Palabras de Pedra


O blogue, cultural e divertido de Palabras de Pedra / Proxecto Mámoas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces Este proxecto foi recoñecido cun Premio á Innovación no Fomento da Lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Monte das Covas
O Clube da Lingua, en colaboración co Equipo de Investigación e Divulgación Arqueolóxica "Pescudas", e coa axuda de varias veciñas e veciños de Vila de Cruces, leva varias semanas botado ao monte.

Desde que o ano pasado coñecemos as lendas do Monte das Covas, que forma parte do noso "Mapa dos tesouros das lendas de Vila de Cruces", sentímonos atraídos polas covas das que tanta xente falaba: que se comunican co lugar de Covas de Carbia; que se chegan até Merza; que se están unidas baixo terra con todas as parroquias de Vila de Cruces... Tamén se falaba de tesouros e mesmo escoitamos que houbera xente que destruíra con máquinas excavadoras algunhas delas hai anos.

Así que nos botamos ao monte! Nas últimas semanas estivemos a facer traballo de campo: por un lado, abrindo caminho, fouciño en man; por outro, falando con veciñas e veciños, con moitísima curiosidade.

Aquí vos deixamos unhas fotos. Levamos catro semanas de pescudas e estamos achando cousas moi, moi, moi interesantes que axiña compartiremos con vós.

Realmente é emocionante ir descubrindo, falando coa xente, o grande valor do patrimonio do noso concello. E ir descubrindo, ao mesmo tempo, o valor do traballo cultural que desenvolveu moita xente ao longo da historia de Vila de Cruces.

Seguiremos informando... ;) Preparádevos para unha nova aventura do Clube da Lingua na que moita, moita, moita xente vai participar...

...e para unha grande sorpresa moi, moi relacionada coa nosa lingua, o audiovisual e os alegres anos da década de 1980...

As fotos: diferentes momentos das incursións no Monte das Covas. Xa vos pica a curiosidade? ;)























Comentarios (12) - Categoría: Actualidade - Publicado o 09-12-2014 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 As fotos: diferentes momentos das incursións no#blgtk08# Monte das Covas. Xa vos pica a curiosidade? ;)
Comentario por http://www.brasserieborgeot.fr (04-08-2015 03:39)
2 Devolvéndonos a visita, a xente do IES de Baio achegouse a Vila de Cruces e xunt@s pasamos un día #blgtk08#ben entretido, a compartir palabras, patrimonio, música, polbo e contos. Que ben se aprende así!
Comentario por http://www.valbuena.fr (22-08-2015 10:54)
3 Iria, a recolher um presente por pa#blgtk08#rte da organizaçom do Correlíngua!
Comentario por http://www.hordedescenturions.fr (02-11-2015 03:08)
4 Segundo o Clube da Lingua, “a redescoberta deste filme, producido en 1988, e que fora premiado no Festival de Cine Afeccionado de Vilagarcía, ten moita trascendencia para nós #blgtk08#pola importancia que ten descubrir que no noso concello houbo un movemento audiovisual en galego, con moita participación daquela xeración de xente nova e moita creatividade.”
Comentario por http://www.lagrenouillere-frise.fr (10-12-2015 08:29)
5 Nós, nos menus de configuraçã#blgtk08#o, escolhemos OPÇÃO PORTUGUÊS
Comentario por http://www.ecquants.fr (19-12-2015 04:27)
6 Así que nos bot#blgtk08#amos ao monte!
Comentario por http://www.lestribusdu13.fr (21-12-2015 08:59)
7 Así que nos bot#blgtk08#amos ao monte!
Comentario por victoria secret uk (08-03-2016 03:28)
8 festival de rock en gal#blgtk08#ego das Cruces.
Comentario por http://www.ce2008clermont.fr (15-03-2016 03:24)
9 Non o vou explicar porque pode#blgtk08# ferir moitas sensibilidades.
Comentario por http://www.aa31.fr (02-04-2016 05:22)
10 Porque, como dixen, a calid#blgtk08#ade non pasa desapercibida.
Comentario por http://www.ce2008clermont.fr (14-04-2016 05:52)
11 Segundo o Clube da Lingua, “a redescoberta deste filme, producido en 1988, e que fora premiado no Festival de Cine Afeccionado de Vilaga#blgtk08#rcía, ten moita trascendencia para nós pola importancia que ten descubrir que no noso concello houbo un movemento audiovisual en galego
Comentario por http://www.hamac-parachute.fr (02-06-2016 11:09)
12 Non o vou explicar porque pod#blgtk08#e ferir moitas sensibilidades.
Comentario por http://www.camping-lescouchants.fr (02-08-2016 03:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador grátis