|
|
|
|
| ¿E por que o fiscal...? |
|
Non actúa de oficio no ASUNTIÑO dos parlamentarios galegos...
Se é verdade que cobran kilometraxe sen facelo, axudas de custo os que viven en Santiago, etc.
POR QUE NON INVESTIGA DE OFICIO XA QUE ESTAMOS EN PRESENZA, CANDO MENOS DE DOUS TIPOS DE DELITOS:
MALVERSACIÓN DE FONDOS PÚBLICOS
FALSIFICACIÓN DE DOCUMENTOS PÚBLICOS
Ao que rouba unha pita cáelle o peso da xustiza enriba, a estes señoritos todo lles está permitido...
Diante das novas de prensa que informan destas actuacións, que non son meras irregularidades administrativas xa que meten cartos de todos nos petos deles, os señores fiscais deberían demostrar que merecen os soldos que cobran do erario público...
¿OU NON? |
|
|
|
|
| O candidato do BNG |
|
¿E por que non Beiras, se xa demostrou como se chega aos votantes sen renunciar ao ideario propio...? |
|
|
|
|
| O candidato do BNG |
|
Se os actuais dirixentes do BNG teñen dous dedos de fronte e queren volver a subir na aceptación popular nestes intres só hai un candidato con tirón: BEIRAS.
Calquera outro levará ao BNG á mínima presenza nas institucións.
¡Que se deixen de persoalismos e traballen polo mellor para o nacionalismo!
Xa estamos a ver o que ocorre cando se perde o poder: que do pouco feito o PP desfaino todo. |
|
|
|
|
| Casares |
|
E ben sei que Carlos Casares non era de esquerdas (como moito achegábase ao Psoe)nin nacionalista, pero el diciase galeguista.
E que o PP, que ATACA a lingua galega e todo o que sexa "identitario" de Galiza -agás se cadra a rianxeira, o polbo e os gaiteiros-, que o PP se descolgue agora na Xunta empregando a imaxe de "A galiña azul" de Casares como logotip das case nin-natas galescolas ¡róncalle o nabo!
Eu creo que a viúva de Casarfes, Kristina Berg, non acerta ao autorizar esa utilización.
¡Resulta todo tan ilóxico...!
Podo entender que hai que salvagardar a democracia e a tolerancia, pero non LEXITIMANDO aos intolerantes co máis sagrado para Casares, que o foi O NOSO IDIOMA, O GALEGO. |
|
|
|
|
| Moncho Reboiras... |
|
Do libro de poemas FÓRA DE LEI (na páxina web:mortenamuralla.com, que se pode descargar gratis):
MONCHO REBOIRAS
nacionalista
asasinado
pola
policía
franquista
Imo (Dodro) 1950 - agosto 1975 O Ferrol
“Na madrugada do día 12 de agosto do 1975, no Ferrol, morría asesinado polas balas imperialistas, o compañeiro XOSÉ RAMÓN REBOIRAS NOIA”. Terra e Tempo, agosto 1976 (voceiro da Unión do Pobo Galego- UPG)
Tributo de afecto e admiración
“Un home que teña fe no ideal que propaga non debe resignarse a morrer sen velo realizado, a non ser que morra na loita polo seu ideal”
Castelao
“Ellos
al darle muerte
le otorgaron
la vida perdurable”
José Emilio Pachecho
“Qué palabras poden esplicar a túa ausencia,
compañeiro
...
Qué palabras, meu capitán,
poden lembrar a túa ausencia
...
Cómo hai que traballar a palabra,
a nosa voz asoballada,
o noso idioma ametrallado
que ti erguiche unha e outra vez,
sin descanso nin vacilacións,
na cidade e no campo,
na aula,
na fábrica,
no mar,
no fogar,
no amor
e na loita,
unha e outra vez,
sempre,
sempre,
sempre.
O lume de agosto sigue
a queimar as nosas carnes torturadas”
Moncho, compañeiro
Edicións Terra e Tempo
12 agosto 1977
“¡Ouh capitán, meu capitán! Érguete e escoita as
campás.
Érguete, para ti flamexa a bandeira, para ti soa o
clarín”
Walt Whitman
“RECLAMO A LIBERTADE PRÓ MEU POBO”
Xosé Luís Méndez Ferrín.
“Nunha nena de seis anos que naceu en Basilea
e cantou pra min a Internacional en idioma galego e non
puiden rete-lo pranto e foi en mil novecentos
setenta e catro, e por ela
reclamo a libertade pró meu pobo” Xosé Luís Méndez Ferrín
Coa nova primavera,
ouh meu capitán,
virán poetas novos
a recoller
as nosas lágrimas
botadas a perder
e dispararán
versos de furia
e declararán a guerra
aos rancios, aos vellos invernos
que renovan escravitudes vellas
que
da vella castela veñen.
Coa nova primavera
¡ouh meu capitán!
versos de furia
para destruir
as pontes vellas
e para sepultar
o noso réquiem
estéril
de almas en pena.
Quero escribir
o teu nome
en letras douradas,
irmán.
Quero escribir
moncho
un país libre
e florece o teu sangue
no fervor incansable
dos puños ergueitos
e son flores
indómitas
as indómitas
gargantas
que berran
alto e sen pausa:
patria e liberdade
e para vivir
a nosa terra liberada.
E o teu sangue
será unha espiral
de frescura
para construír
a patria,
unha badalada
para habitar
a beleza dos signos
na praza do Obradoiro,
na praza da Quintana.
O mártir que respiras,
camarada,
resiste nas raíces
e resistimos...
Os mártires non morren,
quedan encantados.
Non hai corrupción
que venza o ritmo
dos revolucionarios.
Non hai morte
¡nin liñas tachadas!
Guimarâes Rosa: “Os poetas non morren, quedan encantados”
Gonzalo Rojas: “As persoas non morren, quedan encantadas”
“BÓS DÍAS a vós
xentes destas casas,
bós días, bós días
e permitide
que tire o meu sombreiro
...
bós días a ti
meu pobo e meu país
legatario da nosa eternidade
eu desexo vivir e morrer
onde queiman os feixes de leña
no braseiro dos fornos dos casales
sobre a terra cocida das chemineas das fábricas
...
Comprendédeme
...
compría que un día aprendera
a ser eu
...non sei nada aínda
deste país desvertebrado
deste país onde logo xa non haberá nenos para ir
ós niños nin pra latar á escola”
Paol Kenneg
“Cando as súas balas penetraban
no teu corpo de primavera, aturdido e inocente,
os transeúntes que debían socorrerte
tranquilamente seguiron para as súas casas,
envoltos nas súas miles de penas cativas”
Siavash Kasrai
|
|
|
|
|
| BNG: non pode ser. |
|
Non.
Que o nivel de falla de coherencia chegue a nomear a xefes de servizo que falan cos funcionarios e co público en español.
Exemplo: a xefa de servizo de patrimonio (ou algo así) da Delegación de Cultura en Lugo. Leva no posto un mes e xa é coñecida polo idioma que emprega. Xa vos maxinades a cantidade de críticas que iso xera... e non é por menos.
¿U-la a defensa do noso idioma, señores do BNG...?
Predicar predica calquera, agora dar trigo...
E seica é unha "enchufada" do Señor Quintana, para colmo.
Un xa non gana para disgustos. |
|
|
|
|
| ¿Manda moita a UPG...? |
|
Segundo algún xornal os "quintanistas" están cabreados porque a U colocou aos seus candidatos para as vindeiras autonómicas en bo lugar en detrimento dos do Quin.
¡E menos mal...!
O Quin últimamente colleu unha deriva "perigosa", chegando incluso a falar nun español imperial que remexía as tripas e non fun quen de "soportar" toda a entrevista.
O nacionalismo non é entreguismo e o "Gran Timonel" do BNG, xa sexa porque lle gosta a poltrona e/ou a adulación, por manterse no cargo baixa os pantalóns ideoloxicamente de xeito vergoñento.
As cousas no seu sitio. |
|
|
|
|
| O Quin fala español |
|
¡Que bonito, si señor! ¡E o Quin sabe idiomas! ¡E non está mal!
Hoxe, 23-12-08, no Socioxornal da telegaita do Psoe sae o Quin, todo guapo el, FALANDO ESPAÑOL.
¡E non o fixo mal de todo!
Admito que estaba na capital do imperio dando unha roda de prensa, pero se fora catalán falaría en catalán e se algún xornalista non o entendía, tería ao seu dispor a traducción simultánea.
Pero a nosa Galiza non ten aínda o "status" dos Paisos Cataláns e con estes gobernantes coma o Quin talvez nunca o acade.
¡De pena! ¿Non si?
¿Ou de vergoña...?
|
|
|
|
|
| O Quin fala español |
|
|
|
|
|
|
| ¿Por que non en galego...? |
|
O BNG, como é publico e notorio, ten a dirección de diversas consellerías, entre elas a de Cultura.
¿Por que non todos os funcionarios deses organismos se expresan en galego...?
Sen impoñer, pero simplemente cumprindo a lei, que xa abondo mesquiña é.
Convencendo, esa é a labor dos dirixentes..
Pero o problema agrándanse de xeito especial cando é o persoal directivo o que non se comunica en galego.
Segundo se comenta en Lugo, acaban de nomear unha xefa de servizo en Cultura que fala en español. Inclusive co delegado, quen seica baixaba a cabeza como con vergoña... O nomeamento disque vén dictado desde Santiago.
NON ENTENDO NADA |
|
|
|
|
|
|
|
|