Palabras de Pedra


O blogue, cultural e divertido de Palabras de Pedra / Proxecto Mámoas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces Este proxecto foi recoñecido cun Premio á Innovación no Fomento da Lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aparece unha lenda inédita: a lenda da espada de Brandomés, en Vila de Cruces
Nunha das actividades do IES Marco do Camballón para elaborar un Mapa dos Tesouros a partir da recollida de tradición oral entre as familias do alumnado, vén de aparecer unha lenda inédita sobre unha espada que descansa no río Ulla, no lugar de Brandomés.

Recolléronse dúas versions da lenda de boca de varias veciñas e veciños de Brandomés. Nunha delas, a espada, de ouro, guindouse ao río despois da morte dun guerreiro. A outra version di que no fondo do rio Ulla hai unha espada, no lugar coñecido como o Tesouro.

O río Ulla configúrase para a arqueoloxía como un lugar de grande interese, pois no seu cauce teñen aparecido espadas da Idade do Bronce que foron obxecto de estudo pola comunidade científica nas últimas décadas.

Nos ríos galegos téñense atopado máis de 10 espadas da Idade do Bronce mais ata agora non se coñecía ningunha lenda de tradición oral vinculada ás espadas nos rios. ?Isto é o que fai importante a lenda da espada de Brandomés. As espadas da Idade de Bronce podem ficar no fondo do rio miles de anos e algum dia algumha pode ser encontrada fortuitamente... Mas a lenda da espada de Brandomés é umha história fabricada com palavras, palavras dumha língua criativa e com muita energia comunicativa. Agora, com esta história marabilhosa, estas palavras da nossa língua estám juntando a muita gente. A nossa língua tem esse imenso poder social: capacidade de coesiom", asegura Séchu Sende, coordenador do Clube da Lingua do IES Marco do Camballón.



Antonio Reigosa, especialista da tradición oral e dinamizador da web www.galiciaencantada.com, que está a colaborar como asesor do instituto cruceño a raíz deste descubrimento, conta que, dentro da tradición oral galega, non coñece ningunha lenda parecida á de Brandomés. "En Guitiriz fálase dun penedo con tres fendas da espada do cabaleiro Roldán"

O Instituto Marco do Camballón está a colaborar con dous arqueólogos expertos nas espadas aparecidas nas augas. Marcial Tenreiro sinala que ?há poucas lendas deste tipo na Europa, e temos que ir-nos já a textos escritos e de época medieval para atopar histórias parecidas?.



Marcial Tenreiro sinala que, desde a arqueoloxía, existen varias hipóteses para explicar a aparición de espadas da Idade do Bronce nos ríos: rito funerario, ofrenda a deuses, ofrendas a feitos particulares como catástrofes, ou rituais de guerra e conquista en conflitos territoriais.
Marcial Tenreiro relaciona a lenda da espada no río Ulla con outras lendas que se popularizaron, como a do rei Artur e a espada Excalibur ou a do cabaleiro Roldan, lendas que proveñen da literatura medieval.



Beatriz Comendador, arqueóloga e decana da Faculdade de Historia de Ourense, tamén está a asesorar ao profesorado e alumnado do Ciclo de Soldadura do IES Marco do Camballón de cara á elaboración dunha espada inspirada na lenda de Brandomés. A maioría das espadas que apareceron nas últimas décadas nos rios galegos teñen arredor de 3000 anos e son espadas pistiliformes, pola súa forma de pistilo. A espada que se vai construír segue os modelos das espadas atopadas no río Ulla.

A decana asegura que "este tipo de iniciativas son ilusionantes, tamén para min, ao saber que con xente como este alumnado quedan posibilidades de que neste mundo as cousas aínda teñan sentido."

?Na primavera vamos ir de excursiom a Brandomés e guindar ao Ulha a espada que se vai construír no instituto . E faremos umha espécie de representaçom inspirada na lenda da espada de Brandomés?, asegura Séchu Sende, o coordenador do Clube da Lingua.



