Palabras de Pedra


O blogue, cultural e divertido de Palabras de Pedra / Proxecto Mámoas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces Este proxecto foi recoñecido cun Premio á Innovación no Fomento da Lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Projeto Regueifesta


O Projeto Regueifesta é umha aventura expansiva.

É fruto da associaçom do IES de Baio mais o IES de Vila de Cruzes. E aqui começa umha odiseia!




O IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces, e o IES Maximino Romero, de Baio, presentamos o dia 5 de novembro, ás 18.00, en Santiago de Compostela, o “Proxecto Regueifesta”, dentro das Xornadas de Tradición Oral da Biblioteca Anxo Casal.

O Proxecto Regueifesta ten como obxectivo a creación dun proceso innovador de participación da Comunidade Escolar no coñecemento, valoración e práctica da regueifa como impulso de normalización linguística.



A regueifa, forma tradicional de improvisación oral, ten un importante potencial lúdico e unha alta capacidade para desenvolver habilidades linguísticas, musicais, comunicativas e sociais.

Esta forma tradicional do noso patrimonio inmaterial, chegou a nós grazas á transmisión oral. Este proxecto pretende activar e difundir a regueifa entre a xente nova, mediante un proceso de participación sociocultural, interxeracional e interterritorial a través das novas tecnoloxías.







Regueifesta conta co apoio das regueifeiras Alba Maria e Sara Marchena, que proveñen do Certame de Regueifas de Valadares, organizado pola asociación ORAL que leva máis de sete anos dinamizando a regueifa entre a mocidade de Vigo, apoiado polo servizo de normalización da lingua do Concello olívico.

Ademais, Regueifesta ten unha madrinha e un padriño mui especiais: Aurora de Baio, regueifeira de 102 anos e Xairo de Herbón, regueifeiro de 11 anos. Que sorte temos!

O Proxecto Regueifesta pretende crear un proceso de carácter autoxestionado e participativo no que a regueifa sexa un estímulo para vivir as relacións persoais -especialmente no tempo de ocio- en galego, con normalidade, e vincular a nosa lingua con novas tendencias e novas tecnoloxias, co uso central das redes sociais das adolescentes.

Regueifesta quere visualizar a mocidade como un motor creador de cultura, identidade e festa na nosa lingua e coa nosa música.

O lema Regueifesta fai visíbel que no proceso de normalización do noso idioma é fundamental activar o carácter lúdico e festivo do proceso de intervención crítica para a transformación social, porque o lúdico é un importante estímulo da participación colectiva.




O Proxecto Regueifesta, alén do obxectivo de normalización da lingua, desenvolve outras competencias educativas de interese: música, literatura, igualdade de xénero, interculturalidade, coñecemento do medio...

O proxecto desenvolverase a través dunha dinámica cotiá no uso das redes sociais no proceso desocialización. A maiores tamén están programadas outras actividades como: unha excursión a Euskal Herria para coñecer o Bertsolarismo de primeira man (a improvisación oral basca); un Congreso de Formación para docentes, pais e nais no mes das Letras ou unha Festa final do Proxecto, elaboración dematerial divulgativo de carácter didáctico e un documental entre outras actividades.
















Comentarios (10) - Categoría: Actualidade - Publicado o 08-11-2015 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 O Projeto Regueifesta é umha aventura expansiva.

É fruto da associaç#blgtk08#om do IES de Baio mais o IES de Vila de Cruzes. E aqui começa umha odiseia!
Comentario por http://www.les4-vents.fr (10-12-2015 08:33)
2 Nós, nos menus de configuraçã#blgtk08#o, escolhemos OPÇÃO PORTUGUÊS
Comentario por http://www.maladies-chroniques.fr (19-12-2015 04:25)
3 Porque Eva chegou de Andalucia e ao po#blgtk08#uco já começou a falar a nossa língua.
Comentario por http://www.kodiak-footus.fr (21-12-2015 08:51)
4 E son moitos os libros e exposicións a niv#blgtk08#el mundial que se interesan por este tema.
Comentario por http://www.bellerive-restaurant.fr (08-03-2016 03:36)
5 Tattoos da Galiza#blgtk08#: 2º convocatória!
Comentario por http://www.mourninsilence.it (15-03-2016 03:15)
6 Este concurso non ten como fin#blgtk08#alidade que a xente se tatúe.
Comentario por victoria secret uk (02-04-2016 05:14)
7 E gracinhas a Elba, papparacci!E#blgtk08# gracinhas a Ángel, polo trator!
Comentario por http://www.creastylescoiffure.fr (14-04-2016 05:48)
8 Outro objetivo é promover valores de igualdade e um processo de reflxiom para a educaçom #blgtk08#nom sexista, criticando as dinámicas que cousificam as mulheres no mundo da moda.
Comentario por http://www.namamaste.fr (02-06-2016 10:56)
9 Desde hai varias décadas a tatuaxe g#blgtk08#añou sona como expresión artística.
Comentario por http://www.handifanclubom.fr (02-08-2016 03:14)
10 s - Palabras#blgtk08# de Pedra.
Comentario por victoria secret uk (13-08-2016 03:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador grátis