Palabras de Pedra


O blogue, cultural e divertido de Palabras de Pedra / Proxecto Mámoas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces Este proxecto foi recoñecido cun Premio á Innovación no Fomento da Lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Buscando un tesouro do século XXI en Oirós



Os motores da lingua e da colaboración leváronnos máis unha vez às mámoas de Oirós!

O IES Marco do Camballón organizou unha actividade de geocaching no campo de mámoas de Oirós este venres polá mañá. Dentro do Proxecto Mámoas - Palabras de Pedra, un proxecto de participación social para a posta en valor do patrimonio material e inmaterial e a normalización da lingua galega, o alumnado do instituto saiu do IES en bicicleta e unha vez no campo de mámoas, buscou cos dispositivos GPS dos seus teléfonos móbiles un tesouro que foi escondido previamente polo Club da Lingua - Equipo de Normalización.

A actividade inspírase no "geocaching", unha versión moderna das buscas do tesouro, afección que nos últimos anos se extendeu internacionalmente e que hoxe en dia ten escondidos máis de dous millóns de "tesouros" no planeta e mais de 1000 na Galiza. Ademais de tesouros escondidos nas rúas de Vigo ou no estadio de Riazor, desde hoxe a necrópole megalítiica do Camballón tamén garda o seu propio tesouro.

O tesouro escondido forma parte da rede internacional www.geocaching.com, rede da que forma parte o Equipo de Normalización Lingüística do IES Marco do Camballón. A información sobre a ubicación d´O tesouro de Oirós / Palabras de Pedra pódese consultar AQUI.

As mámoas de Oirós asócianse desde hai centos de anos a tesouros que a tradición oral fixo chegar até os nosos días: a trabe de ouro e a trabe de alquitrán, a galiña dos pitos de ouro, o tesouro dos mouros, o peite de ouro da moura... Algunhas destas lendas foron recollidas no libro Mámoas de Oirós, lendas possíveis, escrito por Ramón Taboada e editado polo IES Marco do Camballón.

Moitos deses tesouros forman parte do imaxinario colectivo e a actividade Buscando un tesouro do século XXI queixo lembrar a importancia que a fantasia, os mitos e as lendas tiveron, teñen e poden ter como parte da nosa propia cultura.

Realmente, os tesouros que se agochan nas actividades de geocaching non teñen valor económico. E a moderna pota do ouro é un tupperware que garda obxectos de valor simbólico e cultural.

O importante desta actividade é a propia busca, a aventura de procurar camiñando nun entorno natural que, como o de Oirós, ofrece a posibilidade de poder observar unha concentración única de máis de 15 mámoas.

Cómpre recordar que o sitio arquelóxico do Camballón foi a primeira excavación da arqueoloxía galega moderna, na década dos 70 do pasado século.

Hoxe, o Proxecto Mámoas - Palabras de Pedra supón a creación dun proceso de participación social que desde o Instituto Marco do Camballón e a colaboración da veciñanza de Oirós e outros axentes sociais ten como obxectivo pór en valor este importante patrimonio.

Podes ler a noticia neste xornal que recolle moi ben a noticia pero que non o fai na nosa lingua :(




















Comentarios (11) - Categoría: Actualidade - Publicado o 29-11-2013 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 just like out-of-home video clip advertising #blgtk08#and marketing sites, to aid the other person.
Comentario por http://www.vite-immobilier66.fr (29-11-2014 03:18)
2 Mámoas de Oirós, escrito por Ramón Taboada e publicad#blgtk08#o polo Club da Lingua do noso IES dentro do proxecto
Comentario por http://www.happy-surf.fr (20-04-2015 09:14)
3 dición oral fixo chegar até os nosos días: a trabe de ouro e a trabe de alquitrá#blgtk08#n, a galiña dos pitos de ouro, o tesouro dos mouros, o peite de ouro da moura...
Comentario por breitling replica (08-06-2015 10:59)
4 dous millóns de "tesouros" no planeta e mais de 1000 na Galiza. Ademais de tesouros escondidos nas rúas de Vi#blgtk08#go ou no estadio de Riazor, desde hoxe a necrópole megalítiica do Camballón tamén garda o seu propio tesouro.
Comentario por louis vuitton replica (08-06-2015 11:02)
5 alí acontecera fai mi#blgtk08#les de anos.
Comentario por victoria secret uk (08-09-2015 04:40)
6 practicar esta actividade nas mám#blgtk08#oas de Oirós, así que alá fomos!
Comentario por http://www.lekls.fr (02-11-2015 03:26)
7 A súa intervención, organizada entre a Biblioteca e o Equipo de Normalización / Club da Lingua do#blgtk08# IES Marco do Camballón, levaba o título de Mitoloxía e Astronomía e foi interesantísima.
Comentario por http://www.cyclo-catharese.fr (10-12-2015 09:10)
8 Os motores da lingua e da colaboración lev#blgtk08#áronnos máis unha vez às mámoas de Oirós!
Comentario por http://www.gardenbaby.fr (21-12-2015 09:17)
9 Podes chegar desde Si#blgtk08#lleda ou desde Lalín.
Comentario por http://www.sgdf-saintlouis.fr (08-03-2016 04:01)
10 Hoxe a enerxía da lingua levounos a cantar con fachenda #blgtk08#esas cancións populares que moita xente nova descoñece.
Comentario por http://www.aa31.fr (02-04-2016 05:53)
11 s - Palabras#blgtk08# de Pedra.
Comentario por victoria secret uk (13-08-2016 03:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador grátis