De Sons


Insistindo: Unha Rúa para Zeca Afonso
COPIO E PEGO:


Son centenares as sinaturas que xa hai na páxina: http://www.ghastaspista.com/novas/ruazeca.php e segue a haber poucas de aquí, e poucas de POLA ESQUERDA. Por que non vos animades a asinar? Só con poñe-los datos chega... O límite marcado para poder apoiar é o 31 de maio.

Coma se se tratase dunha "catarsis cívica" colectiva alí van quedando non só os nomes, tamén as reflexións, os pensamentos.

O mundo da música popular vai quedando alí representado: os uruguayos DANIEL VIGLIETTI e ANDRÉS STAGNARO, o catalán QUICO PI DE LA SERRA ou os portugueses LUIS CILIA, ZÉ MÁRIO BRANCO, FILIPA PAIS e SÉRGIO GODINHO, o brasileiro IVÁN LINS ou o compositor de música "clasicista" ANTÓNIO VITORINO DE ALMEIDA (pai de MARÍA DE MEDEIROS, directora da película "Os Capitães de avril") os "ex" Voces Ceibes, VICENTE ARAGUAS, XAVIER ou MIRO CASABELLA, e centenas e centenas de persoas de diversas profesións e ocupacións, desde enfermeiros a catedráticos, desde artesáns a estudiantes. Desde XOSÉ MANUEL BEIRAS ata XOSÉ CONDE CORBAL (a título póstumo, que se adhire por expreso desexo da súa viúva e fillos) pasando por XOSÉ LUIS DE DIOS.

Entre as moitísimas reflexións alí escritas imos destacar hoxe as seguintes:

Me adhiero al movimiento y reclamo de una Rua para Jose "Zeca" Afonso, al que tuve el honor de invitar junto a sus amigos de Voces Ceibes a memorables actos musicales de resonancias antifranquistas en la Escuela de Comercio de Gijón y a otros eventos en Asturias. Su recuerdo será perenne para muchos asturianos. Entrañable amigo y compañero de tantos momentos inolvidables en el proceso de la conquista de la Libertad para nuestros pueblos, bien merece admirarse su recuerdo al pasear por las aceras de esa afortunada Rúa . Zeca Afonso connosco sempre. MIGUEL ÁLVAREZ ARECES. Director da revista asturiana "ÁBACO"

Conheci o Zeca em Coimbra em 1962 numa republica de africanos em Coimbra. Fiz o único programa musical da Radiotelevisão Portuguesa em que participou voluntariamente, em 1979: Lugar de Exílio, José Afonso Canta. Utilizei a sua música em documentários: A Terra da Ermelinda (1972) e Catarina (1974).
A sua popularidade entre as sucessivas gerações que acreditam na sua forma de luta (por via da arte, do som e da palavra) e partilham do seu ideal faz dele um dos maiores expoentes da música portuguesa, ibérica, europeia do século XX.
ANTÓNIO FARÍA, director de cine lisboeta.

Tendo sido eu o primeiro acompanhante em viola das canções de intervenção do Zeca durante perto de uma década, sempre soube do carinho e admiração que ele tinha pela Galiza. Acho que o que pedimos é merecido. RUI PATO, Coimbra

Parabéns pela iniciativa. Agrada-me saber que, na Galiza, a memória do Zeca Afonso continua viva. Há dias, em Portugal, num espectáculo de dança de uma companhia estrangeira que terminava com a canção «Grândola», houve um grupo que apupou e assobiou os artistas, o que me obrigou a levantar e aplaudir de pé, entrando em conflito com o referido grupo e sofrendo insultos e ameaças. Aconteceu em Lisboa, na Culturgest. ACÁCIO BARRADAS, xornalista. Lisboa.

Gracies per contar amb mi!
Quico PI DE LA SERRA, cantautor, Barcelona.

