derdeiqui


Para goce de moitos e desgusto (espero) de poucos

O meu perfil
 Categorías
 Derde outros lugares
 Buscador
 Buscar blogs galegos
 Arquivo
 Anteriores

A quen lle gustaría ter unha casa de cores?

Esta vila tan colorida que vedes é Lle Cinque Terre ou Cinco Terras e está situada na costa italiana, na provincia da Spezia, en Liguria (Italia). A que mola?
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Píntega 28-04-2008 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Lamatumbá
Xa está aquí o novo dun dos grupos de música que máis me presta para rexoubar nas noites de verán.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Píntega 14-04-2008 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Yanquis
Desde logo nese país tan estraño hai xente moi simpática.
Esta foi a broma que lle gastou unha humorista ao seu mozo:



E esta a resposta del:

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Píntega 08-04-2008 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Coñecer

Cambiar de concello implica cambiar de casa, obviamente, pero tamén unha nova forma de vida, uns novos veciños/as, novas paisaxes... entre estas Pontemaceira, un lugar ao que debedes ir se aínda non o coñecedes.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Píntega 08-04-2008 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Risa contaxiosa
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Píntega 28-03-2008 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Que a virxe das angustias nos ampare...

E nunca mellor dito.

Unha asociación universitaria de Granada organiza un curso "para chicas universitarias que quieran ser mujeres 10 el día de mañana"
E que hai que facer para ser unha muller 10, non é nin ser boa profesional, nin cousa polo estilo:
• Sesión teórica sobre nutrición e técnicas culinarias (o primeiro é saber como coidar aos nosos maridos e fillos, claro)
• Sesión práctica de cociña (obviamente nós facemos de comer, quen senón?)
• Sesión teórica do coidado da roupa (para ser unha boa esposa hai que manterlle á familia a roupa limpa e ordenada)
• Sesión práctica de repasado de roupa e costura básica (nunca hai que esquecer como se remenda un calcetín)
• Sesión práctica de repostería (que mellor que agasallar aos nosos cun bo postre e despois gozan da sobremesa estomballados coa copa de coñac no sofá?)

Ha, esquecíame, todo isto cunha subvención do Concello, do PP, claro.

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Píntega 06-03-2008 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Que facer cos móbiles vellos?
Ao longo dos últimos anos fun acumulando uns cantos móbiles.
Ante a incertidume de que facer con eles, estiven facendo unha pequena investigación e averigüei que a Cruz Vermella ten unha campaña agora mesmo de recollida para financiar a construción de escolas en países subdesenvolvidos.
Por se vos interesa, os puntos de recollida son os propios locais deste organismo.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Píntega 27-02-2008 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O bonobús de Rajoy
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Píntega 27-02-2008 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Desgaste

Esta pequena vai acabar comigo :-)
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Píntega 13-02-2008 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A campaña electoral
As campañas electorais permítenche ler, e ver... moitas cousas como estas, dos líderes de
Ciudadanos de Galicia-Partido de la Ciudadanía no Galicia Hoxe:
o Queremos un médico que nos cure, non que nos conte unha novela en varios idiomas
o [o galego] É un idioma de Galicia, é unha riqueza cultural que ten este país, que é España, pódese falar e non queremos ir contra ninguén, pero queremos que o castelán estea en igualdade con el
o O 50% da ensinanza ten que ser en galego e está hegando a máis […]
o A realidade é que se perderon máis de 20.000 alumnos en Galicia, que marcharon a Salamanca e a León, porque non queren estudar en galego.
o O nacionalismo é volver á cultura da aldea e estamos en contra diso. Onde estean os nacionalistas non imos estar, témolo claro, e nunca os apoiaremos en votacións
o Ademais, preocúpanos a cantidade de diñeiro que se está investindo na TVG, co cal se lle podería restar media hora ó tren que vai a Madrid, segurísimo. Tamén nos preocupan todos os cartos cos que se subvenciona á Mesa pola Normalización Lingüísitica.
o […] dubido de que algunha persoa de fóra que veña vivir aquí, con todo isto do galego, do non galego, se poida integrar.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Píntega 01-02-2008 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal