Traballando en lingua


Novo web (provisional) da CTNL

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) comunica que xa está accesíbel na rede o novo web provisional da asociación.

Este sitio, que contén a información básica da CTNL amais de novas de interese sobre a normalización do idioma galego, manterase activo durante uns meses até poder contar co novo espazo web definitivo, que achegará máis información de utilidade e fomentará a participación e comunicación entre todos/as os/as socios/as.

O enderezo: www.ctnl.org
Comentarios (1) - Categoría: Varios - Publicado o 30-10-2007 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
IV XORNADAS SOBRE LINGUA E USOS.
LINGUA E COMUNICACIÓN

Xa está aberto o prazo de inscrición (até o venres 2, ás 14.00 h.) para as IV Xornadas sobre Lingua e Usos.

Desta volta terán como punto de encontro a "Lingua e Comunicación". No web do Servizo de Normalización Lingüística da UdC podedes atopar tanto o programa coma a folla de inscrición.

[Olga]
Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN - Publicado o 15-10-2007 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Manuais de planificación lingüística en educación
Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos A planificación lingüística nos centros educativos

Comentarios (0) - Categoría: Varios - Publicado o 22-09-2007 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Entrada en vigor da reforma da Lei de función pública

Hoxe entra en vigor a Lei 13/2007, do 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galiza.

Nesta reforma da Lei da función pública hai algún avance de interese para a normalización da lingua galega.

O máis interesante é o punto dezasete da Lei 13/2007, polo que se modifica o artigo 33 da Lei 4/1988, que queda redactada como segue:

"Para lle dar cumprimento á normalización do idioma galego na Administración pública de Galicia e para garantir o dereito dos administrados ao uso da lingua propia de Galicia nas relacións coa administración pública no ámbito da comunidade autónoma, e en cumprimento da obriga de promover o uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia que determina o artigo 6.3 da Lei de normalización lingüística, nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e nas entidades locais de Galicia, terase que demostrar o coñecemento da lingua galega.


Para estes efectos, as bases das convocatorias establecerán que unha ou máis das probas do proceso selectivo se deberán realizar exclusivamente en lingua galega, e iso sen prexuízo doutras probas adicionais, que se puidesen prever, para aqueles postos de traballo que requiran un especial coñecemento da lingua galega»."

Tamén é de interese o punto vinte e nove, no que se estabelece que o artigo 63 bis queda redactado como segue:

1. A Administración pública galega establecerá sistemas que permitan a avaliación do desempeño dos seus empregados.
A avaliación do desempeño é o procedemento a través do que se mide e valora a conduta profesional e mais o rendemento ou o logro de resultados.

2. Os sistemas de avaliación do desempeño adecuaranse, en todo caso, a criterios de transparencia, obxectividade, imparcialidade e non discriminación, e aplicaranse sen menoscabo dos dereitos dos empregados públicos.

3. A Administración pública galega determinará os efectos da avaliación na carreira profesional, na formación, na provisión de postos de traballo e na percepción das retribucións complementarias correspondentes.

4. A Xunta de Galicia articulará un sistema que, entre outros factores, terá en conta necesariamente:

[...]
e) O grao de cumprimento do Plan de normalización lingüística.

[Nel]
Lei 13/2007, do 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Gal
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS SOBRE LINGUA - Publicado o 17-09-2007 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Simposio na USC
Simposio ILG 2007









Xa está aberto o prazo de inscrición para o novo simposio do ILG. Este ano titúlase "Perspectivas sobre a oralidade". No web do Instituto podedes atopar tanto o programa coma a folla de inscrición.

[Ana García]
Comentarios (1) - Categoría: FORMACIÓN - Publicado o 15-09-2007 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Resolución das subvencións da Xunta a entidades locais para a normalización lingüística
No DOG do venres 7 de setembro publicouse a resolución de subvencións ás entidades locais de Galiza para a normalización da lingua galega.

Podes descargar o documento en .pdf aquí.

Os concellos que reciben subvención para manter o seu servizo de normalización lingüística son:

  • A Cañiza _ 9.500 euros

  • A Estrada _ 9.500 euros

  • Abegondo _ 9.000 euros

  • Allariz _ 8.000 euros

  • Ames _ 9.500 euros

  • Arteixo _ 9.500 euros

  • Betanzos _ 9.000 euros

  • Boiro _ 9.500 euros

  • Boqueixón _ 9.000 euros

  • Cambados _ 9.500 euros

  • Carballo _ 9.500 euros

  • Carnota _ 9.000 euros

  • Cervo _ 9.000 euros

  • Deputación de Ourense _ 40.000 euros

  • Dumbría _ 9.000 euros

  • Ferrol _ 30.000 euros

  • Lugo _ 30.000 euros

  • Melide _ 9.000 euros

  • Miño _ 9.500 euros

  • Moaña _ 9.500 euros

  • Monterroso _ 8.000 euros

  • Mos _ 5.500 euros

  • Muxía _ 9.500 euros

  • O Carballiño _ 9.500 euros

  • O Grove _ 8.000 euros

  • Palas de Rei _ 7.000 euros

  • Ponteareas _ 9.500 euros

  • Ponteceso _ 9.500 euros

  • Pontedeume _ 9.500 euros

  • Pontevedra _ 30.000 euros

  • Ribeira _ 9.000 euros

  • Santiago de Compostela _ 30.000 euros

  • Teo _ 9.000 euros

  • Vedra _ 9.500 euros

  • Vilagarcía de Arousa _ 9.000 euros

  • Vilalba _ 9.500 euros


Os concellos que reciben subvención para crear un servizo de normalización lingüística son:

