Palabras de Pedra


O blogue, cultural e divertido de Palabras de Pedra / Proxecto Mámoas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces Este proxecto foi recoñecido cun Premio á Innovación no Fomento da Lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Crónica da Festa das Mámoas


Vedes toda esta xente? Pois na Festa das Mámoas que tivo lugar en Oirós, Vila de Cruces, aínda houbo máis. Esta xente que vedes aí xuntouse para saír na foto ao lado da mámoa nº 1, durante a visita que fixemos con Xosé Carlos Sierra, o arqueólogo que dirixiu a excavación do Camballón nos anos 70.

Aquí podedes ollar veciñanza de Oirós e de Vila de Cruces, profes e alumnado do IES Marco do Camballón, xente do mundo da arqueoloxía, xente curiosa, persoas colaboradoras co proxecto... Xente diversa. Porque na diversidade está o motor dos procesos socioculturais e de participación social.

Aquí está a crónica da "I Festa das Mámoas"!



Eis o pregoeiro da "Festa das Mámoas", Ramón Taboada, acompañado por Marifé, presidenta da AAVV de Oirós e mais por Carmé, profe no IES Marco do Camballón.



Don Ramón ofreceunos un pregón cheo de sabedoría e emoción, inzado dos verdadeiros valores da vida. E falou da nosa lingua como un dos piares fundamentais da nosa identidade.



Vítor García Pinheiro, en representación da A.C. Novo Cruceiro, presentou o acto de homenaxe a Nicolás Alvarellos. Ao coñecer a súa figura podemos comprender mellor por que hoxe a veciñanza de Oirós lle ten tanto aprezo e valora o seu patrimonio como parte da súa riqueza persoal e colectiva.





Na Homenaxe a Nicolás Alvarellos participaron Xosé Carlos Sierra, director do Museo Etnográfico de Ribadavia e director das excavacións do Camballón nos anos 70 do pasado século; Julio Cacheda, que traballou cando era un rapaz no que foi a primeira excavación da arqueoloxía galega moderna; e mais Niko Alvarellos, editor, que fixo un achegamento persoal e afectivo á figura de seu tio Don Nicolás, salientando a súa sensibilidade co traballo colectivo e a cultura propia.





Xente de Oirós, de Vila de Cruces, e outra xente que se achegou interesada, -especialmente profesionais da arqueoloxía, como Pablo Vázquez Liz, Iñaki Vilaseco (arqueólogo na Deputación Provincial de Pontevedra), ou Mº José Bóveda Fernández, arqueóloga no Castelo da Rocha Forte -, encheron o local social.



De azul, Alfredo Seara, que participou nas excavacións dos anos 70, e que compartiu con nós algunhas historias daquela época.



E tamén participou Vázquez Urquiaga, que tamén fixo arqueoloxía na excavación do Camballón e lembrou algunhas aventuras daqueles tempos nos que eran xente moza.



E Marcelino!



Marcelino lembrou sorrindo moito, con emoción, o dia que lle deixou unha marca, co seu pico, a unha das vasillas que apareceron nunha das mámoas.



Logo fixemos o lanzamento mundial do "Mapa dos Tesouros das Lendas de Vila de Cruces" e aquí tedes a Carlos Porral, antropólogo, que nos falou da importancia dos tesouros para a configuración da nosa identidade e do noso imaxinario colectivo.



E este que ten a boca aberta con palabras a saír alegremente -aínda que non se poden ver na foto- é Celso Fernández Sanmartín. Celso, que tivo a idea do "Mapa dos Tesouros das Lendas de Vila de cruces", fixo marabillas coas súas palabras, como sempre, contándonos historias sobre os tesouros das nosas vidas.

Agora, aquí embaixo, podedes ollar algo nunca visto: Son fotos inéditas, nunca publicadas, que trouxo Xosé Carlos Sierra para compartir con nós. Estas fotos teñen máis de trinta anos! E son o grande tesouro que Sierra e mais todas e todos nós desenterramos na "Festa das Mámoas" do 2014.



E sabedes como se fixeron estas fotos aéreas? Porque, claro, daquela non existían as ftoso do "google earth"... Pois imaxinade aqueles arqueólogo noviños a inflar un globo con helio que ascendeu cunha cámara de fotos da época que, unha vez a moitos metros de altura, se disparaba grazas a un cable activado manualmente desde abaixo... Enxeñaría punta daquela época!



Aquí está Sierra, a explicar as súas diapositivas, que nós fotografamos para poder compartir agora na rede social.

















E aquí hai algo verdadeiramente extraordinario: uns gravados que apareceron na Mámoa nº 1, que logo veremos noutra foto actual, e que teñen forma serpentiforme. Tamén apareceu outro gravado con temática solar.





















Nesta foto podemos ollar a fenda que deixou o pico de Marcelino na vasilla cando estaba a cavar no xacemento.
















Sierra, a explicarse de forma áxil e amena e, sobre todo, emocionante.



