Palabras de Pedra


O blogue, cultural e divertido de Palabras de Pedra / Proxecto Mámoas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces Este proxecto foi recoñecido cun Premio á Innovación no Fomento da Lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Porque me sae do galego!


O Clube da Lingua lanza, como actividade para promocionar a nosa lingua, un video-clip de rap de Gamy, un rapeiro que estuda no noso instituto, no Marco do Camballón de Vila de Cruces.

No vídeo, gravado por Tomás Lijo e realizado por Natasha Lelenco, participaron alumnado e profesorado do instituto e faise unha chamada en positivo para empregarmos a nosa lingua.









Aquí tedes a letra do tema:

Porque me sae do galego...

Gamy

Sexades todos benvid@s á voz deste credo
dámosvos a palabra e quitámosvos o medo
e podédesme dicir que son como un meigo
pero eu exprésome así porque me sae do galego.

Unha forma de vivir
á que lle teño moito apego
o meu mellor emprego
encaixar poesía como bonecos de LEGO
Son ese cego que ve todo
non me fan falta os ollos
para que os vou querer
se me sobran os folios

E veña todo dios a dicirme que facer
que dicir que pensar
e cal ten que ser a miña forma de ver

eu fago isto por pracer e ninguén mo roga
vós rídesnos da nosa roupa
e nós da vosa soga

pero acouga, claro, agora son un criminal
por querer expresar a miña liberdade
e que che poida parecer mal

eu pódote facer calar con só unha expresión
chégoche ao corazón cunha canción
desde a miña nación

expulso de vós cada mensaxe gris
nada máis negro que volver atrás
ao Nunca Máis
neste país parece mellor non se queixar

a súa campaña electoral
maniféstate que as vas levar
e por que non berrar?
quitáronnos o dereito a manifestar

pero temos o corpo
así que veña a protestar
por que temos que dicir o que eles queren oír? para velos rir?

eu prefiro dicir o que penso
co risco de despois fuxir

Somos esa voz que ven desde aló na esquina
somos o wolframio que saiu desde a mina

mira ben a quen intimidas
mancástesnos moito
pero deunos tempo a curar a feridas
as cicatrices do pasado seguen estando presentes

Nos rebelamos, lo siento
, Señor Presidente,
non é por min, pregúntelle a esta xente,
cerraredes moitas bocas
pero non cerrades as mentes.

Sexades tod@s benvid@s á voz deste credo
dámosvos a palabra e quitámosvos o medo
e podédesme dicir que son como un meigo
pero eu exprésome así porque me sae do galego.


Comentarios (6) - Categoría: Actualidade - Publicado o 24-04-2013 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 moi ben gami eso#blgtk08# si que e un rap
Comentario por mairene (25-11-2013 09:52)
2 just like out-of-home video clip advertising #blgtk08#and marketing sites, to aid the other person.
Comentario por http://www.timberlandpascherpcs.fr (29-11-2014 03:15)
3 participaron alumnado e profesorado do instituto e faise unha#blgtk08# chamada en positivo para empregarmos a nosa lingua.
Comentario por http://www.leluan-map.fr (20-04-2015 09:01)
4 É moi interesante comparar as diferencias entre as#blgtk08# dúas versións, a escrita e a audiovisual!
Comentario por http://www.services-t.fr (02-04-2016 05:57)
5 s - Palabras#blgtk08# de Pedra.
Comentario por victoria secret uk (13-08-2016 03:34)
6 s - Palabras#blgtk08# de Pedra.
Comentario por victoria secret uk (13-08-2016 03:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador grátis