Palabras de Pedra


O blogue, cultural e divertido de Palabras de Pedra / Proxecto Mámoas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces Este proxecto foi recoñecido cun Premio á Innovación no Fomento da Lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Excursión ao Museo de Pontevedra


Rápida e intensa, a nosa visita ao Museo da Pontevedra. Os nosos obxectivos: coñecer mellor os obxectos arqueolóxicos relacionados coas Mámoas do Camballón e as espadas da Idade do Bronce e, tamén, aprender algo máis sobre a xente, as ideas e emocións que se poden atopar nos museos.

Tamén tiñamos curiosidade por ver se Pontevedra cheiraría a celulosa e... si.

Obxectivos cumpridos!

E agora podedes ver as fotos que trouxemos do Museo, un Museo que garda moita da historia de Galiza, desde o megalitismo até os dias de hoxe, pasando polos cadáveres da Lanzada e as cousas de Castelao.

1. Megalitismo: as mámoas de Oirós - Camballón:






A nosa guía, Helena, mostrounos cousas importantes sobre a construción das mámoas.



Iso todo apareceu en Vila de Cruces, no Camballón. É instrumental lítico tallado, (puntas de frecha, láminas, trapecios) e -que cousa bonita!- a famosa esfera de pedra pulida de Oirós, da mámoa nº 2, recollida en 1976. Fan-tás-ti-co!!!





Tamén achamos unha selección de xerras e de vasos de ancho bordo horizontal de cerámica lisa, recollidas nas excavacións arqueolóxicas que tiveron lugar no Camballón entre 1976 e 1978.


2. A Idade de Bronce:



Aquí podedes ver unha das máis antigas espadas de bronce da Galiza.



Poderia estar relacionada cunha espada da Idade do Bronce como estas a lenda da espada de Brandomés p? Ah! As lendas teñen esa capacidade para mesturar a realidade coa fantasía! E poden facer que soñemos cos ollos abertos...



E aquí, Helena a falar dalgunhas das máis coñecidas espadas de bronce galegas, entre as que están as que se atoparon na desembocadura do río Ulla.



Helena ten na man unha reconstrución moderna dun machado da Idade de Bronce. Eloi, coidadiño!



E aquí está o molde a partir do que se construiu ese machado. A "arqueoloxía experimental" ocúpase, entre outras cousas, de reelaborar obxectos baseándose nos obxectos das épocas pasadas.



Por ese burato adentro verquíase o bronce fundido.



Dous galegos daquela época...



Esta punta de lança ten historia...



É a punta de lanza de Brandariz, a número 10.

Ollo, isto é importante e temos que avisar dun erro do que inmediatamente informaremos ao Museo de Pontevedra:



Esa punta de lanza foi achada en Brandariz, no Brandariz de Vila de Cruces, e foi doazón de Rosalindo Balo. Na ficha podemos ler que sinala Brandariz - Silleda mais ese Brandariz é o das Cruces.

Sobre esta punta de lanza xa temos escrito neste blogue, sobre a aventura que protagonizaron un intrépido grupo de rapaces do noso instituto que foron en moto falar coa familia de Rosalindo. Podedes velo aquí: A aventura da punta de lanza de Brandariz!


3. Outras cousas interesantes!




Coñecemos deuses e deusas galaicas. Aquí está Ana cun deles!



E que vos parece este trisquel?



Tres mozas e unha deusa.



Aí estamos, unha parte do grupo con Helena, onde os petróglifos.



Ollade eses torques de ouro. Pois que saibades que daquela os homes gostaban de levar xoias e os torques eran das súas preferidas.



Por certo, conseguides ver unha esvástica gravada nesta pedra? Pois si, Hitler e os nazis copiaron o seu símbolo das esvásticas orixinais da prehistória que, segundo se di, existían na India hai milleiros de anos. Por certo esta pedra é unha ara da Gallaecia romana na honra do deus Vestius Aloniecus.



Sabedes quen é esta muller?



Unha arqueóloga a traballar no laboratorio do Museo de Pontevedra.


Por certo, moitísimas grazas ás traballadoras e traballadores do Museo de Pontevedra, especialmente a Noa e Helena, as nosas guías, pola súa profesionalidade e atención.
Comentarios (14) - Categoría: Actualidade - Publicado o 13-02-2014 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 just like out-of-home video clip advertising #blgtk08#and marketing sites, to aid the other person.
Comentario por http://www.autrefoislepellerin.fr (29-11-2014 03:19)
2 Estaba un día nuboso moi aburrido e veume a gana de ir a#blgtk08#ta a beira do río Ulla. Vedes o que teño na man?
Comentario por http://www.ludovicblaisin.fr (02-12-2014 04:59)
3 Á parte, a lenda da espada de Brandomés está a correr de tec#blgtk08#lado en teclado polas redes sociais. E a aventura continúa!
Comentario por http://www.hotel-bananas.fr (22-08-2015 11:04)
4 alí acontecera fai mi#blgtk08#les de anos.
Comentario por http://www.fnaim-loire-atlantique.fr (08-09-2015 04:38)
5 Outro tesouro haino indo cara a Millorás, pero dixéronme que #blgtk08#a ese tesouro xa lle levaran o ouro e que só lle queda cobre"
Comentario por Vans Chaussures Femme (02-11-2015 03:27)
6 Nós, nos menus de configuraçã#blgtk08#o, escolhemos OPÇÃO PORTUGUÊS
Comentario por victoria secret uk (19-12-2015 04:38)
7 Ah! As lendas teñen esa capacidade pa#blgtk08#ra mesturar a realidade coa fantasía!
Comentario por http://www.selmineevents.fr (21-12-2015 09:18)
8 Gustaríanos que nos enviasen unha foto co#blgtk08#a modificación da ficha, se fan o favor.
Comentario por http://www.spaansinterieurbouw.nl (08-03-2016 04:01)
9 festival de rock en gal#blgtk08#ego das Cruces.
Comentario por victoria secret uk (15-03-2016 03:34)
10 Som armas adaptadas a uns oponentes que em muitos#blgtk08# casos nom contavam com armadura nenhuma.
Comentario por http://www.cb31informatique.fr (02-04-2016 05:39)
11 Bravo por ese#blgtk08# acordeonista!
Comentario por victoria secret uk (14-04-2016 08:55)
12 Veredes que, em princípio, a m#blgtk08#orfologia é bastante similar.
Comentario por http://www.whisperinggallery.nl (02-08-2016 03:38)
13 Aí e#blgtk08#stá.
Comentario por victoria secret uk (13-08-2016 03:23)
14 s - Palabras#blgtk08# de Pedra.
Comentario por victoria secret uk (13-08-2016 03:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador grátis