|
|
|
|
| Novo web (provisional) da CTNL |
|

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) comunica que xa está accesíbel na rede o novo web provisional da asociación.
Este sitio, que contén a información básica da CTNL amais de novas de interese sobre a normalización do idioma galego, manterase activo durante uns meses até poder contar co novo espazo web definitivo, que achegará máis información de utilidade e fomentará a participación e comunicación entre todos/as os/as socios/as.
O enderezo: www.ctnl.org
|
|
|
|
|
| IV XORNADAS SOBRE LINGUA E USOS. |
|
LINGUA E COMUNICACIÓN
Xa está aberto o prazo de inscrición (até o venres 2, ás 14.00 h.) para as IV Xornadas sobre Lingua e Usos.
Desta volta terán como punto de encontro a "Lingua e Comunicación". No web do Servizo de Normalización Lingüística da UdC podedes atopar tanto o programa coma a folla de inscrición.
[Olga] |
|
|
|
|
| Manuais de planificación lingüística en educación |
|

|
|
|
|
|
| Entrada en vigor da reforma da Lei de función pública |
|

Hoxe entra en vigor a Lei 13/2007, do 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galiza.
Nesta reforma da Lei da función pública hai algún avance de interese para a normalización da lingua galega.
O máis interesante é o punto dezasete da Lei 13/2007, polo que se modifica o artigo 33 da Lei 4/1988, que queda redactada como segue:
"Para lle dar cumprimento á normalización do idioma galego na Administración pública de Galicia e para garantir o dereito dos administrados ao uso da lingua propia de Galicia nas relacións coa administración pública no ámbito da comunidade autónoma, e en cumprimento da obriga de promover o uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia que determina o artigo 6.3 da Lei de normalización lingüística, nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e nas entidades locais de Galicia, terase que demostrar o coñecemento da lingua galega.
Para estes efectos, as bases das convocatorias establecerán que unha ou máis das probas do proceso selectivo se deberán realizar exclusivamente en lingua galega, e iso sen prexuízo doutras probas adicionais, que se puidesen prever, para aqueles postos de traballo que requiran un especial coñecemento da lingua galega»."
Tamén é de interese o punto vinte e nove, no que se estabelece que o artigo 63 bis queda redactado como segue:
1. A Administración pública galega establecerá sistemas que permitan a avaliación do desempeño dos seus empregados.
A avaliación do desempeño é o procedemento a través do que se mide e valora a conduta profesional e mais o rendemento ou o logro de resultados.
2. Os sistemas de avaliación do desempeño adecuaranse, en todo caso, a criterios de transparencia, obxectividade, imparcialidade e non discriminación, e aplicaranse sen menoscabo dos dereitos dos empregados públicos.
3. A Administración pública galega determinará os efectos da avaliación na carreira profesional, na formación, na provisión de postos de traballo e na percepción das retribucións complementarias correspondentes.
4. A Xunta de Galicia articulará un sistema que, entre outros factores, terá en conta necesariamente:
[...]
e) O grao de cumprimento do Plan de normalización lingüística.
[Nel] |
|
|
|
|
| Simposio na USC |
|

