Palabras de Pedra


O blogue, cultural e divertido de Palabras de Pedra / Proxecto Mámoas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces Este proxecto foi recoñecido cun Premio á Innovación no Fomento da Lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Arqueo-astrónomos no Camballón
O 14 de novembro recibimos unha visita moi especial no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. Catro científicos dos que se emocionan co seu traballo compartiron con nós o seu interese pola necrópole megalítica do Camballón e o proceso de participación comunitaria para valorizar o noso patrimonio cultural.

Temos que agradecer a Salvador Bará, astrónomo da USC e excelente divulgador, a coordinación desta aventura.



Nesta foto podedes ver a Felipe Criado Boado, do CSIC, Consejo Superior de Investigaciones Científicas. É arqueólogo e director do Incipit, especializado en arqueoloxía da paisaxe. Na foto, vestido de cores outonais.






Aquí podedes ver em primeiro plano o arqueólogo noruegués Trond Lodoen, da Universidade de Bergen, o máis alto. E mais a Vítor Garcia Pinheiro, estudante de História e ex-alumno do IES Marco do Camballón, activista da Asociación Novo Cruceiro Rock.



Aquí, cunha brúxula electrónica, César González, astrofísico, unha das persoas que máis saben no estado español sobre a relación entre megalitismo e astronomía.















Se vos fixades, nesta vista desde o Carrio, pódense ver tres conxuntos circulares, de silvas. Son tres das mámoas da necrópole.



Aqui temos unhas panorámicas da chaira de Oirós, desde o Monte Carrio. Subimos ao Carrio porque desde o punto de vista da arqueoloxía da paisaxe e da astronomía é moi interesante ter en conta que as mámoas forman parte dun territorio amplo e variado que, por exemplo, ten no horizonte o Pico Sacro.

Por outro lado, segundo César González, a orientación das máis de 15 mámoas seguramente estea relacionada cos astros. É moi posíbel, por exemplo, que a orientación das mámoas teña unha relación cultural fundamental co solsticio de inverno.



Aínda que non temos fotos, un momento moi importante da visita dos arqueo-astrónomos foi o encontro co profesorado do IES Marco do Camballón, abrindo un camiño de colaboración entre os científicos e o coletivo docente do noso centro arredor deste tema. Sobre isto e moitas máis cousas sobre as que falamos na xornada de hoxe e que irán dando os seus frutos pasiño a pasiño... seguiremos informando!

Comentarios (8) - Categoría: Patrimonio - Publicado o 18-11-2013 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
O Mapa dos Tesouros (1)
Aquí deixamos unha parte das historias de transmisión oral recollidas na procura dos tesouros de Vila de Cruces:


O convento de Millorás


O convento está no Coto de Eirexe. Nel vivían frades e monxas. Estaba cercado cun balo de pedra. O recinto é moi amplio e dise que o convento tamén o era.

Contan que cando as monxas quedaban embarazadas dalgun frade,labrego,criado... mataban o bebé e enterrábano no xardín para que a xente non deixara de lado a relixión. Tiñan grandes extensións de terreo no que traballaban as familias máis pobres.

Á súa vez este convento tiña que entregarlle unha porcentaxe da colleita a os señores do castelo de Cira. Unha destasa fincas está cerca do convento e ten varios quilómetros cadrados de extensión. Tamén está cerrada cun balo. Dento desta hai parcelas máis pequenas delimitadas con pedras que teñen rallada a letra "R".

Pénsase que cada parcela era prestada a unha familia para que a traballara. Uns metros máis arriba do convento esta o recinto donde gardaban os cabalos . Cerrado cun balo de pedra pero máis alto que os anteriores.Un pouco máis abaixo do convento está o cementerio, un lugar máis reservado que os outros.


Existen libros que corroboran esta historia pero está nas mans dun home nado en Brandariz pero que reside na cidade de Vigo.

