De Sons


Primeiro video galego no youtube mobil


A mediados do ano pasado comezou a funcionar a versión de youtube para os mobiles (á que tamén podedes acceder co voso navegador, http://m.youtube.com, eso sí: en lugares de en formato flash, os videos están en 3gp.)

Polo de agora, na mesma web advirten de que só aparece unha porción dos videos de youtube. Se non me confundo, son os propios administradores da web quen os van seleccionando.

Pero dende hai pouco podemos atopar xa a primeira entrada para Galicia, Galiza e música galega (e nesto nos adiantamos a Catalunya i Euskadi).





Trátase dun video que xa foi destacado na web de youtube no seu día. Agora tamén aparece como promocionado (o que significa que cada dous por tres aparece na portada da web, e nos laterais de calquera video), e si facedes as contas veredes que está recibindo 10.000 visitas diarias ¡¡!!

.....E ademáis é un video que está participando no concurso do que vos falei nun artigo anterior.

Fai a túa proposta ou comentario (1) -
falando de A actualidade en Clave de Sons -
Artigo engadido o 22-01-2008 15:25
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Guadi Galego e Xabier Díaz




...e o futuro, queda por diante
Fai a túa proposta ou comentario (0) -
falando de A actualidade en Clave de Sons -
Artigo engadido o 11-01-2008 16:51
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Luar Na Lubre sortean agasallos entre as montaxes con música do grupo en Youtube
Tamén é mala sorte.. o pouco de perder a miña conta no youtube, entérome deste concurso que ven anunciado tamén na web do grupo:
Vendo como van aparecendo no youtube máis e máis videos coa música de Luar Na Lubre, decidimos montar un concurso para que nos mandedes as vosas montaxes.
Vós elexides as imaxes e a canción que mais vos guste do grupo... nós poñemos os agasallos, pois sortearemos CDs asinados e camisetas do grupo.


Haberá que suscribirse a youtube de novo!

Xa hai varios videos participando, e gracias a eso podemos escoitar uns cantos temas do novo disco.


Aquí un de mostra:


E máis en http://youtube.com/group/luarnalubre



Fai a túa proposta ou comentario (0) -
falando de Músicas Varias -
Artigo engadido o 28-12-2007 13:19
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Quitáronme a conta de Youtube :-(
Dear Member:

This is to notify you that we have removed or disabled access to the following material as a result of a third-party notification by INA France claiming that this material is infringing:

Georges Brassens: http://www.youtube.com/watch?v=sW__h9SV3TA

Please Note: Repeat incidents of copyright infringement will result in the deletion of your account and all videos uploaded to that account. In order to avoid future strikes against your account, please delete any videos to which you do not own the rights, and refrain from uploading additional videos that infringe on the copyrights of others. For more information about YouTube's copyright policy, please read the Copyright Tips guide.

If you elect to send us a counter notice, please go to our Help Center to access the instructions.
Be aware that there may be adverse legal consequences in your country if you make a false or bad faith allegation of copyright infringement by using this process.

Sincerely,
YouTube, Inc.


Pensaba que era a segunda menaxe deste estilo que recibía (a anterior por "Homo Zapping - Estrenos de cartelera - Mar Adentro").. pero agora revisando o correo descubrín que con esta tamén me chegara outra por "Ian Gillan (Deep Puple) & Pavarotti - Nessum Dorma 2001").
...así que, por si alguén ten curiosidade... ao terceiro aviso péchante a conta e quitan todos os videos que teñas subido.

Xa que eu non podo facer nada, volo conto para que todos os usuarios do youtube andedes con ollo e, cando menos, gardedes unha copia dos videos que subides por si levades un pau coma este :S

Que rabia da!!, hei de mirar si atopo algúns dos videos que tiña subidos.. pero aínda que recupere estes perdo os comentarios, os suscriptores e os "honores" que tiñan algúns deles.. :'(

todo o que hai aqui , e na páxina seguinte... xa non está (podedes comprobalo pinchando en calquera dos videos..)

