboraram naquele projeto, entre eles à minha Judit.

Deixo-che aqui, com a vénia da minha namorada, a lenda transcrita em base a foto que me mandou ontem pela noite da página do livro na que figurava:


“Pena do encanto: Dise que unha rapaza aparecía alí polas mañás dando de comer a uns pitiños e un rapaz achegóuselle. Ela díxolle que estaba encantada e para desencatala tiña que ir alí o día de San Xoán e coller unha pedriña e tirala ó río.

Ela aparecía en forma de serpe e para desencantala debíalle de cortar a cabeza dunha soa vez cun sabre que aí aparecía. O rapaz prometeu axudala se despois ela casaba con el. O día de San Xoán o rapaz foi á Pena do Encanto. E ó tirar a pedra ó río, apareceu o sabre. Despois apareceu a serpe. Pero como era enorme, o rapaz tivo medo. A rapaza, moi triste, marchou ó mar convertida en serpe para sempre”


AAVV: Xermade, o meu pobo. Xunta de Galicia, Santiago, 1994 ISBN: 84-453-1169-7 p. 162


O livro foi resultado de uma Campanha de Fomento da Leitura entre o lunado de 2ª etapa de EXB (curso 1993-94) do Colégio Público de Germade, que fora coordenado pelas professoras Modesta Novo Muinelo e Águeda Fraga Pita.


A Lenda em concreto foi recolhida na paróquia de Momam.
Comentarios (17) - Categoría: Actualidade - Publicado o 24-02-2014 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
As lendas de Brandomés





Como sabedes, estamos a elaborar un Mapa dos Tesouros das lendas de Vila de Cruces!

É un traballo de recollida de tradición oral no que participamos os Equipos de Normalización dos colexios de Vila de Cruces, Cerdeiriñas-Piloño e Merza, ademais do IES Marco do Camballón.

Nas últimas semanas estivemos a traballar sobre a lenda da espada de Brandomés. Mais esa non é a única historia sobre tesouros que recollemos en Brandomés: en total Brandomés, que saibamos, garda 4 tesouros! Así que aquí deixamos a transcrición desa e doutras lendas de Brandomés recollidas e transcritas directamente por Carina Puga en conversa con seu avó, José María Puga Fernández e súa avoa Rosalía Tato Fernández.

A lenda da espada:

"En Brandomés hai no río unha espada metida no río, din que o máis probrable é que estea en sitios donde a corriente non estea... como, por exemplo un deses tres sitios é o Pozo dos Peres (noutro momento fala do lugar d´O Tesouro) Pensan que a espada como pasou tanto tempo xa non está alí, xa que sospeitan que a levaron, pero outros tamén pensan que como pasou tanto tempo a espada pode estar a algúns metros baixo a terra polas follas que se foron xuntando durante tantos anos que pasaron desde que a tiraron ao río."


O tesouro de Brandomés:

"O tesouro en Brandomés está no cabo da agra de Vales, alí hai un castro, e nese castro está o tesouro, (ouro). Outro tesouro haino indo cara a Millorás, pero dixéronme que a ese tesouro xa lle levaran o ouro e que só lle queda cobre"

A campá de ouro no río:

"Nun pozo chamado Pozo dos Peres decían que había unha campana de ouro"

O ouro enterrado:

"Indo cara o rio, en Brandomés, hai un trozo de terreo que está cerrado por un valo e aí é donde encerraban aos cabalos os do .............. ? e alí hai unhas poucas pedras que lle quedan, xa que co paso do tempo se foi deteriorando e xa case non queda nada. Alí din que hai persoas enterradas e que hai ouro, moito ouro"

Comentarios (17) - Categoría: Actualidade - Publicado o 24-02-2014 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador grátis