O divulgador Manuel Gago, que o ano pasado visitou o Marco do Camballón nunha actividade do proxecto Palabras de Pedra, e que se ten ocupado no seu blogue Capítulo 0 das espadas da Idade de Bronce aparecidas nos ríos galegos, asegura que ?o proxecto do IES Marco do Camballón está a revelar o importante que é continuar con tarefas de pescuda etnográfica e antropolóxica e implicar aos rapaces nelas. Nun momento no que moita xente considera que o esencial da tradición oral galega está recollida, proxectos como este revelan que a investigación hiperlocal pode achegar datos importantes. Por outra banda, a identificación da lenda da espada tamén revela que é importante que haxa vínculos entre a investigación máis especializada e os institutos. A rapazada non aprende polo xeral nas clases de Historia elementos tan específicos -malia relevantes- da historia galega. O feito de que haxa iniciativas para presentarllos, como a que fixemos en 2013, facilitan que as poidan identificar no seu contorno inmediato e outorgarlle o valor que teñen. E iso é bo para eles, para a comunidade local, pero tamén para a comunidade científica."
Comentarios (21) - Categoría: Actualidade - Publicado o 11-02-2014 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
21 Comentario(s)
1 continuar con tarefas de pescuda etnográfica e antro#blgtk08#polóxica e implicar aos rapaces nelas. Nun momento n
Comentario por website traffic (11-09-2014 12:26)
2 just like out-of-home video clip advertising #blgtk08#and marketing sites, to aid the other person.
Comentario por http://www.brillet-pontin.fr (29-11-2014 03:19)
3 Deseguido déronnos unha gran comida: churrasco. Ao rematar a comida dirixímonos cara ao Cast#blgtk08#ro de Borneiro onde Manuel Gago nos explicou o que alí acontecera fai miles de anos.
Comentario por http://www.educationcanine-lesptitsloups.fr (22-08-2015 11:04)
4 alí acontecera fai mi#blgtk08#les de anos.
Comentario por http://www.whoozer.fr (08-09-2015 04:39)
5 Outro tesouro haino indo cara a Millorás, pero dixéronme que #blgtk08#a ese tesouro xa lle levaran o ouro e que só lle queda cobre"
Comentario por chaussure vans (02-11-2015 03:27)
6 Nós, nos menus de configuraçã#blgtk08#o, escolhemos OPÇÃO PORTUGUÊS
Comentario por victoria secret uk (19-12-2015 04:38)
7 Ah! As lendas teñen esa capacidade pa#blgtk08#ra mesturar a realidade coa fantasía!
Comentario por http://www.rac-construction.fr (21-12-2015 09:18)
8 Gustaríanos que nos enviasen unha foto co#blgtk08#a modificación da ficha, se fan o favor.
Comentario por http://www.aviva-duguet-pelletier.fr (08-03-2016 04:01)
9 festival de rock en gal#blgtk08#ego das Cruces.
Comentario por victoria secret uk (15-03-2016 03:35)
10 Som armas adaptadas a uns oponentes que em muitos#blgtk08# casos nom contavam com armadura nenhuma.
Comentario por http://www.csb77.fr (02-04-2016 05:38)
11 Bravo por ese#blgtk08# acordeonista!
Comentario por victoria secret uk (14-04-2016 08:56)
12 Veredes que, em princípio, a m#blgtk08#orfologia é bastante similar.
Comentario por http://www.bluejazz.fr (02-08-2016 03:38)
13 Aí e#blgtk08#stá.
Comentario por victoria secret uk (13-08-2016 03:23)
14 Aí e#blgtk08#stá.
Comentario por victoria secret uk (13-08-2016 03:23)
15 Aí es#blgtk08#tá.v
Comentario por victoria secret uk (13-08-2016 03:31)
16 Great a#blgtk08#rticle.
Comentario por Awesome Stories (17-04-2017 16:27)
17 en Vila de Cru#blgtk08#ces, es bueno
Comentario por ejuegosdefutbol (23-10-2017 14:22)
18 en Vila de Cru#blgtk08#ces, es bueno
Comentario por ejuegosdefutbol (23-10-2017 14:22)
19 por e#blgtk08#l fut
Comentario por monedas (23-10-2017 14:23)
20 Thank you for th#blgtk08#ese explanations
Comentario por Chlore piscine (18-05-2021 15:58)
21 Good,#blgtk08# job
Comentario por Chlore piscine (18-05-2021 15:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador grátis


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0