O PUNTO SOBRE A I

Non pode ser
-Que eu teña que votar ao Psoe porque sempre o votei e por que defendo a súa política social,cando os beneficiados por esas políticas votan ao Pp ¡manda carallo!. Ten en conta que xa estou canso de facer o burro: eu voto a quen me rebaixa o soldo para poder ter cartos para pagar o paro e outras axudas a persoas que logo votan ao Pp. Que gañe o Pp e xa saberán quen son. Lobos con pel de año, e se non que ollen para Inglaterra. Son tan cínicos que prometen unha cousa e despois no goberno fan a contraria. Iso si: os ingleses son ben educadiños e piden perdón, pero os 500.000 traballadores que van botar a rúa van á rúa e punto. Eu destas non voto --di, de mala hostia, un amigo meu, funcionario e votante do Psoe.

Ante tamaño malestar entre os progresistas ¿u-lo o BNG?, pregunto eu.

Non todos os políticos son iguais.

Podemos estar ata as cella dos zapateros, pero a súa política -de xeonllos antes os mandados dos alemáns e dos franceses (se ti recibes fondos europeos que poñemos nós, tes que facer o que che digamos e se queres erguer a cabeza pois...pon os cartos e adeus aos fondos europeos)-, digo que a política do zapatero non é a mesma ca dos goberno inglés, etc. Se chega Rajoy adeus ás políticas sociais. O curioso é que se chega Rajoy será porque o votan os que hoxe cobran as axudas aprobadas polo Psoe e que logo lles quitará o Pp, iso si, pedindo perdón por non cumprir as promesas electorais...

E todo isto dígoo soamente polo de ingratitude que teñen as opinións de moitos cidadáns... Eu non defendo a Zapa nin moito menos, eu creo que o único camiño para nós é o noso: a independencia de Galiza.

Máis pesimismo
No meu comentario anterior non tiña a moral moi alta.

Pois hoxe continúo esbarando.

Ler as declaracións do Gobernador do Banco de E. e ver un futuro cheo de nubeiros todo foi un.

Ese ¿señor? pretende que se elimine dos convenicos as cláusulas de incremento dos salarios en relación co incremento do índice de prezos.

Iste é o primeiro paso.

O seguinte será o de eliminar os salarios.

E o seguinte será o de ter que pagar para poder traballar.

E así.

Ou estamos tolos ou non sei...

Son consciente de que o PSOE non fai políticas de esquerda, pero ¿que queda?

Todo empeza a estar confuso para min.

Frustación
A de algúns militantes, bastantes simpatizantes e moitos votantes dos partidos de esquerda.

Vemos (eu estou aí como votante) que eliximos a representantes para institucións que chegados ao poder XUSTIFICAN  medidas impensables (véxase a Zapatero na folga xeral do 2002 e véxase a súa postura no 2010), moitas delas pura expresión da incompetencia deses persoeiros.

Podo citar casos de cargos que COLOCARON a "amigos" e familiares en postos de administracións públicas mentres o común dos OPOSITORES estudia que te estudia para case non dispor de oportunidades, candos NÓS sempre predicamos igualdade, ética, NON Á CORRUPCIÓN... etc.

¿Que faremos nas vindeiras eleccíóns?

A verdade, non o sei, pero para facer políticas de dereitas (PSOE) ou actuacuións personalistas (BNG), que goberne o PP pois así, cando menos, o cabreo interior de cada un de nós ten razón de existir.

Será porque hoxe estou cabreado, algo deprimido (non vexo futuro para os meus na vía de oposicións), e nesa situación todo escurece...

Dilapidadores
Os da Xunta do PP.

Estamos gobernados por ineptos e treidores a Galiza.

Non sei, para que nos gobernen os feijoós case prefiro que Galiza non sexa independente.

Son tan bestos estes tipos e estas tipas que día a día toman decisións que atentan contra a estética, contra a decencia e nin se ruborizan.

Unha mostra entre moitas (e das menores): gastan case 70.000 euros nun estudo que vai facer "unha empresa amiga" para ver de como se pode axilizar a implantación da Lei de dependencia.

¿E para que están conselleira, secretaria xeral, directores xerais, subdirectores, etc?

Isto xa non hai por onde collelo pero o asunto é que agoantamos a desfeita como bois mansos e este si que é o problema: o noso aguante.

lectores nacionalistas
Nacionalistas galegos.

¿Cantos...?

Ben sei que un pode ser nacionalista-independentista e non "limitar" a súa lectura a libros -narrativa, poesía,ensaio- que se refiran directa ou indirectamente a Galiza e que o fagan desde unha ideoloxía nacionalista.

Ben o sei, e sen dúbida pecharse nesa perspectiva significaría un numantinismo que no campo cultural conduce a unha visión do mundo moi cativa, ben o sei, pero tamén temos-debemos ler o que se publica en galego e na defensa de Galiza, xa digo, en novelas, poemas, etc., para manter en pé o proceso.

¿E cantas editoriais están en disposición de publicar este tipo de libros...?

M.Reboiras: de oídas
Tocan de oídas.

Moitos medios de comunicación que dan conta da homenaxe popular que tivo lugar en Imo o sábado día 7 deste mes de agosto.

Entre eles A Nosta Terra, que xa lle ronca...

Curiosamente non o El País.

¿Por que o sei?

Entre outras cousas porque din que se cantou o himno galego co acompañamento do grupo Axóuxere, que por razóns de impedimente non estivo no acto... e porque eu si estiven alí.

En fin.

O importante é que sobre 500 persoas -nenos/as e grandes- escoitamos  recitar a Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana, o cantar de Pilocha, ao presentador Anxo Angueira, a Uxía Blanco... e logo na festa a Mini e Mero, Margarita Ledo Andión, etc.

Moncho Reboiras.
No agosto de tristes recordos,humilde homenaxe.

Imo (Dodro) 1950 - agosto 1975 O Ferrol

“Un home que teña fe no ideal que propaga non debe resignarse a morrer sen velo realizado, a non ser que morra na loita polo seu ideal”				Castelao

Quero escribir

o teu nome

en letras douradas,

irmán.

Quero escribir

moncho

un país libre

e florece o teu sangue

no fervor incansable

dos puños ergueitos

e son flores

indómitas

as indómitas

gargantas

que berran

alto e sen pausa:

patria e liberdade

e para vivir

a nosa terra liberada.

Moncho

Besteiro-Bao/Bao-Besteiro
O presidente e vicepresidente da deputación de Lugo que botan peito proclamando a quen queira escoitar que xa teñen cumprido o programa de cogoberno asinado para os catro anos.

O certo é que gabarse non ten prezo para os que te cren (polas razóns que sexan: seguidismo ideolóxico, favores porque os empregaches como persoal eventual, etc) pero si o ten para os que de entrada non temos por que tragar con rodas de muíño.

Moitos nacionalistas e moitos progresistas están/estamos decepcionados e non sei se vos pasará o mesmo que lles pasou ao Psoe-Bng nas últimas eleccións ao parlamento de Galiza.

Creo que pretendestes ampliar o horizonte eleitoral descoidando aos "de sempre" e xa veremos...

Eu creo que fixestes cousas e con outro talante e con outros obxectivos cos que defende o Pp, pero a verdade os resultados son moi pobres para as perspectivas que no seu día nos xerastes.

Non só hai que ter formación e información senón tamén capacidade de xestión e nesta última opino que coxeastes moito...