Entereime hoxe de que este home actúa o vindeiro 28 en Compostela. Hai anos que descubrín a súa música.. e pronto quitareime de enriba esa sensación de ser a única persoa que o coñece por aquí ;)
Tamén é mala sorte.. o pouco de perder a miña conta no youtube, entérome deste concurso que ven anunciado tamén na web do grupo: Vendo como van aparecendo no youtube máis e máis videos coa música de Luar Na Lubre, decidimos montar un concurso para que nos mandedes as vosas montaxes.
Vós elexides as imaxes e a canción que mais vos guste do grupo... nós poñemos os agasallos, pois sortearemos CDs asinados e camisetas do grupo.
Haberá que suscribirse a youtube de novo!
Xa hai varios videos participando, e gracias a eso podemos escoitar uns cantos temas do novo disco.
Siiiii.. título sensacionalista, pero cumpliu o obxetivo e aquí estades, non? ;)
Para presentarvos este video teño que facer referencia a dous artigos que escribín anteriormente neste blog.. un no que lamentaba a POUCA música EN GALEGO que hai feita para nenos..... e outro no que compartía distintas versións dunha melodía ben pegadiza que recuperou certa sona co anuncio do Seat Altea... Sabendo esto, entederedes o moito que me alegrou saber que Luar Na Lubre estaban grabando este tema para o seu vindeiro disco:
Hai xa uns cantos anos, curioseando entre cintas do meu irmao, descubrin a Alfonso Celdrán, nun disco moi censurado, titulado "Silencio", é que inclúe os que foron, seica, "os tres singles mais prohibidos na historia dos cantautores":
Pensaba que esta última era unha canción de Victor Jara:
Pero fai pouco escoitei o mesmo tema na sintonía da serie Weeds, e foi entón cando descubrín que a autora orixinal da canción, "Little Boxes" é
Malvina Reynolds
Hai multitude de versións, tamén en outros idiomas como o portugués
Xa está en Ghastas Pista a información, con mostras de son, do novo disco de Quempallou, Polo Aire. E aquí, para completar, un par de videos ;)
: anaquiños do programa Alalá
Atopei na net este video dunha serie de debuxos animados que, polo visto, é ben coñecida en Portugal. Como comprobaredes, non estudaron..... ..moito o xeito de toca-la gaita.. pero sen dúbida para min hai un antes e un despois no que se refire aos días en que non ensaio.. dende que vin este video, hehehe