O PUNTO SOBRE A I



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

¿Todo e sempre en galego...?
Pois, naturalmente.
En Galiza o único idioma o galego.
¿E os que non queren aprendelo...?
¡Que se vaian!
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-11-2008 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cons. Industria: a Ana e Aurora
¿Que barato é falar, dis ti Aurora...?
Máis caro é comungar con rodas de muíño.
Ana, ti cres que é inxusto o que digo de FB e eu creo que é... triste.
Verás, nesa entusiasta "acomodación" do BNB aos valores da sociedade (a única forma de "tocar poder", segundo os quintanistas e demais), non se pode esquecer a "ética".
¿Acaso o BNG de Lugo non conta entre os seus afiliados-simpatizantes con xente tan ou máis preparada có "cuñado"?
Estou seguro que ti non ignoras que si. Eu podería nomearche a máis dunha ducia.
Pois logo ¿por que se nomeou delegado de industria ao"cuñado"?
Entre os seus ex-compañeiros da Caixa tiña fama de "vividor" e non precisamente de "xestor".
Por outra banda como técnico nada de nada: nin de minas, nin de industria, nin de consumo, nin de comercio, nin... el é licenciado en historia ou algo así.
Para máis inri, se puxeras as antenas e escoitas o que se di na delegación, no edificio da Xunta e en todo Lugo, alucinarías... Eu non creo a metade da metade, pero algunha cousa si, porque teño testemuñas moi próximas: o bon do señor para colmo fai a cotío comentarios moi pero que moi machistas ("tía, que boa estás", e outras de maior gravidade).
En fin, para min triste, moi triste, por non dicir penoso.
E non hai pero xordo co que non quere oir...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2008 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A UPG e o día a día
Tivo lugar un novo congreso e unha nova reafirmación nos principios nacional-populares.E iso está ben pero ¿e o resto do tempo onde está a organización...?
Facendo a política posible e non a desexable, contestarán.
Eu digo: pouco valen as manifestacións puntuais contra o Valedor de España, perdón, do Pobo, se cando é o momento de elixilo se vota a favor deste señor; pouco valen as críticas ao Gaiás se a consellería gobernada polo BNG apoia a súa terminación e o seu emprego non se sabe moi ben en que dirección; pouco valen as manifestacións de apoio á lingua se logo caemos na incoherencia de gobernar con un partido que en público -e non sempre- se expresa en galego pero que en privado se expresa en castelán; pouco valen as proclamas de honestidade e transparencia se logo temos a un conselleiro de industria que nomea a un cuñado (como mínimo ineficiente) como delegado provincial e na súa delegación dirixen os que falan en castelán (amén das múltiples cacicadas diarias que se cociñan aí); etc. etc.
Menos prédica e máis fariña, señores.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-11-2008 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Anxela Bugallo
A conselleira de Cultura ¿fai política nacionalista...?
Máis aínda: ¿fai política galega...?
¿Un nacionalista pode apoiar a política -agás actuacións puntuais- que se leva a cabo nesa consellería...?
¿A UPG está de acordo con ela?
Eu penso que non. Entendo que a ÚNICA consellería que podía incidir dun xeito directo e claro facendo unha política nacionalista era precisamente esta, xa que as outras son máis ben de xestión, se ben é certo que unha boa xestión catapulta sempre unhas ideas e a xestión pode obedecer e responder a unha ideoloxía determinada.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-11-2008 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
¿Resucita a UPG...?
Hai tempo que esta organización está moi calada e os seus máximos dirixentes (Bautista Alvárez e Paco Rodríguez) desaparecidos, o que nos fixo pensar a moitos que comungaban coas falcatruadas que están a facer os conselleiros do BNG no goberno da Xunta.
Pero ¡e xa era hora! dá a sensación que despertan e manifestan a súa fonda preocupación por como se están a xestionar as competencias asumidas (de aí que pidan explicacións).