Fui aluno do Zeca, em Aljustrel no Externato D. Filipa de Vilhena. Foi no longínquo ano de 1957, tinha eu apenas 13 anos de idade. Ele era um jovém professor de Geografia. ainda não era conhecido como cantor de intervenção. A sua curta estadia junto de nós marcou muito a geração de alunos desse tempo. era um professor diferente dos tradicionais. a sua postura e o relacionamento encantou-nos. Foi uma enorme decepção a sua inesperada abalada. Fomos em peso despedir-nos dele ao comboio. Só voltou a Aljustrel para actuar num espectáculo com o Fausto, numa tarde escaldante de Julho de 1979. começava a dar sinais de doente. ele e a Zélia ficaram a dormir em minha casa. A sua memória como artista e sobretudo como Homem íntegro perdurará para sempre nos nossos corações, enquanto vivermos. Mas é preciso legar essa memória às gerações que o não conheceram. Era um cidadão do mundo, mas a Galiza libertária era-lhe especial. Grave-se o seu nome numa rua dessa terra fraterna. FRANCISCO COLAÇO, engenenheiro, Aljustrel.




I ENGADO:

Cando escrebo esto na web contan 1061 adhesions

Ademáis das citadas.. andan por aí
Vicente Montoto, Xurxo Lobato, Camilo Nogueira, Xurxo Martinez Crespo, Uxía Senlle, Margarita Ledo Andión , Suso de Toro, Alvarez Caccamo, Bieito Iglesias , Carlos Taibo , Marina Rossell, recoñecín xente de Fuxan Os Ventos e Luar Na Lubre.. e mais que se me escapan (botei unha ollada, pero son máis de mil sinaturas!!)

Xa sabedes: http://www.ghastaspista.com/novas/ruazeca.php



Fai a túa proposta ou comentario (1) -
falando de A actualidade en Clave de Sons -
Artigo engadido o 25-05-2006 15:52
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Eutanasia, Por Favor

Fai uns días tocoume durmir no Hospital Xeral de Vigo. Como acompañante, eso sí. Co que ninguén me escoitou queixarme de ter que pasa-la noite nun asento (de quenes alí estabamos eu, sen dúbida, era a persoa con mellor sorte).

Pola mañá baixando no ascensor fixeime que había unha pintada co texto que encabeza este artigo "EUTANASIA, POR FAVOR".

Será por iso que hoxe quero compartir un tema de Mar Adentro. E precisamente esa noite escoitaba a canción que aquí vos deixo. Aínda que sempre adoito tirar pra casa, desta vez non vai ser así, e non é un tema de Carlos Núñez o que ides escoitar.
Non sei o motivo, pero cando teño que pasar a noite nun hospital SEMPRE escoito a mesma música: Ópera. I este tema en especial é un dos meus preferidos (non só pra o hospital, esta música é fantastica tamén, por exemplo, pra cruza-la ría de Vigo en barco)

Nessum Dorma, da obra Turandott, de Puccini. Na película escoitase na escena en que Ramón sae voando pola fiestra e vai percorrendo os vales ata chegar á praia. Aínda que na Banda Sonora da película quen interpreta este tema é Jose Manuel Zapata a min gústame máis a versión que aquí vos deixo, na que canta Pavarotti.



E, xa que estamos.. deixovos unha 'curiosidade':





E un pouco de humor... pra que non digades..............












Fai a túa proposta ou comentario (0) -
falando de Músicas Varias -
Artigo engadido o 22-05-2006 15:51
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
17 de Maio, Voces Ceibes.
Era obrigado, sendo este un blog musical mentar o día dos letras galegas a VOCES CEIBES agrupación de músicos que nos anos 70 (e finais dos 60) deron un importante paso en prol da dignificación e normalización da lingua galega como veículo musical; en defensa do idioma e da cultura galega en xeral.

Non estou, en absoluto, en contra do "Dobarrismo" cando se ve este como un xeito ben claro de demostrar que a música en galego tamén pode chegar a ser número 1 en listas de grandes exitos. Ou incluso que cantar en galego non ten porque estar sempre ligado á política.

Pero o SILENCIO que houbo e hai arredor de Voces Ceibes, é algo que sempre me ten chamado a atención. Temos neste país a teima de lembrarnos da xente cando morre (salvo afortunadas excepcións).. e así é de Suso Vaamonde sobre quen mais información atoparemos na rede.
I é realmente unha mágoa, pois é agora, estando vivos, cando teñen MOITO QUE CONTARNOS

....e aquí vos deixo o nome dalgúns poetas i escritos seus que foron músicados por compoñentes de Voces Ceibes (disculpade a calidade do son.. pero quería poñer TODOS os temas enteiros..)