NOME E APELIDOS DO INFORMANTE: Jesús Puga Tato
AUTORES DA TRANSCRICIÓN: Marcos Barcala Méndez e Tamara Puga Méndez

.............


A Grade De Ouro



Teñenme dito que no río Ulla hai unha grade de ouro, no fondo do río metido nun pozo.
Xente desa zona ten dito que un día subeu a superficie pero volveu baixar casi no momento.
Teñense visto buzos por alí, pero ningué a atopou.

RECOLLIDA DE LITERATURA ORAL

Data de recollida: Vila de cruces
Data de recollida: 29-10-13

DATOS DO INFORMANTE
Nome e apelidos: José Ramón Rodriguez
Data de nacemento: 1958

CLASIFICACIÓN
Título : A Grade De Ouro
Subxénero: historia



........


A muller desaparecida

Fai 16 anos do mes de diciembre, unha señora de nome Concha con alceimer, desapareceu pola tardiña da súa casa.
Cando vian que a muller seguía sen aparecer fixeron un equipo de búsqueda entre os veciños, familiares, etc.. coa axuda dos cans, cabalos e helicópteros pero seguían sen encontrala.

Despois moita xente decía que a habían visto en Lalín, en Alcobre(lugar donde ela naceu) pero nada, seguía sen aparcer.
O seu fillo xunto con un veciño foron o programa de Paco Lobatón " Quién sabe donde " para pedirlle axuda para buscala.

Despois de pasado un tempo encontrouna o dono da leira que estaba limpando unha finca, resulta que a señora estaba a medio metro dun muro por donde pasaron todos varias veces.

Hoxe dise que esa muller marchou da casa porque o home lle pegaba.

RECOLLIDA DE LITERATURA ORAL

Data de recollida: Piloño- Vila de cruces
Data de recollida: 29-10-13

DATOS DO INFORMANTE
Nome e apelidos: Manuel Soto García
Data de nacemento: 22-01-66

CLASIFICACIÓN
Título : A muller desaparecida
Subxénero: historia

DOCUMENTACIÓN GRÁFICA
Lugar: Onde o río Ulla, detrás de un muro, ao lado de unha caseta
Foto/ video: foto máis video

TRANSCRICIÓN
Transcrito de oído e transcrito de gravación

AUTORES DA FICHA
Uxía Fontán García e Inma Soto Parcero.

............



Tráxica morte de tres gaiteiros



O día 25 de julio, día do Santiago Apostol, os gaiteiros de Piloño foron a Novofontes tocar.
Daquelas non había puente e para cruzar o río tiñan que cruzar cunha barca.

Cando estaban de volta eles estaban cheos e había unha tormenta que encheu o río.
O barqueiro non quería cruzar pero como eles estaban borrachos e a cabeza non lle paraba querían cruzar igual.

A barca estaba agarrada cunha cadena e eles cortaronlla e montaron na barca. Coa forza do río tirounos da barca e levounos a corriente. Só se dou salvado un que era o mais novo de todos. Enganchou a un abeneiro, botou toda a noite agarrado nel ata o día seguinte que lles foron axudar.

Hoxe en día esa persoa aínda ten un shock daquel desastroso día, despois de ver morrer ao seu pai e aos seus amigos.

RECOLLIDA DE LITERATURA ORAL

.Lugar de recollida: Piloño-Vila de Cruces

.Data de recollida: 29/10/13


DATOS DO INFORMANTE:

.Nome e apelidos: Manuel Soto García

.Data de nacemento. 22/01/66

.Profesión: Forestal


CLASIFICACIÓN:

.Denominación/Título: "A tráxica morte de tres gaiteiros".

.Xénero Subxénero/Tipo: Historia

.Localización: Río Ulla


DOCUMENTACIÓN GRÁFICA:

.Lugar: Piloño
.Foto/vídeo: Foto e vídeo


TRANSCRICIÓN:

.(Transcrito de oído- Escrito polo informante- Transcrito da gravación): De oído e de gravación
.Autor/es da transcrición: Inma Soto e Uxía Fontán


AUTORES DA FICHA (Nomes e data na que se elabora):

Inma Soto Parcero
Uxía Fontán García
29/10/13


....