E ademais semella que queren retomar a loita pola defensa do idioma galego.
Veremos en que para a cousa.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-11-2008 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
¿QUE É SER NACIONALISTA GALEGO...?
¿Militar no Bng...?
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-08-2008 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
¿Que
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-08-2008 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
NOVAS ELECCIÓNS
Achégase o tempo de recoller o froito da semente destes anos de goberno.
Na miña opinión os resultados son pobres.
Entendo que non era doado levar a cabo unha política nacionalista e de esquerdas, pero o que fixeron os nosos representantes do BNG non loce precisamente.
Agora faise un chamamento á unidade para afrontar o novo reto electoral.
É moi duro dicir que non pero tamén o foi ver como se mantivo nos postos de responsabilidade a xentes designadas pola dereita máis rancia, que boicotearon o labor político dos conselleiros e delegados, se ben con pleno coñecemento destes. De aí que non sei ata que punto paga a pena facer un esforzo para que eses señores renoven os cargos.
O meu é un discurso desesperanzado, xa o sei, pero unha opinión que compartimos moitos dos que deixamos os mellores anos da nosa vida loitando por erguer o edificio nacionalista -lembro cando nas súas orixes eramos de todo: ERGA, ANPG, UPG, SOG, CC.LL. etc.-, moitos dos que queimamos a pel e que agora nos vemos dalgún xeito treizoados polos militantes que ocupan cargos institucionais
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-06-2008 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O BNG e a burocracia
1.- Política cultural
Pódese afirmar, non sen certa reserva, que nas institucións nas que goberna e no seu conxunto, o BNG non fai política cultural propia senón que “xestiona” a política cultural “do sistema”, cun mínimo de “pegadas” galeguistas, iso si.
Se botamos unha ollada á Consellería de Cultura , ás Deputacións (A Coruña e Lugo) e aos numerosos concellos, a conclusión non pode ser outra.
Chegaron ao poder como con medo “a facelo mal”, talvez máis preocupados “por non molestar ás forzas vivas” ca por levar a cabo o seu programa nacionalista, o tempo pasa e así lles/nos vai.
“Ti pensas que para xestionar ben unha librería hai que ler libros...”, comenta un amigo.
Máis alá do, na miña opinión, inaxeitado da comparanza, a sentenza do meu amigo si dá no miolo, no cravo: o BNG nomeou para as áreas de cultura a “xestores” e non a persoas que viven e senten a cultura e así lles/nos vai.
E ademais entendo que caeron “nas trampas españolistas” que habilmente, que con tanta maña lles tendeu o PSOE. Nada extraño por outra banda pois se de xestores falamos os socialistas son máis “expertos”, dado que máis sabe o raposo por vello que por raposo.
¡Mágoa da oportunidade perdida!
Pero nunca é tarde se se reconducen as cousas.
Non é imprescindíbel ler a Blanco Amor, Méndez Ferrín, Rosalía, Neira Vilas, Castelao e un longo ecétera para ocupar a dirección na xestión cultural pero, cando menos, sería moi recomendábel.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-05-2008 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
un capítulo de D, novela
De entrada algo debe quedar claro entre nós: que Galiza non é Hespaña e que neste campo non se admite ningún tipo de debate, nisto non cabe discusión.
¿Intolerancia...? ¿Intransixencia...?
Si, nesta cuestión son ferreño e un libro aberto. Valla, xa que logo, como declaración de principios de quen vos fala.
De aí que recomende abandonar a lectura destas páxinas a quen se sinta molesto ou incómodo por esta manifestación.
E non son tan bobo como para negar que hoxe por hoxe Galiza forma parte da estructura político-administrativa de Hespaña pero eu, que son nacionalista ata a médula e polo tanto independentista (non entendo aos que se din nacionalistas e non independentistas), loitei, loito e loitarei para que a nosa patria acade canto antes a súa soberanía.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-03-2008 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3] [4]
© by Abertal