Antón Tovar

- O noso día segredo (Bibiano)




Celso Emilio Ferreiro1

- María Soliña (Xavier del Valle)


- Romance Incompleto (Xavier del Valle)



Curros Enriquez

- Pola Unión (Benedicto)


- As dúas Pragas (Bibiano)




Luis Pimentel
- Canción pra que un neno non durma (Miro Casabella)




Ramón Cabanillas

- Sobredo (Xerardo Moscoso)





Salvador García Bodaño

- Galicia (Xerardo Moscoso)





Uxío Novoneira

- Comezo de Canto (Miro Casabella)


- Amador e Daniel (Bibiano)





Xosé Neira Vilas

- Laio do Vello emigrante (Xerardo Moscoso)



...E deixei pra o final un poema que volveu a estar de moda, pola película de Amenábar. A Negra Sombra de Rosalía de Castro. Pero a versión que vos deixo aquí.. e outra ben distinta á coñecida, e que sorprenderá a quen non a escoitara aínda..
Versión de Bibiano:



......e por hoxe chega. Por suposto non están todos os que son (falta Manuel María, por exemplo, pero este home merece un especial aparte), pero sí son todos os que están.
Deica a próxima ;)









(1) De Celso Emilio Ferreiro xa puxen fai uns días varias versións dun tema seu. É un dos autores máis musicados, pero decidinme desta vez por dous temas ben coñecidos, musicados por Xavier del Valle... xa compartirei máis ;) ^
Fai a túa proposta ou comentario (5) -
falando de Músicas Varias -
Artigo engadido o 17-05-2006 09:03
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Lluis Llach no Campo do Barça
LAURA (Lluis Llach)

E hoxe que podo escribirte unha canción
Lembro cando chegaches
co misterio dos sinxelos,
Inquedos os ollos, o corpo altivo
Co sorriso dos teus dedos
Enchíche-los meus acordes
Con cada nota do teu nome, Laura

Éme moi difícil lembrar
cantos escearios viviron
A nosa anguria polo hoxe,
A nosa ledicia polo mañá...
Na casa, entre tantos compañeiros,
Nun triste exilio alén do mar
Nunca faltou o teu alento, Laura.

e si o azar te leva lonxe
que os deuses garden o teu camiño,
Que te acompañen os paxaros,
que te acariñen as estrelas.
E nun rincon desta voz
namentres poida facela ouvir
sempre estará agochado o teu son, Laura.
-------------

Imaxinate que es Laura, imaxina que te adican unha canción con esa letra, imaxina que na peza en que a cantan tes que facer un só de guitarra, imaxina que estás nun concerto ante máis de cenmil persoas.. ¿qué cres que pasaría?


Fun o xoves, como comentei, ao concerto de Lluís Llach e, coñecendo como coñezo tanta música del, era de agardar que me faltara algunha canción por escoitar (case podo dicir que me faltaron TODAS), así que enchegando á casa, puxenme a ve-lo video deste concerto do que agora comparto un par de temas. Campo do Barça, 6 de xullo de 1985.
E xa chegando ao final.. subiron a cantar un tema con Lluís, Maria del Mar Bonet e Marina Rossell:
"Cant de l’enyor”


Aínda que somentes fora
Pra ve-la claridade dos teus ollos mirando o mar
Aínda que só fora
por senti-lo roce dunha presencia.
Aínda que só fora
pra poder decirnos outro adeus serenamente.

Aínda que só fora
polo suave deslizar dun tempo perdido ao teu carón.
Anda que só fora
percorrer xuntos o belo xardín do teu pasado
Aínda que só fora
para que sentiras como te añoro.
Aínda que só fora
para rir xuntos a morte.

((Desculpade os posibles erros nesta, e na anterior traducción, podedes ve-la letra orixinal na web do propio Lluis Llach))

...e mañá máis.


Fai a túa proposta ou comentario (1) -
falando de Músicas Varias -
Artigo engadido o 13-05-2006 18:29
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Daniel Viglietti e Miro Casabella en Compostela
Acaba de anunciarse en Un Mundo de Músicas

Miro Casabella actuará ás oito da tarde, na Facultade de Ciencias de Educación, e Daniel Viglietti ás dez da noite, na Sala Capitol.

