Palabras de Pedra


O blogue, cultural e divertido de Palabras de Pedra / Proxecto Mámoas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces Este proxecto foi recoñecido cun Premio á Innovación no Fomento da Lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Guadalupe Día González
Guadalupe é unha profesora de Lingua Castelá e exprofesora do noso centro (I.E.S. Marco do Camballón). Decidimos facerlle unha entrevista preguntándolle as seguintes cuestións relacionadas co galego.


1.Ti como profesora de Lingua Castelá, fora do teu horario laboral, en que lingua falas?

Adáptome ao falante e á situación comunicativa. Se o interlocutor se manefesta en castelán, eu fágoo do mesmo xeito. Se se dirixen a min en galego, correspondo na mesma lingua. No caso de ser eu a iniciadora da conversa, guíome inconscientemente pola situación comunicativa e alterno cunha ou outra lingua dependendo das circunstancias.

2.En todos os lugares aos que fuches impartir clase de Lingua castelá, dentro da aula que che falaban en galego ou en castelán?

Con maior ou menor dificultade, intentan adaptarse á lingua que se imparte na materia.

3.Agora que estás embarazada, que lingua lle vas enseñar ao teu fillo?

Intentarei ensinarlle todas as que poida. Sen lugar a dúbidas, a lingua galega formará parte da súa propia esencia, polo tanto, paréceme imprescindible para desenvolver de modo adecuado a súa identidade. Se es capaz de asimilar diversas estruturas lingüísticas, tamén es capaz de comprender diferentes maneiras de pensar e de ver o mundo, polo tanto, tes máis posibilidades de converterte nun ser tolerante e capaz de valorar a diversidade en tódalas súas vertentes. Se es máis tolerante, quizais sexas más xusto.

4.Moléstache que os teus alumnos/alumnas che falen en galego cando estás dando Lingua Castelá?

De ningunha maneira. Son moi flexible con respecto a iso. Sempre lles deixo claro que non quero que se sintan violentos ou forzados a expresarse nunha lingua que non entenden como súa. Non me parece que sexa unha boa táctica, que consideren unha obriga aprender algo. Cantas máis linguas dominemos mellor, pero a esa conclusión ten que chegar cada un dun xeito independente. No caso de tratarse de xente nova, penso que hai que proporcionar información, desligar a aprendizaxe de calqueira lingua de cuestións políticas,sociais ou económicas. É importante que sexa capaz de valorar o xeito de aprender como vía para enriquecerse intelectualmente e como persoa, como xeito de liberarse dos xugos que nos impón o sistema.


5.Nalgúns dos teus viaxes atopaches algún falante galego?

Atopei moitísimos, en Bélxica, Berlín, Ámsterdam, Viena, Suiza... ata en Croacia ou Pompeia. Hai galegos por todo o mundo. Un día, disfrutando das ruinas de Pompeia baixo un sol abafante, escoitei unha voz que dicía: "Aquí vai máis calor que onde crucificaron a cristo, me cajo no perexil e no carallo. Eu non vexo máis ca pedras..."

6.Tiveches algunha anécdota na túa clase relacionada co galego(o galego na actualidade- normalizaciòn lingüística)?

Fai uns meses, un alumno de segundo de Bacherelato do centro de Vigo, díxome, intentando ser amable, que lle parecía ben que se ensinase galego para que puidese conservarse nos pergamiños para as vindeiras xeracións... Xa lle dixen se saíra algunha vez da casa. Realmente díxenlle moito máis, pero dun xeito irónico e disimulando o meu cabreo. Non é máis que falta de información. Fai anos, na escola de idiomas, unha alumna coreana chegou a clase toda satisfeita, dicindo que levaba dous días apuntando nunha libretiña todo o que escoitaba polas rúas composteláns e non entendía, tal como eu lle suxerira. Sen poder aguantar máis a emoción, pediume permiso para conxugar un verbo que, segundo ela, empregábase a cotío polos viandantes da cidade: " yo carallo, tú carallas, él caralla..." Pensei que morría da risa.
Comentarios (15) - Categoría: Actualidade - Publicado o 18-12-2013 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
15 Comentario(s)
1 Properly, artist motivated bags are usually bags which can be practically just like genuine artist bags, but not necessarily the identical. These kinds of ba#blgtk08#gs are usually made together with practically the identical artistry, top quality and also elegant uniformity since their particular artist bag counterparts.
Comentario por fake hermes (13-08-2014 10:21)
2 just like out-of-home video clip advertising #blgtk08#and marketing sites, to aid the other person.
Comentario por http://www.picard-power.fr (29-11-2014 03:18)
3 Unha vez que o profesor nos explicou isto, ocurríusenos unha idea xeni#blgtk08#al: practicar esta actividade nas mámoas de Oirós, así que alá fomos!
Comentario por http://www.madelonkooijmans.nl (20-04-2015 09:11)
4 alí acontecera fai mi#blgtk08#les de anos.
Comentario por http://www.ski-clubs.fr (08-09-2015 04:39)
5 practicar esta actividade nas mám#blgtk08#oas de Oirós, así que alá fomos!
Comentario por http://www.lacentraledesvignerons.fr (02-11-2015 03:24)
6 Intentarei ensinarlle todas as que poida. Sen lugar a dúbidas, a lingua galega formará parte da súa pr#blgtk08#opia esencia, polo tanto, paréceme imprescindible para desenvolver de modo adecuado a súa identidade.
Comentario por http://www.menuiserie-ludocoservice.fr (10-12-2015 09:11)
7 Nós, nos menus de configuraçã#blgtk08#o, escolhemos OPÇÃO PORTUGUÊS
Comentario por http://www.brd-com.fr (19-12-2015 04:39)
8 Ah! As lendas teñen esa capacidade pa#blgtk08#ra mesturar a realidade coa fantasía!
Comentario por http://www.bo-club.fr (21-12-2015 09:17)
9 Gustaríanos que nos enviasen unha foto co#blgtk08#a modificación da ficha, se fan o favor.
Comentario por http://www.nature-passion.fr (08-03-2016 04:01)
10 festival de rock en gal#blgtk08#ego das Cruces.
Comentario por http://www.nioulargue-cafe.fr (15-03-2016 03:36)
11 Som armas adaptadas a uns oponentes que em muitos#blgtk08# casos nom contavam com armadura nenhuma.
Comentario por http://www.penchaksds.fr (02-04-2016 05:38)
12 Bravo por ese#blgtk08# acordeonista!
Comentario por http://www.cuisine-meridiana.fr (14-04-2016 08:56)
13 Bravo por ese#blgtk08# acordeonista!
Comentario por http://www.cuisine-meridiana.fr (14-04-2016 08:56)
14 Veredes que, em princípio, a m#blgtk08#orfologia é bastante similar.
Comentario por victoria secret uk (02-08-2016 03:38)
15 s - Palabras#blgtk08# de Pedra.
Comentario por victoria secret uk (13-08-2016 03:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador grátis