Palabras de Pedra


O blogue, cultural e divertido de Palabras de Pedra / Proxecto Mámoas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces Este proxecto foi recoñecido cun Premio á Innovación no Fomento da Lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A aventura da punta de lanza de Brandariz
Como puidemos ler nun artigo de José Suárez e Xulio Carballo de título A aparición dunha punta de lanza do Bronce Final no NO hispánico, hai uns anos un veciño do noso concello, Vila de Cruces, Rosalino Balo Pereiro, atopou en Brandariz un dos máis importantes descubrimentos arqueolóxicos do noso país.

Como podedes ler nese artigo, esta punta de lanza ten un importante valor pois son moi poucos os restos deste tipo e daquela época.

Aquí podedes ver a localización do descubrimento:



E aqui, un deseño da punta de lanza de Brandariz:




Así que despois de ler o artigo e descubrir que Vila de Cruces está no mapa internacional da Idade do Bronce, Alejandro,Jairo,Alvaro e Óscar decidimos saír investigar e fomos a Brandariz entrevistar a unha filla de Rosalino.

Fomo aló nas motos. Aparcámolas diante da panadaría onde ela traballa e cando entramos estaba facendo unha empanada que arrencendía que daba gusto. Era unha muller moi amable.

Falounos da fazaña da punta de lanza aínda que nos dixo que non a atopara Rosalino senón seus fillos e que logo a Rosalino alguén lle dixo que non se desfixera da peza porque tiña moito valor histórico.

E así foi. Actualmente a peza atópase no Museo de Lugo.

Por último a súa filla amosounos fotos de Rosalino, que fotografamos.
Comentarios (4) - Categoría: Actualidade - Publicado o 26-11-2012 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 deu nos unhas fichas para que as cubriramos cos datos dun elemento p#blgtk08#atrimonial que coñezamos, e tamén nos mandou sacarlle fotos.
Comentario por http://www.skyblueparachutisme.fr (20-04-2015 08:52)
2 deu nos unhas fichas para que as cubriramos cos datos dun elemento p#blgtk08#atrimonial que coñezamos, e tamén nos mandou sacarlle fotos.
Comentario por http://www.skyblueparachutisme.fr (20-04-2015 08:52)
3 Como podedes ler nese artigo, esta punta de lanza ten un important#blgtk08#e valor pois son moi poucos os restos deste tipo e daquela época.
Comentario por http://www.auberge-catalane.fr (02-04-2016 05:58)
4 s - Palabras#blgtk08# de Pedra.
Comentario por victoria secret uk (13-08-2016 03:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador grátis