De Miro xa teño deixado algo por aquí... así que hoxe compartirei algo do cantautor uruguaio, dunha actuación conxunta con Mario Benedetti




Por certo, como é probable que moitos de vós non o saibades, comentareino aquí: Daniel Viglietti é autor, entre outros, do tema A Desalambrar, a canción que probablemente coñezades da voz de Victor Jara.


Fai a túa proposta ou comentario (0) -
falando de Axenda -
Artigo engadido o 13-05-2006 18:04
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
..hoxe fai 135 anos: Abolición da escravitude no Brasil
O 13 de maio de 1871, a Princesa Isabel asinou a Lei Áurea, que xa tiña sido aprobada polo Parlamento, abolindo toda forma de escravitude no Brasil. O Brasil foi o último país das américas a abolir a escravitude.
( http://gl.wikipedia.org/wiki/Historia_do_Brasil )

Caetano Veloso - 13 de Maio


Dia 13 de maio em Santo Amaro
Na Praça do Mercado
Os pretos celebravam
(Talvez hoje inda o façam)
O fim da escravidão
Da escravidão
O fim da escravidão

Tanta pindoba!
Lembro do aluá
Lembro da maniçoba
Foguetes no ar

Pra saudar Isabel
Ô Isabé
Pra saudar Isabé


Fai a túa proposta ou comentario (0) -
falando de hoxe hai.... -
Artigo engadido o 13-05-2006 16:41
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Lluich LLach en Vigo - Asamblea Republicana

Hoxe actua Lluis Llach no Centro Cultural Caixanova (García Barbón), nun concerto organizado pola Asamblea Republicana de Vigo. Agora non teño tempo de escribir moito, e mellor vos conto á noite ou mañá, unha vez vista a actuación. Que de seguro me vai gustar, como sempre que asistín a concertos deste home. Disfruto coa súa música, disfruto coa súa voz, disfruto co que entendo do que canta, e disfruto con canto dí.
Fai tempo que perdín o interese por falar cos músicos admirados (en parte porque fai tempo que entendín que non deixan de ser persoas, e que de conversar cinco minutos con alguén pouco se pode sacar..), pero neste caso confeso que a cabeciña se me escapa de todo este razonamento, e me pide que vaia onda o músico e lle diga que escoitalo faime mellor persoa. Non o farei, por suposto,aínda que a tentación está aí.. (mañá cóntovos).

Múuuuusica:

Ten que ser L'Estaca, claro, aínda que hai cancións que me gustan máis que esta, o peso simbólico obriga que me decida por ela (e, outra volta, remítome a mañá pra, 'si eso', colgar algunha das miñas preferidas), ademáis, a peza que comparto aquí está recollida nunha grabación que ven moi a conto, pois pertence ao álbum "Recuperando Memoria - Concierto Homenaje a los Republicanos"





No mesmo disco ven un tema que neste caso SÍ é un dos meus preferidos do cantautor que o interpreta, trátase de Ismael Serrano (outro músico que tamén participou no seu día nun concerto organizado pola Asamblea Republicana), e o tema Al Bando Vencido ("Si han de callar, que callen aquellos, los que firmaron pactos de silencio").



...Ismael, por certo, é outro músico ao que "non me importaría" coñecer persoalmente.. parece de veras unha grande persoa (e cando falo de coñecer, non me refiro a ter oportunidade de charlar con el.. senón -xa veredes que pido pouco- a ter amigos coñecidos ,poder asistir a conversas entre eles, e abrir ben as orellas...)

Nese sentido tiven sorte co que vai ser "o último cantautor de hoxe"...

Miro Casabella - Adeus



Tiven a oportunidade (xa o comentei noutro artigo) de escoitalo este 25 de Abril na Coruña.. e tamén cando a Asamblea Republicana de Vigo o levou a tocar no Manteca Jazz. Un home tranquilo, que ten moito que contar e cantar, e que o conta e o canta dun xeito transparente. Gostei moito do que falou na Coruña, tanto das anécdotas divertidas que viviu con Zeca Afonso, como do que dixo do 'señor' Fraga.. do que foi e o que é... cunha claridade que non daba lugar a répica nen puntualización algunha.


.......outro día continúo.


