Cambiar de concello implica cambiar de casa, obviamente, pero tamén unha nova forma de vida, uns novos veciños/as, novas paisaxes... entre estas Pontemaceira, un lugar ao que debedes ir se aínda non o coñecedes.
Unha asociación universitaria de Granada organiza un curso "para chicas universitarias que quieran ser mujeres 10 el día de mañana"
E que hai que facer para ser unha muller 10, non é nin ser boa profesional, nin cousa polo estilo:
• Sesión teórica sobre nutrición e técnicas culinarias (o primeiro é saber como coidar aos nosos maridos e fillos, claro)
• Sesión práctica de cociña (obviamente nós facemos de comer, quen senón?)
• Sesión teórica do coidado da roupa (para ser unha boa esposa hai que manterlle á familia a roupa limpa e ordenada)
• Sesión práctica de repasado de roupa e costura básica (nunca hai que esquecer como se remenda un calcetín)
• Sesión práctica de repostería (que mellor que agasallar aos nosos cun bo postre e despois gozan da sobremesa estomballados coa copa de coñac no sofá?)
Ha, esquecíame, todo isto cunha subvención do Concello, do PP, claro.
Ao longo dos últimos anos fun acumulando uns cantos móbiles.
Ante a incertidume de que facer con eles, estiven facendo unha pequena investigación e averigüei que a Cruz Vermella ten unha campaña agora mesmo de recollida para financiar a construción de escolas en países subdesenvolvidos.
Por se vos interesa, os puntos de recollida son os propios locais deste organismo.