En fin.... se tardo en actualizar o blog.. agora sabedes un motivo 'extra'

:(


Nota: O artigo que precede a este ten un video sacado de outra conta, por eso este e algúns outros aínda se poden ver no blog

Fai a túa proposta ou comentario (0) -
falando de outras cousas -
Artigo engadido o 28-11-2007 14:22
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
...A Maldición do Malinche
Fai a túa proposta ou comentario (0) -
falando de Músicas Varias -
Artigo engadido o 15-11-2007 13:40
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Os ANIMAIS de Luar Na Lubre
Siiiii.. título sensacionalista, pero cumpliu o obxetivo e aquí estades, non? ;)

Para presentarvos este video teño que facer referencia a dous artigos que escribín anteriormente neste blog.. un no que lamentaba a POUCA música EN GALEGO que hai feita para nenos..... e outro no que compartía distintas versións dunha melodía ben pegadiza que recuperou certa sona co anuncio do Seat Altea... Sabendo esto, entederedes o moito que me alegrou saber que Luar Na Lubre estaban grabando este tema para o seu vindeiro disco:

O video en youtube
Fai a túa proposta ou comentario (4) -
falando de Músicas Varias -
Artigo engadido o 04-10-2007 02:53
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Weeds e as caixiñas

Hai xa uns cantos anos, curioseando entre cintas do meu irmao, descubrin a Alfonso Celdrán, nun disco moi censurado, titulado "Silencio", é que inclúe os que foron, seica, "os tres singles mais prohibidos na historia dos cantautores":

General
Adolfo Celdrán - G...



Bella Ciao
Adolfo Celdrán - ...





Cajitas
adolfo celdran- Ca...


Pensaba que esta última era unha canción de Victor Jara:


Pero fai pouco escoitei o mesmo tema na sintonía da serie Weeds, e foi entón cando descubrín que a autora orixinal da canción, "Little Boxes" é
Malvina Reynolds


Hai multitude de versións, tamén en outros idiomas como o portugués
Nara Leão - Little...


ou o francés

Kate & Anna McGarr...
Graeme Allwright -...



e moitas delas poden atoparse no youtube, como a de


Pete Seeger


Regina Spektor


Elvis Costello



Death Cab for Cutie


ou Ozomatli


e moitas mais..



Xa que estamos.. un par de videos mais, de Weeds que por sí sós fan que a serie pague a pena ;)



Fai a túa proposta ou comentario (2) -
falando de Músicas Varias -
Artigo engadido o 07-08-2007 22:07
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O `amigo de House´ e o Swing
Creei unha nova categoría, "Bandas Sonoras", pois xa hai por aquí uns cantos artigos relacionados co tema.. con este fan 5.

Desta vez son anaquiños da película "Swing Kids", o prota é Robert Sean Leonard (o doctor amigo de House.., e o rapaz que quería ser actor no Clube dos Poetas Mortos). É imposible ver esta película sin mover os pes, e sin desexar seguir escoitando esa música cando remata, e nesto axuda moito a pasión que contaxia Robert.
É inevitable, falando disto, que lembre unha escea de outra película, Philadelphia, onde a música que apasiona ao protagonista, Tom Hanks, é a ópera.. non resultou difícil atopala no youtube:





E agora sí, dúas escenas (estas subinas eu, pois no youtube hai tanto que decidín facer a miña selección persoal, e como teño a versión en inglés i español desta película.. mezclei ambas ao meu gusto).. ..deixo o rollo, aquí vos queda.. non diredes que non acabades con ganas de bailar...............




Fai a túa proposta ou comentario (1) -
falando de Bandas Sonoras -
Artigo engadido o 29-06-2007 00:18
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Parai Qu'empallou!
Xa está en Ghastas Pista a información, con mostras de son, do novo disco de Quempallou, Polo Aire. E aquí, para completar, un par de videos ;)
: anaquiños do programa Alalá





Fai a túa proposta ou comentario (0) -
falando de Músicas Varias -
Artigo engadido o 27-06-2007 01:33
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Caurel: Axuda URXENTE


[Edit] Ao tempo que enlazaba con este video descubrín que está entre os máis vistos do día no Youtube (Most Viewed (Today) - Music - Spanish)

Axuda urxente para o Courel !