Fai a túa proposta ou comentario (3) -
falando de Axenda -
Artigo engadido o 11-05-2006 09:47
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
..e hoxe hai 34 anos Zeca Afonso cantaba, por primeira vez, o Grândola Vila Morena, e facíao en Santiago de Compostela
O Burgo das Nacións, en Compostela, (situado no Campus Norte, onde están agora as facultades de Filoloxía, Ciencias da Comunicación, Ciencias Económicas e Empresariais.. a Residencia Universitaria, e o Auditorio de Galicia) foi un complexo creado no ano 1965 para albergar aos peregrins que chegaban a Compostela nese ano (Santo Xacobeo...), despois desto foi aproveitado para cenmil cousas (foi residencia de posgrao, aulario de varias especialidades universitarias, sede da imprenta da Universidade e da súa gardería, acolleu as dependencias da Policía Nacional, etc)
Se vos achegades á praza que hai a carón do que agora é residencia universitaria, veredes unha pequena placa que da fé do que agora vos conto (e xa comentaba hai uns días): No ano 72 José Afonso realizaba a súa primeira xira por terras galegas e, ademáis de estar por Ourense e Lugo, actuou o 10 de maio no Burgo das Nacións, do que vos falo. Din quenes o coñeceron, que Zeca sempre se sentiu moi a gusto cantando na Galiza, foi neste recital, individual, ante un público numeroso e famento de música e letras, onde contan que se emocionou polo afecto e atención recibida e, sen estar previsto, cantou por primeira vez o "Grândola, Vila Morena"... a mítica canción que dous anos despois convertiriase en himno, santo e seña, da Revolución dos Caraveis.

Non é, pois, mal momento o día de hoxe para lembrarmos a este grande cantautor do país veciño.. e aproveito deste xeito para chamar a atención sobre o enlace que teño dende fai uns días nesta web ->
apoiando a iniciativa que solicita (para XA) unha Rúa ou Praza en Compostela, que leve o nome de Jose Afonso



...por suposto non vou rematar o artigo de hoxe sen compartir música. E posto que falamos da relación de Zeca con Galicia, que mellor que escoitar a súa interpretación dunha peza popular galega, editada no seu disco Fura, Fura:

Achégate a min Maruxa




e, naturalmente, varias versións..


José Mário Branco, Amélia Muge e João Afonso, no disco
Maio, Maduro Maio



Dulce Pontes, no disco Lágrimas


Achégate a min, Maruxa. do disco de Luis Pastor "Torre de Babel"


Luar Na Lubre en Hai un Paraíso





Fai a túa proposta ou comentario (279) -
falando de hoxe hai.... -
Artigo engadido o 10-05-2006 09:05
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Hoxe hai case 40 anos (39) cantaba Raimon en Compostela..
O 9 de Maio de 1967, no estadio da residencia de Estudiantes de Santiago de Compostela, "Raimon deu, na súa língoa, un recital da súas propias canciós que tivo un ésito cramoroso. Este recital foi o que fixo comprender a tódolos que a él asistimos a necesidade imperiosa de crear unha nova canción en galego. Unha canción feita no noso idioma, con problemas de oxe, a outura do noso tempo e con música e sensibilidade dos nosos días." (texto tirado do disco 'Noticia da Nova Canción Galega')

Raimon foi, sen dúbida, un dos modelos elexidos por Voces Ceibes.. e non lles faltaban motivos.. eiquí un par de temas que poden servir ben de exemplo. Perdoade que deixe a traducción en castelán (como a atopei), pero xa me deu traballo de abondo, pasar o video da cinta ao ordenador, e do ordenador a youtube...

Pero antes do video.. este arquivo de audio. "Digamos non, nós non somos de ese mundo", aínda que foi composta en 1963, no que se refire á letra é unha canción atemporal como poderedes comprobar. O mp3 que aquí deixo é unha gravación do 67, no encontro da canción protesta na Casa das Américas, en Cuba.












DIGUEM NO

Ara que som junts
diré el que tu i jo sabem
i que sovint oblidem:

Hem vist la por
ser llei per a tots.
Hem vist la sang
—que sols fa sang—
ser llei del món.

No,
jo dic no,
diguem no.
Nosaltres no som d'eixe món.

Hem vist la fam
ser pa
dels treballadors.

Hem vist tancats
a la presó
homes plens de raó.

