Hoxe venres: Xabier Díaz en Laracha, Kroke en A Coruña (Teatro Rosalía), e Aran e Martín Buscaglia en Vigo (os primeiros no Sete Mares, e o cantutor uruguallo no Iguana Club)
Fai algún tempo buscando videos do grande músico italiano Angelo Branduardi (xa compartirei algún..) topeime con este video featurado.
O grupo leva o nome de Caparezza, e deben ter certa sona en italia, pois é doado atopar videos seus navegando pola rede.
Aquí volo deixo.. chamoume especialmente a atención porque xa coñezo a Angelo Branduardi, non sei que opinaredes quenes non recoñezades a melodía sobre a que traballan Caparezza ¿?
Se vos gustan as fea-turradas, podedes escoitar algunhas, feitas por grupos galegos aquí, e aquí
..e postos a mostrar cousas curiosas.. botádelle un "ouvido" ao track oculto do disco de Xarín
Teño un gafe estrano.. despois de ter escoitado música en moitas webs a través do Castpost, agora que me animo a utilizalo eu comeza a dar problemas, alguén sabe dalgún programa similar???
Así que hoxe en lugares de compartir eu música, enlazo con música compartida:
Fanny + Alexander - Lene
Videoclip do tema "Lene" incluido no seu primeiro traballo, Lusco e Fusco
Descubrinos a través dunha web moi recomendable (entrei agora para comprobar o enlace e topeime con que están a compartir un novo disco, haberá que escoitalo!)
Hoxe na Coruña, ás oito da tarde, na Fundación Caixa Galicia (na rúa medico Rodriguez) falarán sobre o grande Zeca, Mini e Mero, da Quenlla e dous históricos da Nova Canción Galega: Miro Casabella e Benedicto.
Só por estes dous xuntos xa vou face-lo imposible por subir ata alí (algún sureño se apunta??)
Por certo, a nova ven tamén anunciada nun blog veciño que leva o propio Benedicto ¡!. Non comeza con mal pé a Blogoteca esta.. xa que estea en galego dalle moitos puntos... e pra zoupóns axuda que sexa tan sinxela de levar (e que os que a levan resposten pacientemente as dubidas dos usuarios tamén é unha grande axuda, hehehe)
(9) Juventude Maldita // Colera ^
(10) Roberto Leal. Álbum "Lisboa antiga" gravado em 1974 ^
(11) "Filhos da Madrugada cantam José Afonso" (1994) Excelente disco no que distintos grupos portugueses, de diversos estilos, versionean temas de Zeca ^
(12) A Banda Paulista crea o 'Rock Combate' - título dado ao som da banda por alguns críticos da época -Rock Combate - título dado ao son da banda por alguns críticos da época -, en 1987 gravan o disco '365' no que inclúen esta versión de Grandola Vila Morena ^ (13) Versión de Betagarri con un engadido en euskera:
Herriak suntsituz diktadura
eskuratu zuen boterea,
eta armak, zibilen laguntzaz
klabelinetan bilakatu ziran.
Gorri kolorea hango ruetan!
Lore usaina hango ruetan!
Garaipena ere hango poboetan!
Ta meninoen aurpegietan!
O pobo, derrotando á dictadura tomou o poder,
e as armas, coa axuda dos civiles
convertéronse en caraveis
¡Color vermello naquelas rúas!
¡Arrecendo a frores naquelas rúas!
¡Tamén a victoria naqueles pobos!
¡E nas facianas dos nenos! ^
(si unha vez dado o play escoitas a música entrecortada,
pausa un rato psra que cargue de todo)
Este xoves tivemos a oportunidade de ver, unha vez máis, o excelente documental de Julio Medem
Así que levo tres días coa cancionciña na cabeza, i era obrigado comezar con ela este blog, eis a letra:
Hegoak ebaki banizkio
nerea izango zen,
ez zuen aldegingo.
Bainan, honela
ez zen gehiago txoria izango
eta nik...
txoria nuen maite.
Se lle cortara as ás
tería sido meu,
non tería escapado.