Esta vila tan colorida que vedes é Lle Cinque Terre ou Cinco Terras e está situada na costa italiana, na provincia da Spezia, en Liguria (Italia). A que mola?
Cambiar de concello implica cambiar de casa, obviamente, pero tamén unha nova forma de vida, uns novos veciños/as, novas paisaxes... entre estas Pontemaceira, un lugar ao que debedes ir se aínda non o coñecedes.
Unha asociación universitaria de Granada organiza un curso "para chicas universitarias que quieran ser mujeres 10 el día de mañana"
E que hai que facer para ser unha muller 10, non é nin ser boa profesional, nin cousa polo estilo:
• Sesión teórica sobre nutrición e técnicas culinarias (o primeiro é saber como coidar aos nosos maridos e fillos, claro)
• Sesión práctica de cociña (obviamente nós facemos de comer, quen senón?)
• Sesión teórica do coidado da roupa (para ser unha boa esposa hai que manterlle á familia a roupa limpa e ordenada)
• Sesión práctica de repasado de roupa e costura básica (nunca hai que esquecer como se remenda un calcetín)
• Sesión práctica de repostería (que mellor que agasallar aos nosos cun bo postre e despois gozan da sobremesa estomballados coa copa de coñac no sofá?)
Ha, esquecíame, todo isto cunha subvención do Concello, do PP, claro.
Ao longo dos últimos anos fun acumulando uns cantos móbiles.
Ante a incertidume de que facer con eles, estiven facendo unha pequena investigación e averigüei que a Cruz Vermella ten unha campaña agora mesmo de recollida para financiar a construción de escolas en países subdesenvolvidos.
Por se vos interesa, os puntos de recollida son os propios locais deste organismo.
As campañas electorais permítenche ler, e ver... moitas cousas como estas, dos líderes de
Ciudadanos de Galicia-Partido de la Ciudadanía no Galicia Hoxe:
o Queremos un médico que nos cure, non que nos conte unha novela en varios idiomas
o [o galego] É un idioma de Galicia, é unha riqueza cultural que ten este país, que é España, pódese falar e non queremos ir contra ninguén, pero queremos que o castelán estea en igualdade con el
o O 50% da ensinanza ten que ser en galego e está hegando a máis […]
o A realidade é que se perderon máis de 20.000 alumnos en Galicia, que marcharon a Salamanca e a León, porque non queren estudar en galego.
o O nacionalismo é volver á cultura da aldea e estamos en contra diso. Onde estean os nacionalistas non imos estar, témolo claro, e nunca os apoiaremos en votacións
o Ademais, preocúpanos a cantidade de diñeiro que se está investindo na TVG, co cal se lle podería restar media hora ó tren que vai a Madrid, segurísimo. Tamén nos preocupan todos os cartos cos que se subvenciona á Mesa pola Normalización Lingüísitica.
o […] dubido de que algunha persoa de fóra que veña vivir aquí, con todo isto do galego, do non galego, se poida integrar.