No,
jo dic no,
diguem no.
Nosaltres no som d'eixe món.

No,
diguem no.
Nosaltres no som d'eixe món.
DIGAMOS NO

Ahora que estamos juntos
diré lo que tú y yo sabemos
y que a menudo olvidamos:

Hemos visto al miedo
ser ley para todos.
Hemos visto a la sangre
-que sólo hace sangre-
ser ley del mundo.

No,
yo digo no,
digamos no.
Nosotros no somos de ese mundo.

Hemos visto al hambre
ser pan
para los trabajadores.

Hemos visto encerrados
en la prisión
a hombres llenos de razón.

No,
yo digo no,
digamos no.
Nosotros no somos de ese mundo.

No,
digamos no.
Nosotros no somos de ese mundo.




E agora sí.. o video, non sei de qué ano ven sendo a gravación, aínda que a 'mosca' da tve2 xa pode dar algunha pista.. Vos me diredes se pagou a pena o esforzo.. de subilo ao youtube....................




NO EM PREN AIXI

No em pren així com al petit vailet
qui va cercant senyor qui festa el faça,
tenint-lo cald en lo temps de la glaça
e fresc, d'estiu, com la calor se met;
preant molt poc la valor del senyor
e concebent desalt de sa manera,
veent molt clar que té mala carrera
de canviar son estat en major.

¿Com se farà que visca sens dolor
tenint perdut lo bé que posseïa?
Clar e molt bé ho veu, si no ha follia,
que mai porà tenir estat millor.
Doncs, ¿què farà, puix altre bé no el resta,
sinó plorar lo bé del temps perdut?
Veent molt clar per si ser decebut,
mai trobarà qui el faça millor festa.

Jo són aquell qui en lo temps de tempesta,
quan les més gents festegen prop los focs
e pusc haver ab ells los propris jocs,
vaig sobre neu, descalç, ab nua testa,
servint senyor qui jamés fon vassall
ne el venc esment de fer mai homenatge,
en tot lleig fet hagué lo cor salvatge:
solament diu que bon guardó no em fall.

Plena de seny, lleigs desigs de mi tall:
herbes no es fan males en mon ribatge.
Sia entès com dins en mon coratge
los pensaments no em devallen avall.

(1970)



No me sucede así como al pequeño paje
que va buscando señor que fiesta le haga
teniéndole caliente en el tiempo del hielo
y fresco, en el estío, cuando la calor entra;
estimando en muy poco el valor del señor
y juzgando desagradable su manera,
viendo muy claro que tiene mala carrera
de cambiar su estado en mayor.

¿Cómo será posible que viva sin dolor
teniendo perdido el bien que poseía?
Claro y muy bien lo ve, si no tiene folía,
que nunca podrá tener estado mejor.
Entonces, ¿qué hará, pues que otro bien no le queda,
sino llorar el bien del tiempo perdido?
Viendo muy claro por sí ser engañado,
nunca hallará quien le haga mejor fiesta.

Yo soy aquél que en tiempo de tormenta,
cuando las demás gentes ocian junto a los fuegos
y puedo tener con ellos los mismos juegos,
voy por la nieve, descalzo, con desnuda cabeza,
sirviendo a señor que nunca fue vasallo
ni le vino idea de hacer nunca homenaje,
en todo trance tuvo corazón salvaje:
sólo dice que buen galardón no me falte.

Llena de tino, feos deseos de mi corto:
hierbas no se hacen malas en mi ribazo.
Sea visto cómo dentro de mi ánimo
los pensamientos no me ruedan abajo.



Fai a túa proposta ou comentario (4) -
falando de hoxe hai.... -
Artigo engadido o 09-05-2006 11:10
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
..a outra nai
Lembro no colexio unha mestra, que nos explicaba que tiñamos tres nais: a "nosa", a patria (Esspáña, por suposto), e a nai de Xesús que "es madre de todos nosotros").
Non podo dicir que teña unha mala lembranza desta profesora.. nin sequera porque nos mandara poñernos de pé cando entraba alguén na clase (resultaba ate divertido -normal cando un é un crío- ver como se 'admiraba' a persoa que entraba..), pero hoxe só de pensalo resúltame un pouco aterrador.... desbotadas esas últimas nais, ambas impostas, eu, postos a ter outra, quédome coa NAI TERRA, que tamén son dúas:

