Palabras de Pedra


O blogue, cultural e divertido de Palabras de Pedra / Proxecto Mámoas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces Este proxecto foi recoñecido cun Premio á Innovación no Fomento da Lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comezando o camiño no audiovisual: Nerea, Vítor, Juan, parabéns!
Nerea Fiúza, Vítor Pinheiro e Juan Salgado veñen de compartir na rede social un programa piloto realizado na Escola como traballo académico...

Un programa no que se ve o substrato da participación no activismo cultural e lingüístico das Cruces dos tres colaboradores do Clube da Lingua nalgunha das seccións. A entrevista a Bocixa, cantante de Zenzar, un dos emblemas do festival de rock en galego das Cruces.




Nerea Fiúza e Juan Salgado escribiron sobre a súa experiencia neste proxecto para o Clube da Lingua. Graciñas polas vosas palabras!





1. Nerea Fiuza Mosquera fala-nos do projeto audiovisual "Coruña Bizarra":

Que foi/é Coruña Bizarra?

Coruña Bizarra podería ser un traballo máis da carreira de Comunicación Audiovisual que estudo na Universidade da Coruña, mais durante dous meses case tres, foi O TRABALLO. Trátase dun magazine para as materias de Produción e Organización Audiovisual e Realización Audiovisual. Foi case coma parir un fillo!
Desde o momento no que decidín ser a produtora tiven claro que quería facer un programa en galego. Ao longo da carreira sempre intentei que os meus traballos fosen en galego, pois paréceme importante que a nosa lingua teña presenza nas universidades.

Podedes crer que de trinta profesores que tiven só dous imparten as clases en galego? E do alumnado, dun total de 50 persoas que somos no meu curso, só catro falamos galego. Como comprenderedes, facelo en galego tamén ía ser un xeito de crear a diferenza co noso programa, e o meu equipo accedeu ao instante. Ademais, no momento no que me dixeron que si, que o faríamos en galego, xa pensei en Vitor e Juan. Ensineilles as súas Entrevistas na Bañeira aos compañeiros e a Finocha, a profe de Produción, e parecéronlles perfectos.

Na primeira tormenta de ideas que fixemos saíu o tema do humor negro porque algúns do grupo como Juan, Alejandra, Antón ou Marta son moito de chistes deste estilo. Da súa boca comezaron a saír auténticas barbaridades e démonos conta de que a grande inspiración para nós era Cañita Brava! De todo isto saíu a reportaxe de humor negro e a cabeceira da sección de Alejandra que naceu dun dos chistes máis grotescos que escoitei na miña vida e que contou o noso cámara e grafista Antón: “ En Coruña la madera no flota”. Non o vou explicar porque pode ferir moitas sensibilidades.

Ademais destas cousas, nun primeiro momento quixemos facer reportaxes moito máis arriscadas, con cámaras ocultas. Tiñamos pensada unha dun matrimonio de anciáns de Ferrol que para animar a súa vida sexual, busca a xente pola rede coa que gravar películas porno caseiras. Ao final, e sen que houbese ningún tipo de censura, decidimos suavizalo un pouco. En realidade foi que non nos ía prestar nada gravar escenas da parella de anciáns de Ferrol.

Isabel Risco e Xosé Bocixa foron desde un primeiro momento as miñas opcións para a entrevista. Quería a alguén do mundo da música ou do audiovisual que tivese unha clara unión coa nosa lingua e o noso país. Isabel non puido vir porque tiña gravación da serie Era Visto ese venres, mais Bocixa accedeu ao instante.

Foi incrible como se prestou para todo o que necesitaramos, cedeunos moitísimo material do seu traballo no audiovisual, de feito vin en primicia o seu videoclip Cortinas; e foi quen de aturar a “encerrona” na que o metemos en directo. Pillámolo despistado, mais soubo saír do apuro á perfección. Ademais, trouxo con el á súa pequena Saínza que se portou xenial e encheu o plató de ilusión e inocencia. Mil grazas Bocixa.

Sen darme conta, o Novo Cruceiro Rock, do que formo parte, deixou unha gran pegada neste traballo. Presentadores, entrevistado, grupos do xogo de adiviñar de Bocixa... todos eles forman parte dese festival no que tanto cariño e empeño poñemos o grupo de persoas que formamos a A.C.Novo Cruceiro, e sen ser consciente, leveino ata a facultade.

Another Piece of my cat, o grupo coruñés formado por Toño e Sara, compañeira de facultade, foron os encargados de pechar o noso programa coa súa versionzaza dos Red Hot. Igual non debería contar isto, pero schhh!! A actuación era playback mais Sara decidiu darnos un concertazo en acústico e vivimos en directo a maxia da súa fermosa voz.

En definitiva, Coruña Bizarra foi un auténtico traballo de equipo que nos ensinou a traballar con xente coa que non traballaramos nunca, moitos de nós aínda non coincidiramos nunca na carreira e parte do equipo era mexicano. Aprendemos o que é a tensión dun traballo en directo. Coruña Bizarra foi, é e será cada un/unha de nós. Aprobemos ou non este traballo, eu sempre estarei orgullosa do que fixemos.




2. Juan Salgado Taboada fala para o Clube da Língua de "Coruña Bizarra"


Coruña Bizarra

A multimedia galega ao longo dos anos sempre estivo acompañada dunha manta de calidade grosa, desas que che poñía túa nai nas noites de xeada de febreiro para que durmises no alento do calor, e isto non pasa desapercibido. Series dobradas a múltiples idiomas que viaxan polo mundo, filmes tombando críticas, ou simplemente proxectos persoais (ou realizados por un colectivo reducido) que, a pesar de non ter a repercusión ou transmisión que deberían, quedan iluminados por esta luz e marca da casa.

Nesta última categoría podemos incluír o Coruña Bizarra, un proxecto realizado por alumnos e alumnas de Comunicación Audiovisual no que pretendían empregar a sátira como método para un programa de humor, e vaia se o conseguiron.

A miña aventura comeza cunha chamada por parte da produtora (Nerea) na cal me propón facer de presentador xunto ao meu compañeiro de batallas risadas (Vítor) nun proxecto que andan a facer e que levará como título Coruña Bizarra. Xa nos vira traballar xuntos nas nosas “paranoias”, xa nos coñecía de sobra e xa sabía co que se ía atopar, así que baixo a súa responsabilidade, accedemos a dar o mellor de nós.

Certo é que pola miña parte fun algo enganado, porque sempre me apoiei no “extravertismo”, na seguridade e na afouteza de Vítor para saír airoso de calquera situación no relacionado ao falar diante dun público, mais o que non sabía eu é que tería que estar só, diante das cámaras e das cercas de vinte persoas que traballaban neste proxecto, exercendo de presentador.

Xa era tarde para botarse atrás, ía ser a primeira vez que facía tal cousa e temía polos meus nervios (máis dunha vez me teñen xogado malas pasadas), mais Nerea nunca dubidou, quizais fose unha estratexia súa para manterme calmo, mais o certo é que sempre notei (e notamos) a súa confianza plena cara a nós.

Non o vamos negar, Vítor mais eu iamos ilusionados, mais ao entrar no plató esa ilusión reapareceu nos ollos do resto do equipo. Realizadores, técnicos de son, guionistas, cámaras... todos e todas se movían como as notas nunha partitura para rematar a peza, unha peza que debía gustar. Unha peza que finalmente rematamos e que podedes observar.

Quizais non alcance moita repercusión, quizais tivésemos erros, mais o que ninguén pode negar é que o simple feito de realizar un proxecto (case na súa plenitude no noso idioma), creado por xente de aquí e desprendendo tanta ilusión, non deixa de ser un indicativo claro que a multimedia galega estivo de moda, está de moda e estará de moda por moitos anos.

Porque, como dixen, a calidade non pasa desapercibida.

Juan Salgado Taboada
Comentarios (14) - Categoría: Actualidade - Publicado o 10-03-2015 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 Porque, como dixen, a calid#blgtk08#ade non pasa desapercibida.
Comentario por tag heuer replica sale (10-04-2015 07:44)
2
Nerea Fiúza e Juan Salgado escribiron sobre a súa experiencia #blgtk08#neste proxecto para o Clube da Lingua. Graciñas polas vosas palabras!
Comentario por http://www.galerieaupasseur.fr (04-08-2015 03:41)
3 Devolvéndonos a visita, a xente do IES de Baio achegouse a Vila de Cruces e xunt@s pasamos un día #blgtk08#ben entretido, a compartir palabras, patrimonio, música, polbo e contos. Que ben se aprende así!
Comentario por http://www.skyblueparachutisme.fr (22-08-2015 10:54)
4 diversidade está o motor dos procesos socioc#blgtk08#ulturais e de participación social.
Comentario por http://www.robocop-film.fr (08-09-2015 04:30)
5 Iria, a recolher um presente por pa#blgtk08#rte da organizaçom do Correlíngua!
Comentario por http://www.adeosys-data-backup.fr (02-11-2015 03:08)
6 Segundo o Clube da Lingua, “a redescoberta deste filme, producido en 1988, e que fora premiado no Festival de Cine Afeccionado de Vilagarcía, ten moita trascendencia para nós #blgtk08#pola importancia que ten descubrir que no noso concello houbo un movemento audiovisual en galego, con moita participación daquela xeración de xente nova e moita creatividade.”
Comentario por http://www.immobilierrhonealpes.fr (10-12-2015 08:30)
7 Nós, nos menus de configuraçã#blgtk08#o, escolhemos OPÇÃO PORTUGUÊS
Comentario por http://www.quad-quads-quad.fr (19-12-2015 04:25)
8 Porque Eva chegou de Andalucia e ao po#blgtk08#uco já começou a falar a nossa língua.
Comentario por http://www.r-e-v-i.fr (21-12-2015 08:51)
9 A actuación era playback mais Sara decidiu darnos un concertaz#blgtk08#o en acústico e vivimos en directo a maxia da súa fermosa voz.
Comentario por victoria secret uk (08-03-2016 03:24)
10 festival de rock en gal#blgtk08#ego das Cruces.
Comentario por http://www.ecquants.fr (15-03-2016 03:24)
11 Non o vou explicar porque pode#blgtk08# ferir moitas sensibilidades.
Comentario por http://www.lestribusdu13.fr (02-04-2016 05:22)
12 Porque, como dixen, a calid#blgtk08#ade non pasa desapercibida.
Comentario por http://www.ecquants.fr (14-04-2016 05:52)
13 E aqui estamos a regueifar: polo Clube da Língua, Vicente, Raquel, Iria, Séchu... e, desde o col#blgtk08#e, dando canha tamém, a profe Paz. E Denis nom puido estrear-se porque lhe doia a cabecinha...
Comentario por http://www.agripopchize.fr (02-06-2016 10:52)
14 Non o vou explicar porque pod#blgtk08#e ferir moitas sensibilidades.
Comentario por http://www.lesprit-design40.fr (02-08-2016 03:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador grátis