Depósito


Altofalante do ano 2007: Plataforma polo Ensino en Galego

A Asociación Cultural Altofalante acordou distinguir co galardón anual Altofalante do ano á Plataforma polo Ensino en Galego polas seguintes razóns:

  • Por ser quen de facer fronte común para a defensa do uso da lingua propia do noso país como lingua vehicular no noso ensino e pola defensa do cumprimento da lexislación lingüística máis alá de diferenzas ideolóxicas e fronte aos ataques contra un ensino en lingua galega por parte de distintos colectivos antigalegos minoritarios apoiados a última hora polo Partido Popular, que rompeu o consenso que supuxo o Plan xeral de normalización da lingua galega que se aprobou por unanimidade en 2004 e que foi impulsado polo propio PP.


As organizacións máis representativas do conxunto da comunidade educativa uníronse para a defensa da galeguización do ensino e impulsaron un manifesto en defensa do dereito á escolarización na lingua propia de Galiza. Son a confederación de asociacións de nais e pais, os sindicatos que representan o 90% do profesorado galego, a federación de escolas católicas concertadas, organizacións estudantís, de nais e pais, de renovación pedagóxica, etc. Isto é, todos os sectores do ensino apoiando a súa galeguización.


As organizacións impulsoras do manifesto Ensino en galego son:

  • A Mesa pola Normalización Lingüística

  • AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega)

  • CAE (Comités Abertos de Estudantes)

  • CCOO-Ensino (Comisións Obreiras)

  • CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega)

  • CONFAPA (Confederación Galega de APAs de centros públicos)

  • FERE-CECA (Federación Española de Relixiosos de Ensino - Centros Católicos)

  • FETE-UXT (Federación de Traballadores do Ensino - Unión Xeral de Traballadores)

  • FSIE (Federación de Sindicatos Independentes do Ensino)

  • Mocidade pola Normalización Lingüística

  • Nais e Pais polo Ensino en Galego

  • NEG (Nova Escola Galega)

  • SE (Sindicato de Estudantes)

  • STEG (Sindicato de Traballadoras/es do Ensino de Galiza)



A Asociación Cultural Altofalante creou en 2006 o Premio Altofalante do Ano para recoñecer con el o especial labor na defensa, promoción e difusión do noso país e da nosa cultura por parte de persoas ou entidades concretas. Deste xeito, a partir de 2006 concédeselle anualmente o Altofalante do ano a unha persoa ou entidade que destaque por defender, promocionar e difundir a nosa cultura ou algún aspecto concreto dela para así recoñecer e apoiar o seu labor e contribuír a que este continúe. O premio consiste no recoñecemento público, na difusión do traballo da persoa ou entidade galardoada e nun altofalante de man que se lle entregará ao/á galardoado/a na cea anual da asociación para que poida seguir alzando a súa voz na defensa, promoción e difusión do noso país. O nome do premiado ou premiada dáse a coñecer sempre o 13 de novembro, Día da Dignidade de Galiza.

O Altofalante do ano 2006 foille concedido a Xurxo Souto, polo especial labor desenvolvido na promoción de todos os grupos e todas as tendencias musicais en lingua galega desde a Radio Galega, en especial desde o seu exitoso programa Aberto por reformas, que supuxo un antes e un despois na música do noso país, promocionando ducias de grupos que levaban tempo traballando e que até o momento non tiveran ningún tipo de difusión na radio pública do noso país e dando a coñecer moitos outros grupos novos que están a comezar.

A entrega do Altofalante do ano 2007 á Plataforma polo Ensino en Galego farase efectiva no transcurso dunha cea o sábado 1 de decembro en Ribeira.

Manifesto Ensino en Galego

Comenta. Xa comentaron (2) - De que vai: Tecendo e destecendo (cousas sobre lingua) - Publicado o 13-11-2007 22:39
O enderezo deste artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Macabrada
Macabrada SXPL
Comenta. Xa comentaron (3) - De que vai: Varios (o resto) - Publicado o 03-11-2007 10:53
O enderezo deste artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Un novo sitio (provisional)
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

www.ctnl.org
Comenta. Xa comentaron (0) - De que vai: Tecendo e destecendo (cousas sobre lingua) - Publicado o 02-11-2007 22:39
O enderezo deste artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Vivamos como galegos


Xenial anuncio publicitario de Gadis.
Comenta. Xa comentaron (3) - De que vai: Varios (o resto) - Publicado o 05-10-2007 10:51
O enderezo deste artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Incultura popular

"nosa casa", "nosa xente", "octubro"...