Ante o consenso de alomenos os 3 partidos políticos parlamentarios, para arrasar o Espazo Cultural do Courel, o territorio de maior biodiversidade da Galiza, aproveitando o despoboamento intencionado, non temos máis remedio que pedir máis axuda.

A Xunta de Galicia, na mesma liña que o anterior Goberno, vai declarar xa, unha miniatura de Parque Natural no Courel, só a efectos propagandísticos, para disimular a inminente autorización, de catro novas macro canteiras no Lor e Ferreririño, cando no Courel xa hai máis de unha ducia delas.

Por iso nós, a "Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel", veciñ@s do concello de Folgoso Courel, pedimos axuda urxente para que a Xunta de Galicia declare Parque Natural ao C o u r e l, de inmediato; incluíndo dentro, como mínimo, as cuncas íntegras dos ríos Lor_Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño; e que se libre o territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, centrais hidroeléctricas, vertedoiros, ...

O territorio que nós esiximos como Parque Natural, supón alomenos un 1/3 da Serra Courelá, do conxunto montañoso que se estende entre os Ancares e a Ribeira Sacra (Sil), e entre as chairas de Monforte e Sarria ata o Bierzo. Os 2/3 restantes seguirán sendo aniquilados, se ninguén o remedia, de forma brutal polas máis de 12 macro canteiras que traballan na zona de Pacios-Vilarbacú e Selmo Leones-Montouto (en parte, antigos territorios do noso Concello).

A proposta que fai a Xunta de Galicia é de menos de 1/7 do conxunto montañoso Courelá. Deixa fora a cunca enteira do río Ferreiriño (onde se sitúa o Pregue Tumbado do Courel ) e a metade sur da cunca do Lor, para instalar xa, 3 novas canteiras e autorizar a canteira "Campa-Santa Eufemia", que segue a funcionar a pesar dunha orde de peche do 2002, confirmada polos Tribunais de Xustiza.

A proposta da Xunta de Galicia é un completo timo, deixa fóra lugares tan emblemáticos como Froxán, Vilar, Vilamor, Santa Eufemia, Pregue Tumbado de Campodola, ..... A metade sur da cunca do Lor, chea de canteiras, impactará de forma grave sobre a metade norte. Téñase en conta a disposición totalmente rectilínea do Canón do Lor, o camiño natural e fiestra entre os Ancares e a Ribeira Sacra.

Esta canteira, "Campa-Santa Eufemia", que ocupa un Espacio Natural declarado en 1989-1990, no medio da cunca do Lor, vai ser legalizada de xeito inminente en base a unha Declaración de Impacto Ambiental que non contempla, entre outras moitas cousas, a ocupación do río Loruda pola propia explotación. Esta é unha canteira "Imposible", acurralada polos soutos, aldeas, ríos e a estrada comarcal.

Se nos atemos a legalidade vixente, a canteira, "Campa-Santa Eufemia", terá que ser clausurada. Se acontecera despois da autorización do Consello da Xunta, terá que ser indemnizada a empresa, con Fondos Públicos, en cifras astronómicas.

Polo tanto nos esiximos ás Administracións que se lle dea alternativa de inmediato, sen chantaxes e sen traumas, aos traballadores desta canteira, suxerimos:

- A) Que, tal e como pediron algúns sindicatos, se orzamente dende o Goberno do Estado un plan para equiparar aos mineiros da Pedra de Galiza aos do resto da minaría e así poder adiantar a idade de xubilación voluntaria, co fin de evitar algunhas doenzas profesionais. Isto permitiría recolocar aos especialistas da pedra.

