Palabras de Pedra


O blogue, cultural e divertido de Palabras de Pedra / Proxecto Mámoas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces Este proxecto foi recoñecido cun Premio á Innovación no Fomento da Lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Excursión ás mámoas do Camballón
Esta é a historia dunha excursión que fixemos o alumnado do curso de 4º D da ESO do Instituto Marco do Camballón, de Vila de Cruces. Fomos ver as mámoas do Camballón, en Oirós. Aí temos unha concentración de 15, si, 15 mámoas todas xuntas!

Fixemos a saída en bicicleta co noso profe do ámbito lingüístico e social, Séchu, co noso titor, Juan, e con Jorge, de apoio.

A aventura estivo moi ben e fomos todos os da clase excepto unha rapaza, Alba, á que se lle estropeou a bici antes de saír. Tamén houbo outra rapaza, Areán, que por pouco se mata nada máis saír do instituto, ao caer nunha costa abaixo. Tivo sorte: non lle pasou nada.

Despois destes contratempos comezamos a subir e iso foi o peor: a costa arriba!

Á outra Alba reventoulle a roda pola metade da subida e fomos pedir unha chave inglesa nunha casa veciña. Aí démonos conta do pouco que se coñecen as mámoas do Camballón, porque a xente do lugar non sabía case nada sobre elas.

Cambiamos o neumático e continuamos, coas mans conxeladas!






Cando chegamos arriba preguntámoslle a un señor que viña nun 4 x 4 e que tampouco sabía case nada sobre as mámoas e os dolmens do Camballón. E iso que era de alí de toda a vida!

Aquí podedes ver unha das mámoas, esa ondulación no terreo:





E logo preguntámoslle a unha señora que estivera emigrada en Bruxelas, e pouco sabía tamén.

O certo é que estivemos entre as mámoas pero non vimos moita cousa porque están cheas de toxos e silvas.

Aquí estamos coas bicis diante da toxeira que esconde unha das 15 mámoas:






O máis fascinante é o perto que están unhas mámoas das outras. Nesta foto de aquí abaixo pódense ver tres xuntas. Son as tres silveiras que se ven ao fondo. Se clicas na foto, amplíase:




Sacamos fotos e fixemos un vídeo. Aquí está. Neste vídeo vense 6 mámoas... Ou os 6 conxuntos de toxos e silvas que as ocultan:





Deberían facer unha limpeza nas mámoas porque son uns xacementos arqueolóxicos moi importantes para Vila de Cruces e para Galiza e pensamos que se lles debería dar máis valor para que non se vexan como simples moreas de silveiras.

Foi un día divertido. Foi unha boa aventura. Molou moito a excursión!

Nós seguiremos ás voltas coas mámoas... Temos algunhas ideas para que se coñezan máis... Bastante máis.
Comentarios (7) - Categoría: Actualidade - Publicado o 12-12-2012 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Como ch#blgtk08#egar???
Comentario por (12-12-2012 13:17)
2 un pracer ir con ese grup#blgtk08#o de rapaces. Asdo. Jorge
Comentario por Jorge (12-12-2012 16:52)
3 Hola, no seu día traballei na exploración desas mamoas, nos principios da década dos 80.A exploración levouna a cabo o colexio de arqueólogos de Ourense. Alí toparonse cacharros de barro, cuchillos de silas, un machado de pedra etc, están expostos no mus#blgtk08#eo de pontevedra.
Para chegar dende Oirós tomase a carretera que vai hacia Goleta e a 2 km torcese a dereita hacia Montouto, a 300 metros na recta xa están a ambos lados as mamoas, y sí partides da Golete a 500 mtrs a izquierda. Un saudo.
Comentario por Julio (06-04-2013 02:46)
4 just like out-of-home video clip advertising #blgtk08#and marketing sites, to aid the other person.
Comentario por http://www.tandartskwok.nl (29-11-2014 03:13)
5 Vila de Cruces, un camiño pasa xusto polo medio e medio dunha das q#blgtk08#uince mámoas dunha das maiores concentracións de mámoas de Europa.
Comentario por http://www.survetementpascherpc.fr (20-04-2015 08:50)
6 É moi interesante comparar as diferencias entre as#blgtk08# dúas versións, a escrita e a audiovisual!
Comentario por http://www.purebmxshop.fr (02-04-2016 05:57)
7 s - Palabras#blgtk08# de Pedra.
Comentario por victoria secret uk (13-08-2016 03:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador grátis