Xa está aberto o prazo de inscrición para o novo simposio do ILG. Este ano titúlase "Perspectivas sobre a oralidade". No web do Instituto podedes atopar tanto o programa coma a folla de inscrición.
[Ana García] |
|
|
|
|
| Resolución das subvencións da Xunta a entidades locais para a normalización lingüística |
|
No DOG do venres 7 de setembro publicouse a resolución de subvencións ás entidades locais de Galiza para a normalización da lingua galega.
Podes descargar o documento en .pdf aquí.
Os concellos que reciben subvención para manter o seu servizo de normalización lingüística son:
- A Cañiza _ 9.500 euros
- A Estrada _ 9.500 euros
- Abegondo _ 9.000 euros
- Allariz _ 8.000 euros
- Ames _ 9.500 euros
- Arteixo _ 9.500 euros
- Betanzos _ 9.000 euros
- Boiro _ 9.500 euros
- Boqueixón _ 9.000 euros
- Cambados _ 9.500 euros
- Carballo _ 9.500 euros
- Carnota _ 9.000 euros
- Cervo _ 9.000 euros
- Deputación de Ourense _ 40.000 euros
- Dumbría _ 9.000 euros
- Ferrol _ 30.000 euros
- Lugo _ 30.000 euros
- Melide _ 9.000 euros
- Miño _ 9.500 euros
- Moaña _ 9.500 euros
- Monterroso _ 8.000 euros
- Mos _ 5.500 euros
- Muxía _ 9.500 euros
- O Carballiño _ 9.500 euros
- O Grove _ 8.000 euros
- Palas de Rei _ 7.000 euros
- Ponteareas _ 9.500 euros
- Ponteceso _ 9.500 euros
- Pontedeume _ 9.500 euros
- Pontevedra _ 30.000 euros
- Ribeira _ 9.000 euros
- Santiago de Compostela _ 30.000 euros
- Teo _ 9.000 euros
- Vedra _ 9.500 euros
- Vilagarcía de Arousa _ 9.000 euros
- Vilalba _ 9.500 euros
Os concellos que reciben subvención para crear un servizo de normalización lingüística son:
- A Coruña _ 10.000 euros
- A Laracha _ 5.000 euros
- A Peroxa _ 4.500 euros
- Aranga _ 5.000 euros
- Arzúa _ 5.000 euros
- Barreiros _ 5.000 euros
- Camariñas _ 5.000 euros
- Campo Lameiro _ 4.000 euros
- Carballeda de Avia _ 5.000 euros
- Castro Caldelas _ 5.000 euros
- Castro de Rei _ 5.000 euros
- Cee _ 5.000 euros
- Chantada _ 5.000 euros
- Foz _ 5.000 euros
- Maside _ 5.000 euros
- Montederramo _ 5.000 euros
- Mugardos _ 5.000 euros
- Muras _ 5.000 euros
- Nogueira de Ramuín _ 5.000 euros
- O Porriño _ 5.000 euros
- Oleiros _ 5.000 euros
- Ordes _ 5.000 euros
- Oroso _ 5.000 euros
- Ortigueira _ 5.000 euros
- Ourense _ 10.000 euros
- Parada de Sil _ 5.000 euros
- Piñor _ 5.000 euros
- Pol _ 1.500 euros
- Rábade _ 4.500 euros
- Ribadavia _ 5.000 euros
- Ribas de Sil _ 5.000 euros
- Rubiá _ 5.000 euros
- Sada _ 5.000 euros
- San Cibrao das Viñas _ 5.000 euros
- Santa Comba _ 5.000 euros
- Santiso _ 5.000 euros
- Toén _ 4.000 euros
- Tomiño _ 5.000 euros
- Toques _ 5.000 euros
- Valdoviño _ 5.000 euros
- Vilanova de Arousa _ 5.000 euros
Os concellos que recibiron subvención para a organización de campañas de normalización lingüística son:
- Ares, A Baña, Cabana de Bergantiños, Corcubión, Dodro, Fene, Laxe, Mancomunidade Arousa-Norte, Mancomunidade Serra do Barbanza, Mesía, Muros, Noia, As Pontes de García Rodríguez, Rois, Val do Dubra, Vimianzo, Monforte de Lemos, Paradela, O Páramo, A Pobra do Brollón, O Barco de Valdeorras, Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras, Cualedro, Esgos, Leiro, Lobeira, Muíños, Sandiás, A Veiga, Verín, Vilar de Santos, Baiona, Barro, Bueu, Cangas, Catoira, Redondela e Vigo.
[Nel] |
|
|
|
|
| VII Escola de verán de Nova Escola Galega |
|
Inauguración da VII Escola de verán de NEG en Ferrolterra
Mércores, día 5 de setembro, ás 16:30 horas dará comezo a VII Escola de verán de NEG en Ferrolterra - Fene 2007- sobre "A normalización lingüística". Neste acto estarán presentes Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta de Galicia; Iván Puentes, Alcalde do Concello de Fene; Carme Adán, Secretaria Xeral de Igualdade; Xosé Lastra, Presidente de NEG; e César Martínez, Coordinador xeral da VII Escola de verán.
Datas de celebración:
5, 6, 7 e 8 de setembro do 2007
Lugar de celebración:
Casa da Cultura do concello de Fene
http://www.nova-escola-galega.org/almacen/documentos/Tríptico%20NEG1.pdf |
|
|
|
|
| Curso de especialización en planificación lingüística nos centros de ensino |
|

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, convoca un Curso de especialización en planificación lingüística nos centros de ensino.
- Datas: do 18 de setembro ao 20 de decembro de 2007
- Lugar: Santiago de Compostela
- N.º de horas: 130 (116 presenciais e 14 non presenciais)
- Prazo de inscrición: até o 11 de setembro
- N.º de prazas: 40
- Módulos que se van traballar:
1.Lexislación lingüística
2.Sociolingüística e planificación lingüística
3.Programas de ensino plurilingüe
4.A planificación liguüística no ensino
5.A dinamizaciónlingüística. Concepto de dinamización e papel do dinamizador ou dinamizadora.
6.Os equipos de normalización lingüística nos centros de ensino.
7.Obradoiros prácticos
- Destinatarios/as: persoal docente
- Programa completo, en .pdf, aquí
- Convocatoria xeral e folla de solicitude de asistencia, en .pdf, aquí
[Nel] |
|
|
|
|
| Convocatoria de cursos Celga 1 e Celga 4 |
|
A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou, no DOG do 22 de agosto de 2007, a convocatoria de cursos de lingua galega, niveis Celga 1 e Celga 4, destinados a persoas adultas e colectivos de Galiza.
O prazo para presentar as solicitudes remata o día 12 de setembro.
A convocatoria completa, en .pdf, aquí.
[Nel] |
|
|
|
|
| Bolsa de colaboración no SNL da UdC |
|

A Universidade da Coruña, en colaboración coa Deputación da Coruña, convoca unha bolsa de colaboración para o apoio ao Servizo de Normalización Lingüística desa universidade.
- Condicións de aspirantes: ter rematada a licenciatura en Filoloxía Galega e seren estudantes de terceiro ciclo na UdC.
- Prazo de presentación de solicitudes: até as 14.00 h do día 7 de setembro.
- Duración da bolsa: 12 meses.
- Dotación económica: 600 euros mensuais
Máis información en: http://www.udc.es/snl/formacion_bolsa_deputa_07-08.htm
[Nel]
|
|
|
|
|
|
|
|
|