Esta a terra que somos nós, da que falan Luar Na Lubre no seu tema Terra (seleccionado para o disco recompilatorio da Exposición Universal de Aichi):



..e a terra na que nos centraremos hoxe:

(Siniestro Total - Miña Terra Galega)

Aínda que o primeiro tema, o de Luar Na Lubre, dalgún xeito tamén fala de Galicia.. se non se dí claramente.. un nunca está certo de a qué Terra se refire unha canción, ou se fala de ambas:

Nai Terra (Uxía)



penso que é realmente educativo atener a algunhas músicas e letras.. por eso desta vez van tóda-las cancións completas.... tomade boa nota, porque podedes levar algunha 'sorpresa' non só co que din..... senón tamén co que non din, con como o din, con quen o dí.. xa entenderedes axiña ao que me refiro, pois comezo con 'música lixeira':

- ADIANTE GALICIA, "Canción creada para el Banco de Bilbao como base musical de su campaña en Galicia" (1981)
Un campo fértil, unha industria forte,
um pobo ditoso e en paz



- Andee Silver - Miña terra (1972)



- Ana Kiro - Viva Galicia



Sobre toda esta "Galicia de mis amores" é mellor, neste caso, unha imaxe que mil cancións:




Por certo, se alguén non "cae".... por aquí deixo dous audios... da famosa intervención do señor Perez Varela



e desa "Carmina Burana", que seguro que en canto a escoitedes todos habedes recoñecer (Carmina Burana, por certo, significa "os versos de Beuern")


Si falamos de música de Orquestras non poden faltar Os Tamara.. que precisamente lle cantaban a
"A Outra Nai"



E cambiando "un pouco" de estilo, pero seguindo con esas cancións que fixeron e fan botar a lagrimiña polo mundo adiante.. van dous temas de Xocaloma (se me disculpan a ¿blasfemia?: os Mocedades galegos)

Terra


Miña Galicia



Aínda que a min persoalmente a canción da terra que mais me fai chorar, é O MEU PAÍS, cantada polo GRANDE Miro Casabella...


Díxeno aí arriba.. hai moito que atender nalgunha das letras que eiquí vos puxen.. pois este tema ten moito que ver co que se vivía na época de Voces Ceibes. O meu país ten máis mensaxe da que poida parecer a primeira vista.

No mesmo disco ven o tema que leva o seu nome: Ti, Galiza


Da mesma época temos outros temas como o de
Xerardo Moscoso



ou a Nai Galicia de Saraibas



Pouco despois os Resentidos cantábanlle á Galicia Canibal..


..e fai nada os Nen@s da Revolta proclamaban unha nova capital, Galicia Capital Bruselas:


mentras que Skarnio, lembrando a Timor Lorosae, cantaban que A Galiza é maubere


..............e rematamos, que chega ben por hoxe... coa Galiza de Festa, de Jarbanzo Negro





Fai a túa proposta ou comentario (5) -
falando de Músicas Varias -
Artigo engadido o 08-05-2006 18:50
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Como miña nai ningunha..


Deixando a un lado a simpatia que teña ou deixe de ter por este tipo de celebracións (comprade - comprade - comprade) , non deixa de ser unha excusa tan aproveitable como calquer outra pra compartir música:
Catro estilos ben distintos pra falar da nai coa que todos fomos ocupas, sin excepción, a nai que nos quere casar.. e, por suposto, a que nos quentou a cariña (aínda que, a decir verdade.. a min quen me quentaba a cariña era meu pai, hehehehehehe)

A nai da imaxe é unha fotografía de Ksado, que aparece, por certo, no disco Saudade, de Luar Na Lubre.. e con eles comezamos:



Luar Na Lubre: Miña Nai


Fuxan Os Ventos: Miña Nai


Túzaros: Nai


Anubía: Nai



Fai a túa proposta ou comentario (4) -
falando de A actualidade en Clave de Sons -
Artigo engadido o 07-05-2006 02:50
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Musica da Galiza
e outros lares




Blog asociado a
Ghastas Pista?


















Loading...












elidiez82@gmail.com
 Categorías
 Non deixes de mirar/escoitar esto:
 BUSCADOR
 ..ou BUSCA nos BLOGS GALEGOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO

© by Abertal