O tesouro da igrexa da Camanzo



Dise que debaixo da iglesia de Camanzo hai uns pasadizos, que ban dar a un río onde ai un tesouro,o tesouro é un anillo de ouro escondido nunha caixa no fondo do río.

RECOLLIDA DE LITERATURA ORAL

Data de recollida: Vila de cruces
Data de recollida: 27-10-13

DATOS DO INFORMANTE
Nome e apelidos: José Ramón Rodriguez
Data de nacemento: 1958

CLASIFICACIÓN
Título : O tesouro da igrexa da Camanzo
Subxénero: historia



TRANSCRIPCIÓN:


.........


A cova do tesouro de Brántega


Aí en Brántega la cova del tesouro,o no se,bueno decían que todo el que entraba,luego no salía nadie y la guente quería saber que había dentro de la cueva y fueron allí con escabadoras o lo que sea y un equipo y al final yo creo,no se si hicieron algo o no pero no sacaron nada.


INFORMANTE:

Nome:Julia de la Fuente Muñoz
Data de nacemento:12-04-1947
Profesión:Modista(xubilada)
Estudos:E.G.B.
Outros datos biográficos de interese:Empresaria de comercio.

CLASIFICACIÓN:

Denominación/Título:A cova do tesouro de Brántega
Xénero Subxénero/Tipo:Lenda
Localización xeográfica:Brántega

Alba Areán Penas


...............

A Peneda da Vella



Alí chámase "Peneda da Vella" porque unha vella xa maior lebaba unha peneda que pesaba moito. Mentres cruzaba cara Fao ía fiando un fío. O río lebaba moita corrente e a vella resbalou e caeu no medio do río. Como a peneda era moi pesada cando quixo levantala non dou, deixou a peneda alí ata a actualidade.
A vella conseguíu cruzar o río pero morreu alí. Na encontraron ata días despois.

NOME E APELIDOS DO INFORMANTE: Fernado Barcala Vilela
AUTORES DA TRANCRICIÓN: Marcos Barcala Méndez e Tamara Puga Méndez


.......



Os Mouros e as Covas de Vila de Cruces




Nas covas decian que antiguamente ivan os mouros a coller ouro... eh fai pouco tamen se di que foron escabadoras a escabar a ver se habia ouro... eh enton eles cando ivan de nenos como no tiñan daquelas com agora entraban cas piñas uns alumbraban e outros picaban eh vian pedras amarrilas eh eles pensaban que era ouro pero non era...


RECOLLIDA DE LITERATURA ORAL

Data de recollida: Vila de cruces
Data de recollida: 27-10-13

DATOS DO INFORMANTE
Nome e apelidos: José Ramón Rodriguez
Data de nacemento: 1958

CLASIFICACIÓN
Título : RECOLLIDA DE LITERATURA ORAL

Subxénero: historIA



..........

A Perla do Carrio






-Un señor fuera a subir al monte del carrio y perdiera la cartera y le quedaran unas 5.000 o 10.000 pesetas de aquellas que ya era mucho dinero porque pa tener de aquellas 10.000 pesetas mima entonces la gente fue toda a correr pa mirar si encontraban la cartera del señor, pero la cartera no estaba entonces encontraron una piedra mui grande mui grande como si fuera... mui blanca y dijeron que eso era unha perla, e desde esa dise que ali hai perlas segun a hsitoria que lle contou seu pai...



RECOLLIDA DE LITERATURA ORAL

Data de recollida: Vila de cruces
Data de recollida: 29-10-13

DATOS DO INFORMANTE
Nome e apelidos: José Ramón Rodriguez
Data de nacemento: 1958

CLASIFICACIÓN
Título : A Perla Do Carrio
Subxénero: historia
Comentarios (8) - Categoría: Patrimonio - Publicado o 30-10-2013 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador grátis