De Sons


Mandranugalla - Xurxo Romaní
Mandranugalla

Fai algúns anos chegou ás miñas mans un disco dun grupo galego-catalán chamado Ondina Xana.

Agora que o penso... era unha cinta (¡qué tempos aqueles! ;) )



Unha das cousas que mais me chamaron a atención no disco, sen lugar a dúbidas, foi a presenza da zanfona; i, especialmente, houbo un tema que se me quedou ben grabado na cabeciña: L´ou com balla (algo así como "o ovo como baila", non si?), tema composto e interpretado por Xurxo Romaní (na foto, arriba á nosa dereita). Un tempo despois tiven oportunidade de ver a Xurxo actuar na desaparecida Cova Folk, e tamén de escoitalo en sesión privada (eramos tres sentados ¿ao pé dun cruceiro?, Xurxo, outro amigo e mais eu ;) ) nunha praza polo casco vello, non lembro o nome desa praza, nin de si ese cruceiro era en realidade unha fonte, ou unha estatua, ou.., mais o que sí lembro ben, é que nunha das pezas, unha señora/rapaza que pasaba por alí exclamou admirada "anda!! esa es la canción de Luz Casal!!"1. Lembro que daquela non tardei en pedirlle que tocara o L'ou com balla.... E hoxe levo unha agradable sorpresa, por partida dobre, ao saber que este home se animou a grabar un disco: Mandranugalla. E digo dobre porque, si xa é motivo de ledicia saber da edición dese traballo.. ADEMÁIS puiden comprobar que incluíu este tema dentro do repertorio elexido:





O disco, ao completo, está, listo pra descargar, na web de A Regueifa Plataforma, e inclúe dous 'bonus track', remesturas electrónicas de Fanny+Alexander. Só engadir, pra que non estea afeito ao son da zanfona, un pequeno consello: antes de decidir que non che gusta, escoita tódo-los temas unha segunda vez2


...e si mañá sigue este tempo, haberá que facer algo pra esconxurar o sol.





(1) .....a peza en cuestión, como algúns imaxinaríades era o NEGRA SOMBRA de Rosalía, a música aínda que eso pode lerse nalgunhas webs, non é de Carlos Núñez nin de Luz Casal (¡¡!!) senón que se trata dun Alalá recollido (e imaxino que adaptado) polo compositor Xoan Montes, dous séculos atrás.
Aproveito a mención para compartir un tema máis. "Cando penso que.." de Miro Casabella, grabado no seu disco Orvallo, e que non é outro que este poema de Rosalía de Castro, nunha versión distinta, pois a música, nesta ocasión, é do propio Miro. ^



(2) Un dos problemas da 'facilidade de acceso' á música que temos hoxendía, é que a xente descarga tanto, que non ten tempo de ESCOITAR. Cando alguén merca un disco vai escoitalo unha e outra vez, incluso cando non lle convenza nun principio.. aínda que só sexa pra amortiza-lo gasto e, a miúdo, discos que nun principio lle chocaron ou non lle gustaron, rematan por conquistar o podio-estante dos CDs favoritos (e sí, falo dende a experiencia persoal ;) ) ^
A Regueifa Plataforma
Fai a túa proposta ou comentario (5) -
falando de Músicas Varias -
Artigo engadido o 07-06-2006 07:09
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
5 visita(s) con ganas de escribir..
1 #blgtk08#
Esto escribiuno ia (04-09-2007 16:17)
2 #blgtk08#
Esto escribiuno aaaaaa (04-09-2007 16:18)
3 #blgtk08#
Esto escribiuno Bruno e Marrone (14-09-2007 19:09)
4 #blgtk08#
Esto escribiuno Bruno e Marrone (14-09-2007 19:09)
5 #blgtk08#
Esto escribiuno joao (19-08-2008 23:36)
Deixa a túa proposta ou comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Proposta ou comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
Musica da Galiza
e outros lares




Blog asociado a
Ghastas Pista?


















Loading...












elidiez82@gmail.com
 Categorías
 Non deixes de mirar/escoitar esto:
 BUSCADOR
 ..ou BUSCA nos BLOGS GALEGOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO

© by Abertal