Cando subimos ollar as mámoas, achegámonos á mámoa nº 1, que garda o único dolmen que hoxe está á vista, neste campo de 17 mámoas.



Pensabades que na prehistoria non existía o churrasco? Está comprobado científicamente! Pois si, e ademais, desta vez foi de polo! Ummm...



E aquí estamos a cear... Había que recuperar forças e prepararse para a proba física do día: subir onde as mámoas a camiñar.



Algunha da xente da Asociación Novo Cruceiro! Bravo por elas e eles!



Na sobremesa chegou o grupo de divulgación da astronomía: Salva, Olga e Lois. Apesar de que o ceo estaba cuberto, achegáronse desde Compostela, por se acaso o ceo abría e podiamos observar o firmamento Non puido ser! Aqui, na foto, Salva Bará, astrofísico da Universidade de Compostela, a falar con Séchu Sende, profe do IES Marco do Camballón.



O Grupo de Investigación e Divulgación Pescudas acompañounos todo o día, colaborando de forma xenerosa e fraterna. Graciñas!



Aquí estamos camiño das mámoas, nesa subida nocturna. Foron tres quilómetros costa arriba, cos fachos nas maos e as nubes a chuviñar de vez en cando.



Logo, sobre unha das medorras, fíxose unha pequena cerimonia, unha cerimonia moi, moi, moi pequena, que rematou cun berro colectivo!













....

Aqui podedes comparar dúas fotos da mámoa nº 1. Entre unha e outra hai máis de trinta anos de diferencia!



Unha foto das que trouxo Sierra, dos anos 70 do pasado século.



Unha foto do 20 de xuño de 2014, día da 1ª Festa das Mámoas.

Comentarios (16) - Categoría: Actualidade - Publicado o 23-06-2014 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
16 Comentario(s)
1 A portion of the Chanel Monogram perforated option easily-removed imitation leather tie, certainly embellished unsecured padlocks, finest zipper drawing a line under alternate#blgtk08# options within other exercises. Many people can come with silver metal electronic and feature fat-free pant pockets relating to the facade and additionally or possibly walls.
Comentario por rolex replica uk (09-07-2014 11:45)
2 the reason why Omega Seamaster View not obta#blgtk08#in a similar try to look for less expensive?
Comentario por louis vuitton replica (17-07-2014 06:02)
3 just like out-of-home video clip advertising #blgtk08#and marketing sites, to aid the other person.
Comentario por http://www.horsehackers.com (29-11-2014 03:05)
4 O nosso Mapa dos Tesouros das#blgtk08# Lendas de Vila de Cruzes em
Comentario por http://www.castellodiborgomasino.it (02-12-2014 04:43)
5 Enxeñaría punta daq#blgtk08#uela época!
Comentario por http://www.sosirradies31.fr (04-08-2015 03:33)
6 Aquí podedes ollar veciñanza de Oirós e de Vila de Cruces, profes e alumnado do IES Marco do Camballón, xente do mundo da arqueoloxía, xente curio#blgtk08#sa, persoas colaboradoras co proxecto... Xente diversa. Porque na diversidade está o motor dos procesos socioculturais e de participación social.
Comentario por http://www.intermediass.fr (22-08-2015 11:14)
7 diversidade está o motor dos procesos socioc#blgtk08#ulturais e de participación social.
Comentario por http://www.location-mer-bretagne.fr (08-09-2015 04:26)
8 Porque na diversidade está o motor dos proces#blgtk08#os socioculturais e de participación social.
Comentario por http://www.fitnrun.fr (02-11-2015 03:05)
9 A Festa das Mámoas ten como obxectivo principal poñer en valor a necrópole megalítica de Oirós, un conxunto de máis de quince mámoas qu#blgtk08#e foron obxecto da primeira excavación da arqueoloxía galega contemporánea, nos anos 70 do pásado século, e hoxe en estado de abandono.
Comentario por http://www.phenofinlait.fr (10-12-2015 09:06)
10 Nós, nos menus de configuraçã#blgtk08#o, escolhemos OPÇÃO PORTUGUÊS
Comentario por http://www.pocket-quad-enfant.fr (19-12-2015 04:28)
11 Así que nos bot#blgtk08#amos ao monte!
Comentario por http://www.bellerive-restaurant.fr (21-12-2015 08:59)
12 Así que nos bot#blgtk08#amos ao monte!
Comentario por http://www.photographe-sport.fr (08-03-2016 03:29)
13 festival de rock en gal#blgtk08#ego das Cruces.
Comentario por http://www.verdiemilano.it (15-03-2016 03:27)
14 Non o vou explicar porque pode#blgtk08# ferir moitas sensibilidades.
Comentario por http://www.onedayoneword.fr (02-04-2016 05:23)
15 Porque, como dixen, a calid#blgtk08#ade non pasa desapercibida.
Comentario por http://www.verdiemilano.it (14-04-2016 05:53)
16 Non o vou explicar porque pod#blgtk08#e ferir moitas sensibilidades.
Comentario por http://www.auberge-catalane.fr (02-08-2016 03:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador grátis