  • A Coruña _ 10.000 euros

  • A Laracha _ 5.000 euros

  • A Peroxa _ 4.500 euros

  • Aranga _ 5.000 euros

  • Arzúa _ 5.000 euros

  • Barreiros _ 5.000 euros

  • Camariñas _ 5.000 euros

  • Campo Lameiro _ 4.000 euros

  • Carballeda de Avia _ 5.000 euros

  • Castro Caldelas _ 5.000 euros

  • Castro de Rei _ 5.000 euros

  • Cee _ 5.000 euros

  • Chantada _ 5.000 euros

  • Foz _ 5.000 euros

  • Maside _ 5.000 euros

  • Montederramo _ 5.000 euros

  • Mugardos _ 5.000 euros

  • Muras _ 5.000 euros

  • Nogueira de Ramuín _ 5.000 euros

  • O Porriño _ 5.000 euros

  • Oleiros _ 5.000 euros

  • Ordes _ 5.000 euros

  • Oroso _ 5.000 euros

  • Ortigueira _ 5.000 euros

  • Ourense _ 10.000 euros

  • Parada de Sil _ 5.000 euros

  • Piñor _ 5.000 euros

  • Pol _ 1.500 euros

  • Rábade _ 4.500 euros

  • Ribadavia _ 5.000 euros

  • Ribas de Sil _ 5.000 euros

  • Rubiá _ 5.000 euros

  • Sada _ 5.000 euros

  • San Cibrao das Viñas _ 5.000 euros

  • Santa Comba _ 5.000 euros

  • Santiso _ 5.000 euros

  • Toén _ 4.000 euros

  • Tomiño _ 5.000 euros

  • Toques _ 5.000 euros

  • Valdoviño _ 5.000 euros

  • Vilanova de Arousa _ 5.000 euros


Os concellos que recibiron subvención para a organización de campañas de normalización lingüística son:

  • Ares, A Baña, Cabana de Bergantiños, Corcubión, Dodro, Fene, Laxe, Mancomunidade Arousa-Norte, Mancomunidade Serra do Barbanza, Mesía, Muros, Noia, As Pontes de García Rodríguez, Rois, Val do Dubra, Vimianzo, Monforte de Lemos, Paradela, O Páramo, A Pobra do Brollón, O Barco de Valdeorras, Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras, Cualedro, Esgos, Leiro, Lobeira, Muíños, Sandiás, A Veiga, Verín, Vilar de Santos, Baiona, Barro, Bueu, Cangas, Catoira, Redondela e Vigo.


[Nel]
Comentarios (0) - Categoría: OUTRAS CONVOCATORIAS - Publicado o 09-09-2007 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VII Escola de verán de Nova Escola Galega
Inauguración da VII Escola de verán de NEG en Ferrolterra

Mércores, día 5 de setembro, ás 16:30 horas dará comezo a VII Escola de verán de NEG en Ferrolterra - Fene 2007- sobre "A normalización lingüística". Neste acto estarán presentes Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta de Galicia; Iván Puentes, Alcalde do Concello de Fene; Carme Adán, Secretaria Xeral de Igualdade; Xosé Lastra, Presidente de NEG; e César Martínez, Coordinador xeral da VII Escola de verán.

Datas de celebración:
5, 6, 7 e 8 de setembro do 2007

Lugar de celebración:
Casa da Cultura do concello de Fene

http://www.nova-escola-galega.org/almacen/documentos/Tríptico%20NEG1.pdf
Comentarios (2) - Categoría: FORMACIÓN - Publicado o 06-09-2007 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Curso de especialización en planificación lingüística nos centros de ensino

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, convoca un Curso de especialización en planificación lingüística nos centros de ensino.

  • Datas: do 18 de setembro ao 20 de decembro de 2007

  • Lugar: Santiago de Compostela

  • N.º de horas: 130 (116 presenciais e 14 non presenciais)

  • Prazo de inscrición: até o 11 de setembro

  • N.º de prazas: 40

  • Módulos que se van traballar:
    1.Lexislación lingüística
    2.Sociolingüística e planificación lingüística
    3.Programas de ensino plurilingüe
    4.A planificación liguüística no ensino
    5.A dinamizaciónlingüística. Concepto de dinamización e papel do dinamizador ou dinamizadora.
    6.Os equipos de normalización lingüística nos centros de ensino.
    7.Obradoiros prácticos

  • Destinatarios/as: persoal docente

  • Programa completo, en .pdf, aquí

  • Convocatoria xeral e folla de solicitude de asistencia, en .pdf, aquí


[Nel]
Comentarios (1) - Categoría: FORMACIÓN - Publicado o 06-09-2007 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Convocatoria de cursos Celga 1 e Celga 4
A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou, no DOG do 22 de agosto de 2007, a convocatoria de cursos de lingua galega, niveis Celga 1 e Celga 4, destinados a persoas adultas e colectivos de Galiza.

O prazo para presentar as solicitudes remata o día 12 de setembro.

A convocatoria completa, en .pdf, aquí.

[Nel]
Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN - Publicado o 05-09-2007 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Bolsa de colaboración no SNL da UdC


A Universidade da Coruña, en colaboración coa Deputación da Coruña, convoca unha bolsa de colaboración para o apoio ao Servizo de Normalización Lingüística desa universidade.


  • Condicións de aspirantes: ter rematada a licenciatura en Filoloxía Galega e seren estudantes de terceiro ciclo na UdC.

  • Prazo de presentación de solicitudes: até as 14.00 h do día 7 de setembro.

  • Duración da bolsa: 12 meses.

  • Dotación económica: 600 euros mensuais


Máis información en: http://www.udc.es/snl/formacion_bolsa_deputa_07-08.htm

[Nel]
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO - Publicado o 05-09-2007 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3] [4]
Kit para a normalización da lingua

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 PROCURAR EN BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
© by Abertal