- B) Para conservar e restaurar o patrimonio natural e cultural do Courel, necesítase crear un mínimo de 150 postos de traballo, aos que se debe destinar un mínimo de 3 millóns de euros anuais, cifra inferior aos Fondos Europeos que nos corresponden pola Rede Natura, por ser zona de Montaña e por ser zona desfavorecida. Como exemplo, O Principado de Asturias investirá no Parque Natural de Somiedo 7,7 millóns de euros no 2007.

¿ Que podes facer ti para axudar ?

· Recollida de sinaturas. Imprime nun folio o documento que vai dirixido "Ao Presidente da Xunta de Galicia", que podes baixar do seguinte enlace da páxina de Adega de Lugo (en Galego, Castellano ou Inglés), asínao, e se podes, recolle sinaturas entre os teus familiares e amigos:

http://www.adega.info/index.php?...



- Tamén podes personalizar o texto das sinaturas para unha asociación ou institución(báixao de WORD), substituíndo “... os que abaixo asinamos” polo nome da mesma.



- Se vas recoller moitas, podes imprimilo polas dúas caras. Recorda que cada folio debe levar sempre o “texto ” que se adxunta, nunha das caras.



- As sinaturas recollidas mándaas por correo, preferiblemente certificado se podes, á “Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo.”



- Ou, se tes tempo e te queres implicar máis, entrega o orixinal no Rexistro Público máis cercan, e que che selen unha copia. Se son varias follas teñen que selarche cada unha delas. A copia resgardo selada no rexistro, se fas o favor, mándanola a este enderezo: “Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo.”



- A campaña rematará o 21 de xuño de 2007 coa entrega de sinaturas ao Presidente da Xunta de Galicia, o resultado final farémolo público nos Medios de Comunicación, concluiron.
Fai a túa proposta ou comentario (4) -
falando de outras cousas -
Artigo engadido o 01-06-2007 20:52
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VIII ENCONTROS MÚSICA TRADICIONAL2 de xuño de 2007 no Mosteiro de Carboeiro(Silleda)


13:00- SESIÓN VERMÚ COS GRUPOS DA BISBARRA PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA A COMPAÑÍA DE TÍTERES SEISDEDOS (Lalín) PRESENTA: “DUETO DE FIO”

-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:
“CON MEDIA VARA DE TELA” org: Luis Prego, Toño López e Fuen Nieto. Colabora: Brincadeira, Veña que vai e Albendeira
MUSEO DA MARIONETA, CASA DO TÍTERE (LALÍN)
CARLOS DO VISO-instrumentos de percusión tradicional e zanfonas(O VISO, REDONDELA)
XOSÉ TUÑAS-percusión tradicional (Compostela)

FEIRA DE ARTESANÍA:
TALLER ABRENTE: pirograbado, talla en corno, madeira e óso(Queixas, Cerceda)
ANA SÁNCHEZ: artesanía en tellla(A Coruña)
PILI SILVA: pequenos enseños en fimo (Compostela)
ARTE JAVIER: macramé e caleidoscopios (Lugo)

15:00- XANTAR POPULAR (churrascada)

18:00-XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS E MAIORES

18:00-“CONTOS CALADIÑOS, CONTOS QUE NON FALTEN” Con Pura Iglesias Espiño, da Residencia da 3ª Idade Nosa Señora das Dores e Lalín, e Celsiño Fndez. Sanmartín.

20:30-O grupo da 3ª Idade da aula municipal de teatro “Anxo Casal” de Arzúa preséntanos:”A NOSA MINIA” e Manuel Lugrís Freire.

E ó que se vaia facendo de noite…

FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!





ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA
TELF INFO: 658 628239

VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!
Fai a túa proposta ou comentario (0) -
falando de Axenda -
Artigo engadido o 30-05-2007 16:05
De Sons..
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Musica da Galiza
e outros lares




Blog asociado a
Ghastas Pista?














elidiez82@gmail.com
 Categorías
 Non deixes de mirar/escoitar esto:
 BUSCADOR
 ..ou BUSCA nos BLOGS GALEGOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO

© by Abertal