...E despois din que o preferente é o ensino de inglés!
Comenta. Xa comentaron (1) - De que vai: Tecendo e destecendo (cousas sobre lingua) - Publicado o 03-10-2007 16:15
O enderezo deste artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Para sacar a lingua

Literactúa
Comenta. Xa comentaron (0) - De que vai: Creacións, citas e libros - Publicado o 25-09-2007 10:52
O enderezo deste artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Aí está parte do problema

El preguntoulle: "En termos de validacións administrativas, a introdución do novo sistema vai supor algún prexuízo para os cidadáns que posúen os diplomas de iniciación e perfeccionamento da lingua galega, correspondentes ao sistema anterior?"



E ela respondeulle: "A efectos da función pública galega, nas súas convocatorias de probas de acceso, contratacións laborais e concursos de traslado, o certificado de iniciación, o de galego oral e mais o de perfeccionamento, van manter a súa validez administrativa, ao pé dos novos Celga"
Comenta. Xa comentaron (1) - De que vai: Tecendo e destecendo (cousas sobre lingua) - Publicado o 18-09-2007 00:26
O enderezo deste artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cantos SNL!


Mimá! Cantos servizos de normalización lingüística se van crear este ano nos concellos galegos!

...cómpre un seguimento serio e rigoroso por parte da SXPL da creación e actividade real destes SNL e de todos os cartos que lles dan a todos eses concellos.
Resolución das subvencións da Xunta a entidades locais para a normalización lingüística
Comenta. Xa comentaron (6) - De que vai: Tecendo e destecendo (cousas sobre lingua) - Publicado o 10-09-2007 18:22
O enderezo deste artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Recursos en galego no web da SXPL
Ola,

http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/393

Que opinas dos materiais estes? Teño curiosidade, como non puxeches nada do tema...

Son de vergoña!! Nula calidade estética usando descaradamente os predeseños dos programas de Microsoft Office (calendario xerado por publisher, cadros de texto e táboas de word, etiquetas sen bordes para recurtar cunha composición de gifs mangados de aquí e de alá cun efecto cromo que marea...).

En fins...

Saudiña


Ola!

Que tal?

A verdade é que é flipante... Non puxen nada no blog por falta de tempo, mais poñereino...

A min o que máis me alucinou de todo foi a repercusión mediática que tivo que colgaran esas catro cousas na rede. Saíu na chea de sitios, en medios en papel e na rede. Só algúns exemplos:

  • En La Voz de Galicia: A web de Política Lingüística ofrece felicitacións, material escolar e carteis en galego


  • En El Correo Gallego: A páxina web de Política Lingüística inclúe novos materiais en lingua galega


  • No Galicia Hoxe: Máis mundo en galego


  • En Xornal.com: Novos recursos en galego na páxina web de Política Lingística


  • No web xeral da Xunta: A volta á escola, felicitacións e carteis comerciais, novos recursos en galego na páxina web de Política Linguística


  • En Vigometropolitano: A web de Política Lingüística incorpora novos materiais en galego como felicitacións, carteis comerciais e información sobre a volta á escola


  • En Vieiros: A web de Política Lingüística alberga novos recursos para o comercio e a escola


  • Etc., etc., etc.


Bicos
Comenta. Xa comentaron (1) - De que vai: Tecendo e destecendo (cousas sobre lingua) - Publicado o 09-09-2007 14:39
O enderezo deste artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Verbos compostos e tradución automática

Sería interesante compilar as múltiples meteduras de pata debidas á tradución automática do Galicia Hoxe.

Hoxe resultoume ben simpática a desta nova.
Comenta. Xa comentaron (2) - De que vai: Tecendo e destecendo (cousas sobre lingua) - Publicado o 08-09-2007 16:16
O enderezo deste artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Un sitio para poder comentar, falar, analizar, contar, convocar, citar, crear...

O meu perfil
depositodeideas [arroba] yahoo.es
 COUSAS NESTE BLOG
 ARTIGOS DESTACADOS
 FOTOBLOGOTECA
 PARA VISITAR CON FRECUENCIA
 A ver que atopas no Depósito
 Procura en blogs galegos
 FÓRA DA PORTADA
 O XA DITO




Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons.
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Free Counter
© by Abertal