De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Oasis
O Oasis non é un local que chame á atención a un foráneo á hora de dedicir onde tomar algo en Carballo. Pero cando un está canso, é a hora de xantar, e as primeiras experiencias no pobo non foron especialmente boas, pois un vaise facendo menos esixente.

Así que entramos no Oasis, un bar con apariencia de ser dos "de toda a vida", e o primeiro que nos sorprendeu foi que é para non fumadores. Ou alomenos, así o era no mes de agosto, non sei se seguirá igual a partires do 1 de setembro, data na que acabou a moratoria dos locais para adaptarse definitivamente á "lei anti-tabaco".

O segundo que nos chamou a atención foi unha caricatura de Lucho (que foi quen nos atendeu, e semellaba ser o dono do local, ainda que non teño nin idea...) con Arsenio Iglesias e algúns dos xogadores do Depor: vese que son seguidores dese equipo.

E, o terceiro, e o mellor, que nos puxeron un pincho de callos ¡sen ter que pedilos! Menos mal que ainda quedan profesionais detrás das barras.


Rúa de Fomento nº10. Carballo
Situación
Comentarios (5) - Categoría AC.Carballo - Publicado o 05-09-2006 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Bodeguilla Anduriña
Ten máis aparencia de restaurante que de bar de viños, pero pasando por diante, e buscando onde tomar algo, vin que os clientes tiñan un pincho que parecía ser xeitoso, así que aló fomos.

Non resultou ser unha mala elección, pois ó lado dunhas croquetas de feituría (si, xa sei que menos da unha pedra...), puxéronnos uns mexillóns en vinagreta xa sen cuncha bastante bos. O malo foi ter que comelos con palillos, en vez de con garfo, así que a ceboliña tivémola que deixar toda atrás. Unha mágoa.

Nós estivemos na barra, pero agora non lembro se, ademáis das mesas do restaurante (do que non podo decir nada porque non teño ningunha referencia del), tamén tiña na parte do bar sitio para sentarse.


Rúa Cardenal Patiño nº27. A Pobra do Caramiñal.
Situación
Comentarios (7) - Categoría AC.A Pobra do Caramiñal - Publicado o 01-09-2006 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal